Obradoiro Club de Amigos do Baloncesto
Monbus Obradoiro | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | Obradoiro Club de Amigos do Baloncesto, S.A.D.[1] |
Liga | Primeira FEB |
Alcume | Obra |
Fundación | 6 de outubro de 1970 |
Cores | Branco, azul, granate |
Propietario | Raúl López |
Presidente | Raúl López |
Director | Héctor Galán |
Adestrador | Gonzalo Rodríguez |
Patrocinador | Monbus |
Vestimenta | GEFF |
Mascota | Oca Petroni |
Seareiros | Somos Obra |
Localización | |
Cidade | Compostela, Galicia |
Pavillón | Multiúsos Fontes do Sar |
Capacidade | 6.666 |
Inauguración | 1998 |
Campionatos | |
Príncipe | 1 (2011) |
Copa Galicia | 10 (2010−2017, 2019, 2023) |
obradoirocab.com | |
Para a actual tempada, ver : Obradoiro CAB 2024/2025 |
O Obradoiro Clube de Amigos do Baloncesto, S.A.D.[2], denominado Monbus Obradoiro por razóns de patrocinio, é unha entidade deportiva profesional adicada ó baloncesto, con sede na cidade galega de Compostela. O club foi fundado en 1970, e na actualidade compite na segunda categoría do baloncesto español, a Primeira FEB.
Historia
[editar | editar a fonte]Inicios
[editar | editar a fonte]Até 1970 o baloncesto da cidade de Compostela estivo representado nas competicións oficiais por un equipo do SEU e por unha sección da SD Compostela. Nese ano naceu o Obradoiro CAB, fundado por un grupo de 29 afeccionados dispostos a darlle un pulo renovado ó deporte da canastra na cidade. Na tempada 1970-71 o Obradoiro partiu da Terceira División, ocupando a praza da sección de baloncesto da SD Compostela. Naqueles tempos o equipo xogaba no antigo ximnasio universitario, onde na actualidade está o Auditorio da USC.[3]
Despois de ascender dende a Terceira División á Segunda División no seu terceiro ano de existencia, o Obradoiro CAB acadou a máxima división do baloncesto español ao remate da tempada 1981-82, cando ascendeu tras derrotar o CB Mataró. Formaban parte dese equipo Mario Iglesias, Eduardo Echarri, Jan Lomas, Balagué, Arturo Corts, Javi Vallejo, Montero, José Cobelo, Manolo Vidal, Alberto Abalde, Gil, Popocho Modrego, Julio Bernárdez e Pepe Casal, e Antonio Castro era o presidente da entidade.[4]
Nesa primeira tempada en primeira división o Obradoiro gañou unicamente dous encontros, e rematou na 14ª e última posición.[5]
En 1990 tenta de novo ascender a primeira, e ten que xogar a eliminatoria contra o Júver Murcia. No primeiro partido xoga polos murcianos Esteban Pérez, con nacionalidade arxentina, o que daquela supuña un aliñamento indebido.[6] O Obradoiro reclama o aliñamento e nos seguintes dous partidos da eliminatoria o Júver non inclúe a Pérez. Os tres partidos rematarían coa derrota do Obradoiro, pero este club reclama, primeiro á xustiza deportiva e logo pola vía ordinaria. Mentres se resolve o proceso, o Obradoiro descende varias categorías e móvese durante a década dos noventa e o comezo do século XXI polas categorías inferiores estatais e polas categorías galegas.
Nese tempo naceu e medrou outro club de baloncesto na capital galega, o CB Rosalía, que se converteu no equipo de baloncesto de referencia na cidade durante máis dunha década, chegando mesmo a loitar polo ascenso á Liga ACB na tempada 2007-08.
Fin do conflito e volta á ACB
[editar | editar a fonte]En 2003 o preito resólvese, e a Xustiza obriga a ACB a readmitir o equipo na primeira división estatal: pero os recursos económicos da entidade non poden facerlle fronte aos avais de 2003, e acoden de novo á xustiza para conseguir unhas condicións de acceso como en 1990. O Tribunal Supremo volve darlles a razón polo que lles concede unha praza na ACB nas condicións daquela tempada, e coa posibilidade de facela efectiva ao longo de tres anos.
