Literatura galega
Parte da serie sobre o |
Pobo galego |
---|
Por país |
Demografía de Galicia Diáspora Alemaña · Arxentina · Brasil · Cuba · Estados Unidos de América · Francia · México · Reino Unido · Suíza · Uruguai · Venezuela |
Cultura |
Arquitectura · Arte · Baile · Gastronomía · Literatura · Loita · Música · Mitoloxía · Relixión · Símbolos · Traxe |
Linguas |
Galego Dialecto berciano Xergas: Barallete · Verbo dos arxinas |
Historia de Galicia |
A literatura galega é, segundo criterios filolóxicos, aquela que se escribe en lingua galega.[1] Ao longo do tempo, en paralelo á historia e evolución do idioma galego desde o seu nacemento no século IX até hoxe, alternou momentos de esplendor con períodos de decadencia.
Etapas da literatura galega
[editar | editar a fonte]Período Medieval (XII – XV)
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Literatura galego-portuguesa medieval.
A literatura galego-portuguesa medieval é aquela escrita en galego-portugués en diversas zonas da Península Ibérica entre os séculos XII e XV. Esta inclúe lírica sacra e profana e diferentes tipos de prosa. Este é un período de esplendor xa que é cando a literatura galego-portuguesa acada un prestixio que vai ir perdendo nos séculos seguintes. A importancia que tivo a literatura en galego-portugués para a Península Ibérica pódese comparar á importancia da literatura occitana en Europa Central e do Mediterráneo.
- Véxase tamén: Trobadorismo, Cantigas de Santa María e Prosa galega medieval.
Séculos Escuros (XVI - XVIII)
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Literatura galega dos Séculos Escuros.
O idioma entra nunha etapa de absoluta decadencia a nivel literario, aínda que siga sendo a lingua oral máis empregada pola sociedade galega do momento.
Prerrexurdimento (1808 - 1863)
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Literatura galega do Prerrexurdimento.
Hai unha primeira etapa de recuperación do prestixio da lingua galega tralos séculos de decadencia que sufriu.
Rexurdimento (XIX)
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Literatura galega do Rexurdimento.
A lingua galega recupérase por completo coa chegada de moitos dos máis importantes escritores en galego: Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Eduardo Pondal...
Intersecular
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Literatura galega do período intersecular.
Con literatura galega do período intersecular referímonos á creación literaria producida durante o ocaso do século XIX e os albores do XX.
Século XX
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Literatura galega do século XX.
- Véxase tamén: Literatura galega do exilio.
O idioma ten pasado por momentos de estabilidade e outros de decadencia. O primeiro terzo do século XX ten sido de esplendor, sobre todo polo labor dos homes vinculados ás Irmandades da Fala, á Xeración Nós (Castelao, Otero Pedrayo, Vicente Risco...) e ao Seminario de Estudos Galegos. Tras esta etapa de recuperación, volve de novo outra etapa escura debido á guerra civil española e á ditadura, que supuxeron o abandono da lingua a nivel escrito en Galiza a pesar de ser a lingua máis falada pola poboación;[Cómpre referencia] con todo, a chama da literatura seguiu acesa na Galiza exterior (o exilio americano, principalmente).
A partir dos 50 comeza unha leve recuperación, coa fundación da Editorial Galaxia e outros proxectos. Coa instauración da democracia, no ano 1978 apróbase a Constitución española, recoñecéselle ao galego o carácter de lingua cooficial xunto co castelán, manténdose unha situación de desequilibrio até o día de hoxe. Esta relativa protección da lingua galega, incrementada co Estatuto de Autonomía e a Lei de normalización lingüística, axuda a que xurda unha nova etapa de recuperación da literatura nos máis variados xéneros, incluída a literatura infantil e xuvenil.
Literatura galega actual (século XXI)
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Literatura galega actual.
Canto á creación literaria, non se acostuma falar dunha ruptura coa nova chegada do século, senón dunha continuación do labor das últimas décadas do século XX.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Carballo Calero, R. (1975): Historia da literatura galega contemporánea. Vigo: Ed. Galaxia (2ª ed.)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández del Riego, F. (1971) [1951]. Historia da literatura galega (2ª ed.). Vigo: Galaxia. p. 316.
- Leal Gómez, B. (2006). Historia da literatura galega. Edicións Lóstrego - O saber de peto. ISBN 978-84-934240-9-1.
- Pena, X. R. (2013): Historia da literatura galega I. Das orixes a 1853,[1] Xerais, ISBN 978-84-9914-551-8.
- ———— (2014). Historia da literatura galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento,[2] Xerais, ISBN 978-84-9914-764-2.
- ———— (2016). Historia da literatura galega III. De 1916 a 1936. A xeira das Irmandades (2016). Xerais. 520 páxs. ISBN 978-84-9121-107-5.
- ———— (2019). Historia da literatura galega IV. De 1936 a 1975. A "longa noite" (2019). Xerais. 544 páxs. ISBN 978-84-9121-481-6.
- Rodríguez Alonso, M. (1999): "Pervivencias del teatro medieval gallego" Arquivado 30 de setembro de 2007 en Wayback Machine. (en castelán).
- Tarrío Varela, Anxo (1994). Literatura galega. Aportacións a unha Historia crítica. Universitaria. Xerais. ISBN 84-7507-778-1.