Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Loligo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Loligo é un xénero de moluscos cefalópodos coleoideos decapodiformes miópsidos, o tipo da familia dos lolixínidos.[1]

Segundo o World Register of Marine Species e outras autoridades, o xénero está formado por tan só tres especies de luras, amplamente distribuídas por diversos mares e que son obxecto de activa pesca debido á gran calidade da súa carne.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito por primeira vez en 1798 polo naturalista francés Jean-Baptiste Lamarck.[1]

Porén, o nome fora xa utilizado antes (Schneider, 1784; Linnaeus, 1758) e quizais podería telo usado Plinio o Vello. A principios do século XIX este nome xenérico era de uso frecuente para designar ao grupo das luras propiamente ditas.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Lamarck tirou o nome científico Loligo do latín lōlīgō (ou lōllīgō), -īnis, 'lura'.[2][3]

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome Loligo, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:

Segundo o WoRMS:[1]

Segundo o ITIS:[4]

  • Alloteuthis Wülker, 1920
  • Acrololigo Grimpe, 1921
  • Acroteuthis Berry, 1913
  • Acruroteuthis Berry, 1920
  • Doryteuthis Naef, 1912
  • Pteroteuthis Ehrenberg, 1831

Subxéneros

[editar | editar a fonte]

O ITIS considera, dentro do xénero, os seguintes tres subxéneros:[4]

  • Loligo (Alloteuthis) Wülker, 1920
  • Loligo (Doryteuthis) Naef, 1912
  • Loligo (Loligo) Lamarck, 1798

Segundo as recentes clasificacións do WoRMS,[1] o Tree of Life Web Projet,[5] e Vecchione et al.,[6] recoñécense unicamente tres especies dentro do xénero:

Porén, outros autores recoñecen moitas máis especies. A xeito de exemplo, o ITIS considera as seguintes:[4]

  • Loligo bleekeri Keferstein, 1866
  • Loligo forbesii Steenstrup, 1856
  • Loligo gahi D'Orbigny, 1835, a lura da Patagonia.[7]
  • Loligo ocula Cohen, 1976
  • Loligo opalescens Berry, 1911, a lura de Monterrei.[7]
  • Loligo pealeii Lesueur, 1821, a lura de Boston.[9]
  • Loligo pickfordi (Adam, 1954)
  • Loligo plei Blainville, 1823, a lura frecha.[7]
  • Loligo roperi Cohen, 1976
  • Loligo sanpaulensis Brakoniecki, 1984, a lura de São Paulo.[7]
  • Loligo surinamensis Voss, 1974
  • Loligo vietnamensis Nguyen, 1994

Taxonomía controvertida

[editar | editar a fonte]

Toda a taxonomía dos moluscos está hoxe en contyroveris. Polo que respecta ao xénero que nos ocupa, a súa posición sistemática é a seguinte:

Para o WoRMS:[1]

Para o ITIS:[4]

  • Clase Cephalopoda Cuvier, 1797

Como vemos, as principais diferenzas son as de consideraren o grupo dos Myopsida como orde (no canto de Teuthida), ou como suborde desta (Myopsina).

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Loligo Lamarck, 1798 no WoRMS. Consultada o 26-04-2016.
  2. Loligo Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine. en Memidex.
  3. Loligo no Merriam-Webster Unabridged Dictionary.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Loligo Lamarck, 1798 no ITIS.
  5. Vecchione, M. & R. E. Young. (2010): Loliginidae Lesueur, 1821 Arquivado 30 de novembro de 2019 en Wayback Machine.. The Tree of Life Web Project.
  6. Vecchione, M., E. Shea, S. Bussarawit, F. Anderson, D. Alexeyev, C.-C. Lu, T. Okutani, M. Roeleveld, C. Chotiyaputta, C. Roper, E. Jorgensen & N. Sukramongkol. (2005):Systematics of Indo-West Pacific loliginids. Phuket Marine Biological Center Research Bulletin 66: 23–26.
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 7,6 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 293.
  8. lura no dicionario da RAG.
  9. Lahuerta e Vázquez (2000), p. 294.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 0-87893-097-3.
  • D'Ancona, Humberto (1972): "Moluscos" en Tratado de zoología. Tomo II. Zoología especial. Barcelona: Editorial Labor, S. A., pp. 729–763.
  • Frings, H. e Frings, M. (1975): Conceptos de Zoología. Madrid: Editorial Alhambra. ISBN 84-205-0505-6.
  • Grassé, P.-P., E. A. Poisson e O. Tuzet (1976): Invertebrados. (En Grassé, P.-P., Zoología, vol. 1). Barcelona: Toray-Masson. ISBN 84-311-0200-4.
  • Hickman, C. P., W. C. Ober e C. W. Garrison (2006): Principios integrales de zoología, 13ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 84-481-4528-3.
  • Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  • Meglitsch, P. A. (1986): Zoología de invertebrados, 2ª ed. Madrid: Ed. Pirámide. ISBN 84-368-0316-7.
  • Ramonell, Rosa (1985): Guía de los mariscos de Galicia. Vigo: Galaxia. ISBN 84-7154-506-3.
  • Rolán, Emilio e Otero-Schmitt, Jorge (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-072-3.
  • Remane, A., Storch, V. e Welsch, U. (1980): "Mollusca (Moluscos)", en Zoología sistemática. Clasificación del reino animal. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0608-2, pp. 121–169.
  • VV. AA. (1968): "Moluscos" en: Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 4. Animales invertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 248–293.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]