Comezou a tempada 2009-10 xogando na casa contra o Barcelona, cunha derrota coma resultado.[7] Tras catro derrotas nos catro primeiros partidos, a primeira vitoria chegou na 5ª xornada contra o Baloncesto Fuenlabrada por 86-66 no Multiúsos Fontes do Sar.[8] Malia unha gran primeira volta na que rematou na undécima posición con 7 vitorias e 10 derrotas, rematou por descender á Liga LEB tras conseguir tan só unha vitoria na segunda volta e finalizar na penúltima posición con tan só 8 vitorias. Como feitos destacables cabe salientar a vitoria no Sar na 12ª xornada ante o Real Madrid por 78-68.[9]
Á tempada seguinte na LEB Ouro, o Obradoiro fixo un equipo de garantías para volver o antes posible á ACB. Xogadores coma Alberto Corbacho, Levon Kendall ou Oriol Junyent chegaron a Santiago para devolver ó Obradoiro á máxima categoría. Todos eles baixo o mando no novo adestrador, o galego Moncho Fernández. O equipo comezou con 13 vitorias nos 13 primeiros partidos e rematou a primeira volta no máis alto da táboa, clasificándose dese modo para a Copa Príncipe. Tras un partido moi igualado, o Obradoiro conseguiu finalmente o trofeo tras derrotar ó CB Murcia por 81-78.[10] Ademais, Alberto Corbacho foi elixido mellor xogador da Copa Príncipe.
Tras unha segunda volta máis irregular, na que perdeu catro partidos, foi o Murcia quen ascendeu directamente á Liga ACB, e o Obradoiro tivo que disputar os playoffs tras rematar na segunda posición. Ó remate da tempada regular, Oriol Junyent foi incluído no mellor quinteto da tempada da LEB Ouro. Na primeira rolda dos playoffs de ascenso á ACB, o Obradoiro derrotou ó Cáceres Creativa por 3-1. Na segunda rolda agardaba o Leite Río Breogán de Lugo. O derbi galego rematou coa vitoria do Obradoiro por un contundente 3-0. O Ford Burgos, que rematou por detrás do conxunto santiagués na tempada regular, foi o rival na última rolda para o ascenso á ACB. O Obradoiro conseguiu gañar os dous primeiros partidos no Sar para poñer o ascenso a unha soa vitoria. En Burgos, a serie poñíase 2-1 tras unha axustada vitoria do Ford Burgos. No cuarto partido, tras un gran primeiro cuarto do Obradoiro no que tan só encaixou 5 puntos, os santiagueses conseguían o retorno á Liga ACB só unha tempada máis tarde.[11]
Estabilidade e primeiros playoffs ACB
[editar | editar a fonte]Para a tempada 2011-12, o Obradoiro mantivo a base do equipo que lograra o ascenso o ano anterior e fixo poucas incorporacións, na que destacou a do gabonés Stephane Lasme. Tras unha complicada primeira volta na que tan só conseguiron 4 vitorias e o descenso ameazaba de novo, o Obradoiro fíxose forte no Sar na segunda parte da competición, conseguindo 6 vitorias en 8 partidos na casa e rematando a liga na 13ª posición. A gran tempada de Lasme propiciou o interese de varios equipos europeos e da NBA pola súa incorporación, e finalmente fichou polo Panathinaikos grego ó rematar a tempada.
O Obradoiro, con grandes incorporacións coma Pavel Pumprla, Salah Mejri ou Robbie Hummel, clasificouse por primeira vez na súa historia para os Playoffs da Liga ACB na tempada 2012-13, tras rematar na oitava posición con 18 vitorias en 34 partidos. Na primeira rolda enfrontouse ó Real Madrid por 2-0, equipo que remataría proclamándose campión de liga ó remate dos Playoffs. Nesa tempada salientou o tunesino Salah Mejri, que foi escollido coma xogador revelación da liga tras acadar 9.2 puntos, 5.2 rebotes por encontro, ademais de ser o máximo taponador da liga con 1.6 tapóns por partido. Na votación rematou con 65 puntos, cinco máis que o seu compañeiro Alberto Corbacho e Lucas Nogueira, do Estudiantes.[12]
A difícil tarefa de repetir presenza nos playoffs non foi posible na seguinte tempada. As marchas de Salah Mejri ó Real Madrid, de Levon Kendall ó Herbalife Gran Canaria e de Robbie Hummel ós Minnesota Timberwolves da NBA foron moi importantes para un Obradoiro que se reforzou co croata Mario Delaš ou o pivote estadounidense Mike Muscala, quen deixou o equipo á metade da tempada para fichar polos Atlanta Hawks da NBA.[13] Malia todo, o Obradoiro conseguiu rematar na 12ª posición con 13 vitorias e 21 derrotas.
