Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Uagadugú

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ouagadougou»)
Modelo:Xeografía políticaUagadugú
Ouagadougou (fr) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 12°22′07″N 1°31′39″O / 12.3686, -1.5275
EstadoBurkina Faso
RexiónRexión Centro
ProvinciaKadiogo
DepartamentoOuagadougou (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación2.453.496 (2019) Editar o valor en Wikidata (11.187,85 hab./km²)
Lingua oficiallingua francesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie219.300.000 m² Editar o valor en Wikidata
Altitude305 m Editar o valor en Wikidata
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Briton Ferry (pt) Traducir
San Miniato (pt) Traducir
Loudun (1967–)
Leuze-en-Hainaut (pt) Traducir (1968–)
metrópole de Lión (1994–)
Cidade de Kuwait (1998–)
Grenoble (1999–)
Quebec (2000–)
Turín (2003–)
Bordeos (2005–)
Taipei (2008–)
Douala (2012–) Editar o valor en Wikidata

Uagadugú[1] ou Ouagadougou á maneira francesa, denominada coloquialmente Uagá ou Ouaga, é a capital de Burkina Faso, sendo á vez a maior cidade do país, cunha poboación de 1,2 millóns de habitantes (2005), e aínda o centro cultural, económico e administrativo. Os habitantes de Ouagadougou son os Ouagalais (máis ou menos uagalé) ou Ouagavillois (uagavilluá).

A denominación orixinaria da cidade é «Woogrtenga» e «Wogodogo», que significa «aló onde se recibe honra, respecto».

Place des Nations Unies no centro de Uagadugú.

Uagadugú era o nome dun Estado fundado no século XI, do cal era capital Kombemtinga. Esta mesma cidade foi a capital do reino Mossi en 1441, sendo a residencia permanente do Mogho Naba (rei ou emperador dos mossis), que estaba no barrio de Samandin.

En 1919, durante a colonización francesa, o reino Mossi foi reagrupado con outros tres reinos, para formar a colonia do Alto Volta (Haute-Volta). Naquela altura a cidade de Kombemtinga foi rebautizada como Ouagadougou.

Tornouse capital da república do Alto Volta (Haute-Volta) en 1960, cando o país obtivo a independencia.

O clima de Uagadugú é bastante cálido. A cidade forma parte da área saheliana, cunha pluviosidade media de 750 mm anuais. A estación chuviosa abrangue de maio a outubro, cunha media de temperaturas de 30 °C. A estación fría vai de decembro a xaneiro, atinxíndose mínimas medias de temperatura de 19 °C. As máximas medias de temperatura danse durante a estación cálida, que vai de abril a maio, podéndose alcanzar os 45 °C. O harmattan (un vento seco) e máis o monzón, son os factores principais que determinan o clima de Uagadugú.

Uagadugú dispón de ofertas culturais para nativos e visitantes. Cómpre destacar:

  • Museo de Kadiogo
  • Museo Etnográfico
  • Museo da Música

Monumentos de interese

[editar | editar a fonte]
  • Gran Mesquita
  • Catedral
  • Pazo dos Mogho Naba
  • Monumento dos Cineastas
  • Monumento aos Heroes Nacionais (en construción)

Comunicacións

[editar | editar a fonte]

Está unida ao porto de Abidjan, en Costa do Marfil, por ferrocarril. Posúe un aeroporto internacional.

  1. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2015. Consultado o 21 de xuño de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]