Lingua de sinais colombiana
Lingua de sinais colombiana Lengua de señas colombiana | ||
---|---|---|
Utilizado en: | Colombia | |
Total de usuarios: | ||
Familia: | Sen clasificar | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: |
| |
ISO 639-3: | csn
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua de sinais colombiana (en castelán: Lengua de señas colombiana; LSC) é unha lingua de sinais empregada pola comunidade xorda en Colombia. Está emparentada filoxeneticamente coa lingua de sinais francesa. Segundo Ethnologue, algúns sinais son semellantes ós das linguas de sinais española, americana e salvadoreña.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]As primeiras escolas para xordos foron creadas en 1924, dúas en Bogotá e dúas en Medellín. A súa orixe data de 1984 coa creación da "linguaxe manual colombiana" por parte da Federación Nacional de Xordos de Colombia (FENASCOL). O primeiro curso de Linguaxe Manual Colombiana foi publicado en 1993. Foi recoñecida oficialmente mediante a Lei 324 de 1996 como "a lingua de sinais propia da comunidade xorda do país". No 2006, o INSOR (Instituto Nacional para Xordos) e o Instituto Caro y Cuervo coa colaboración de Fenascol, publican o primeiro Dicionario Básico da lingua de sinais colombiana.[2][3]
Alfabeto
[editar | editar a fonte]O alfabeto manual colombiano emprégase para distinguir os sinais da LSC e incorporar palabras colombianas ó asinar. Está composto por 32 configuracións manuais e emprega as 27 letras do alfabeto español.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ https://www.ethnologue.com/language/csn/17
- ↑ http://www.lenguasdecolombia.gov.co/content/lengua-de-se%C3%B1as-colombiana
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2016. Consultado o 08 de xuño de 2016.
- ↑ http://www.lenguasdecolombia.gov.co/sites/lenguasdecolombia.gov.co/files/lengua%20de%20se%C3%B1as.pdf[Ligazón morta]