Laurent Gbagbo
Nome orixinal | (fr) Laurent Koudou Gbagbo |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 31 de maio de 1945 (79 anos) Gagnoa, Costa do Marfil (pt) |
Presidente de Costa do Marfil | |
26 de outubro de 2000 – 11 de abril de 2011 ← Robert Guéï – Alassane Ouattara → | |
Member of the National Assembly of Cote d'Ivoire (en) | |
Datos persoais | |
Residencia | Francia (1985–) |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Universidade París-Diderot Universidade de Lyon (pt) Universidade Paris-Cité (pt) |
Actividade | |
Ocupación | político, escritor, profesor universitario |
Partido político | Parti des peuples africains-Côte d'Ivoire (en) (2021–) Frente Popular Marfinense (pt) |
Pseudónimo literario | Le boulanger d'Abidjan Le Woody de Mama |
Familia | |
Cónxuxe | Nady Bamba (2024–) Simone Gbagbo (1989–2023) |
Fillos | Michel Gbagbo () |
Cronoloxía | |
Papeis de Panamá | |
Premios | |
Descrito pola fonte | Dictionary of African Biography, Obálky knih, |
Laurent Koudou Gbagbo, nado o 31 de maio de 1945 en Gagnoa[1], é un político marfilés que foi presidente do seu país entre 2000 e 2010.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formación
[editar | editar a fonte]Gbagbo naceu na aldea de Mama, preto de Gagnoa. Estudou Historia e comezou a traballar como profesor desa materia, ao tempo que iniciaba as súas actividades de oposición ao réxime ditatorial de Félix Houphouët-Boigny. Prendeuno a policía en marzo de 1971 e permaneceu no cárcere case dous anos, ata xaneiro de 1973. Logo marchou a Francia onde se doutorou en Historia pola Universidade París Diderot. De volta a Costa do Marfil, converteuse no director do Instituto de Historia, Arte, e Arqueoloxía Africana da Universidade de Abixán. En 1982 participou nunha folga de profesorado e participou na creación da Fronte Popular Marfilesa (FPI), feito que o levou de novo ao exilio a Francia. Regresou do exilio en 1988 para asistir ao congreso constituínte do seu partido, do que foi proclamado secretario xeral.
Inicios políticos
[editar | editar a fonte]En 1990 presentouse ás primeiras eleccións multipartidistas do país, como candidato único das forzas da oposición a Houphouët-Boigny. Malia contar co apoio económico do presidente de Burkina Faso, Blaise Compaoré[2], só obtivo o 18.3% dos votos. Conseguiu, iso si, un escano na Asemblea Nacional, canda outros oito membros do FPI[3].
Gbagbo fora escollido por Ouragahio, no departamento de Gagnoa e foi voceiro do grupo parlamentario do FPI desde 1990 a 1995. En 1992 foi acusado polo goberno de Boigny de incitación á violencia, e foi xulgado e condenado a prisión[3]. Liberado uns meses despois, o FPI boicoteu as eleccións presidenciais de 1995, pero participou nas lexislativas, onde Gbagbo revalidou o seu escano por Ouragahio e tamén o cargo de voceiro do seu grupo parlamentario.
No III Congreso do FPI de 1999 foi elixido candidato ás eleccións presidenciais do 2000. Pero antes dos comicios Robert Guéï encabezou un golpe de estado, fíxose co poder, e postulouse el mesmo como candidato ás eleccións. Ademais, Guéi prohibiulles a outros candidatos opositores, como Alassane Ouattara ou Henri Konan Bédié, concorrer aos comicios, co que Gbagbo quedou como único representante da oposición. Nos comicios, celebrados o 22 de outubro de 2000, os dous candidatos reclamaron a vitoria e un levantamento popular en Abixán fixo fuxir a Guéi e colocou a Gbagbo no poder o 26 de outubro.
A guerra civil
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Guerra Civil de Costa do Marfil.
Dous anos máis tarde, o 19 de setembro de 2002, prodúcese un intento de golpe de estado militar contra o goberno de Gbagbo. Os soldados toman Bouaké e Korhogo, pero fracasan na conquista de Abixán. Os soldados rebeldes recibían apoio de Burkina Faso, e o goberno de Gbagbo axusou a Francia de favorecer tamén os rebeldes, punto negado polas autoridades galas. A situación mantívose e evolucionou cara a unha guerra civil con dous gobernos, un situado no norte, de maioría musulmá e outro situado no sur do país, de maioría cristiá. En 2003 chegouse ao Acordo de paz de Linas-Marcoussis[4], que incluía o despregamento de forzas de pacificación internacionais (fundamentalmente francesas), a creación dun goberno de unidade nacional de carácter neutral, e o continuidade de Gbagbo na presidencia.
Posguerra
[editar | editar a fonte]Logo da sinatura do acordo, presentáronse diversas dificultades para conseguir o seu cumprimento. Como o desarmamento dos rebeldes non se producía, Gbagbo lanzou ataques aéreos contra os rebeldes, e nun deses ataques morreron nove soldados franceses en Bouaké[5]. O goberno marfilés dixo que fora un erro, pero o exército francés respondeu bombardeando as posicións de Gbagbo, o que ocasionou diversos pogroms antigalos en Abixán[6].
