Maniotas
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
As maniotas son unha dor muscular provocada por esforzo físico desmesurado sen adestramento previo.
Causas
[editar | editar a fonte]a) Prodúcense pola produción de ácido láctico debido a unha combustión anaerobia da glicosa (respiración anaerobia). A dita respiración proporciona menos enerxía por mol de glicosa, pero resulta ser unha reacción máis rápida. O ácido láctico excita os terminais nerviosos das neuronas sensitivas da dor, provocando intensas dores en numerosos puntos do tecido muscular afectado.
b) Existen tamén outras explicacións menos admitidas pola comunidade científica, como a rotura das miofibrilas (células que compoñen o músculo) ou a cristalización do ácido láctico. Porén, a cristalización do ácido láctico é imposíbel a condicións estándar bioquímicas (37 °C, pH 7.4), polo que esta última explicación está completamente rexeitada cientificamente.
Prevención
[editar | editar a fonte]O mellor xeito de previlas é realizar un quecemento previo ao exercicio, e cun adestramento progresivo. Beber inxentes cantidades de bases febles como bicarbonato sódico non fará máis que producir importantes trastornos dixestivos. Nin zume de limón ou auga con azucre farán nada pola súa dor.