O mandato de Gbagbo remataba en outubro de 2005, pero ante a imposibilidade de celebrar eleccións pediu unha extensión dun ano co arbitrio da Unión Africana. O plan foi aprobado polo Consello de Seguridade das Nacións Unidas[7]. Ao cabo dun ano as condicións seguían sen darse, e Gbagbo solicitou un novo adiamento[8], neste caso coa clara oposición dos demais partidos e dos rebeldes do norte. A ONU concedeulle o adiamento, en troques de que o primeiro ministro Charles Konan Banny, gozase de maiores poderes[9]. Gbagbo aceptou o acordo de maneira xeral, pero dixo que algúns puntos que violaban a constitución marfilesa non serían de aplicación.
O 4 de marzo de 2007 asinouse un novo tratado de paz entre o goberno e os rebeldes das Forzas Novas de Costa do Marfil en Ouagadougou, e como consecuencia Guillaume Soro, dirixente rebelde, convertíase en primeiro ministro.[10][11]. O 30 de xullo de 2007 ten lugar unha cerimonia de desarmamento en Boauké onde Soro e Gbagbo queiman simbolicamente un contedor con armas[12]. Durante a cerimonia Gbagbo declarou que a guerra estaba por fin rematada, e que tería que producirse unha rápida convocatoria electoral[13]. En 2008 o FPI elixe de novo a Gbagbo como candidato ás eleccións presidenciais[14] , pero os comicios volven adiarse ata 2010.
Eleccións de 2010
[editar | editar a fonte]Finalmente, en 2010 ten lugar o proceso electoral, e pasan á segunda volta Gbagbo e Alassane Ouattara. O 28 de novembro Ouattara imponse nas urnas cun 54.1% dos votos, pero os resultados non son publicados ata catro días despois[15]. Gbagbo acusa a Ouattara de fraude, mais os observadores internacionais négano. O Tribunal Constitucional decide entón anular os votos de diversos colexios do norte do país onde vencera Ouattara, sinalando que non foran limpos, e sen eses colexios o vencedor era Gbagbo con apenas o 51%[16]. Gbagbo entón decide pechar as fronteiras, declara ilegal a prensa estranxeira e resístese a deixar o poder. Os gobernos internacionais, incluídas a Unión Africana e a CEDEAO, recoñecen a vitoria de Ouattara e solicítanlle a Gbagbo unha transición pacífica. Con todo, os enfrontamentos en diversos puntos do país reábrense de novo o 4 de decembro de 2010, coa ameaza dunha nova guerra civil.
Ouattara pola súa banda tamén se proclama presidente e comeza o seu avance dende as posicións do norte cara a Abixán, a principal cidade do país, onde se refuxia Gbagbo. A finais de marzo as tropas rebeldes cercan a cidade[17]. O 5 de abril de 2011, as axencias de prensa reportaron que Gbagbo estaría negociando a súa rendición[18]. Porén, esta rendición non se produciu, e o 11 de abril foi detido[19], logo dunha semana de asedio na súa residencia.
En novembro de 2011 o exército ivoriense entregouno ao Tribunal Penal Internacional da Haia.
Predecesor: Robert Guéï |
Presidente de Costa do Marfil 2000 - 2011 |
Sucesor: Alassane Ouattara |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Qui est Laurent Gbagbo?" Arquivado 02 de agosto de 2008 en Wayback Machine., Web da Presidencia de Costa do Marfil.
- ↑ Gbagbo recoñece que recibiu apoios secretos de Compaoré contra Boigny"[Ligazón morta], APA, 29/7/2008.
- ↑ 3,0 3,1 MUNDT, R. J., "Côte d'Ivoire: Continuity and Change in a Semi-Democracy", Political Reform in Francophone Africa (1997), ed. Clark and Gardinier, pp 191–192.
- ↑ Acordo Linas-Marcoussis Arquivado 07 de abril de 2011 en Wayback Machine., web do ministerio francés de Asuntos Exteriores.
- ↑ SENGUPTA, S. "Ivory Coast Violence Flares; 9 French and 1 U.S. Death", The New York Times, 7/11/2004
- ↑ NAVARRO, N. & GNANIH, A-H. "French foreign minister's visit is first since 2003" France 24, 14/6/2008.
- ↑ "UN endorses plan to leave president in office beyond mandate", IRIN, 14/10/2005.
- ↑ BAVIER, J. "Ivory Coast Opposition, Rebels Say No to Term Extension for President", VOA News, 18/8/2006.
- ↑ "Partial rejection of UN peace plan", IRIN, 2/11/2006.
- ↑ "Former rebel leader takes over as Ivory Coast's prime minister", Associated Press (International Herald Tribune), 4/5/2007. April 4, 2007.
- ↑ "New Ivory Coast govt 'a boost for Gbagbo'", AFP (IOL), 12/5/2007.
- ↑ "Ivory Coast leaders burn weapons", BBC News, 30/7/2007.
- ↑ "Côte d'Ivoire: Gbagbo en zone rebelle pour prôner la paix et des élections rapides" Arquivado 30 de setembro de 2007 en Wayback Machine., AFP (Jeuneafrique.com), 30/7/2007.
- ↑ "I Coast President Gbagbo wins party nomination for November poll", AFP, 30/8/2008.
- ↑ Ivory Coast election: Alassane Ouattara 'beats Gbagbo', BBC News, 2/12/2010
- ↑ Ivory Coast poll overturned: Gbagbo declared winner, BBC News, 3/12/2010.
- ↑ Abidjan resident tells euronews of city under siege Arquivado 08 de abril de 2011 en Wayback Machine., Euronews, 4/5/2010.
- ↑ Ivory Coast: Laurent Gbagbo 'negotiating surrender', BC News, 5/4/2011.
- ↑ Laurent Gbagbo detained by Ivory Coast opposition forces, The Guardian, 11/4/2011.