Na tempada 2014-15, o Obradoiro comezou cun equipo practicamente novo. Tan só Alberto Corbacho, Pavel Pumprla e Rafa Luz repetiron no cadro de xogadores do equipo santiagués. Esta tempada deixou un partido para a historia; o 14 de marzo de 2015, o Obradoiro conseguiu o maior triunfo da súa historia e o oitavo da historia da ACB tras derrotar ó UCAM Murcia por 104-52.[14] O alemán Maxi Kleber e o polaco Adam Waczyński, acabados de chegar a Santiago, axudaron co seu gran rendemento a que o Obradoiro rematara de novo na 12ª posición conseguindo 15 vitorias, o número máis alto dende a clasificación do equipo para os playoffs.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- 1986. Subcampión, fronte ó CB Breogán (70-67) en Ourense.
- 2009. Subcampión, fronte ó CB Breogán (63-57) en Porriño.
- 2010. Campión, fronte ó COB Ourense (72-61) en Lalín.
- 2011. Campión, fronte ó COB Ourense (72-70) en Noia.
- 2012. Campión, fronte ó COB Ourense (86-67) en Ourense.
- 2013. Campión, fronte ó CB Breogán (67-60) en Santiago de Compostela.
- 2014. Campión, fronte ó CB Breogán (74-59) en Lugo.
- 2015. Campión, fronte ó Básquet Coruña (79-69) en Ourense.
- 2016. Campión, fronte ó Básquet Coruña (85-77) en Noia.
- 2017. Campión, fronte ó CB Breogán (75-71) en Marín.
- 2018. Subcampión, fronte ó CB Breogán (75-74) en Marín.
- 2019. Campión, fronte ó COB Ourense (89-65) en Marín.
- 2023. Campión, fronte ó CB Breogán (69-68) en Lugo.
- 2010-2011. Campión, fronte ó CB Murcia (81-78) en Santiago de Compostela.
- 1982-1983. Oitavofinalista, fronte ó OAR Ferrol (74-91) e (94-84).
- 2016. Cuartofinalista, fronte ó Laboral Kutxa Baskonia (77-79)
- 2018. Semifinalista, fronte ó Real Madrid (61-81)
Outras competicións
[editar | editar a fonte]- 1984-1985. Campión de Liga de Segunda División.
- 2022-2023. Basketball Champions League 2023-24 Eliminado na fase previa
Traxectoria en liga
[editar | editar a fonte]A seguinte táboa amosa o percorrido do Obradoiro CAB polas diversas categorías do baloncesto nacional dende a tempada de debut en 1970/71 até a actualidade:[16]
Categoría | 2025 | 24 | 23 | 22 | 21 | 20 | 19 | 18 | 17 | 16 | 15 | 14 | 13 | 12 | 11 | 10 | 09 | 08 | 07 | 06 | 05 | 04 | 03 | 02 | 01 | 00 | 99 | 98 | 97 | 96 | 95 | 94 | 93 | 92 | 91 | 90 | 89 | 88 | 87 | 86 | 85 | 84 | 83 | 82 | 81 | 80 | 79 | 78 | 77 | 76 | 75 | 74 | 73 | 72 | 71 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Liga ACB/1ª División | 17 | 11 | 15 | 14 | 14 | 15 | 12 | 13 | 15 | 12 | 12 | 8 | 13 | 17 | 14 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
LEB Ouro/1ª División B | 2 | 15 | 5 | 13 | 22 | 6 | 7 | 12 | 3 | 8 | 14 | 8 | 4 | 4 | 8 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
LEB Prata/2ª División | 1 | 2 | 9 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Categorías rexionais |
- Tempadas na máxima categoría do baloncesto nacional (Liga ACB ou equivalente): 15
- Tempadas na segunda categoría do baloncesto nacional (LEB Ouro ou equivalente): 15
- Tempadas noutras categorías: 24
- 78/79, 79/90, 84/85, 90/91, 92/93, 93/94, 94/95, 95/96, 96/97, 97/98, 98/99, 99/00, 00/01, 01/02, 02/03, 03/04, 04/05, 05/06, 06/07, 07/08, 08/09
- Os números do Obradoiro CAB en ACB / Primeira División
Tempadas | Xog. | Gañ. | Per. | P+ | P- | Postos na Tempada Regular | Resultado final | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2023-24 | 34 | 11 | 23 | 2760 | 2868 | 17º de 18 | Descenso. | ||||
2022-23 | 34 | 14 | 20 | 2694 | 2832 | 11º de 18 | Permanencia. | ||||
2021-22 | 34 | 12 | 22 | 2792 | 2930 | 15º de 18 | Permanencia. | ||||
2020-21 | 36 | 12 | 24 | 2888 | 3015 | 14º de 19 | Permanencia. | ||||
2019-20 | 23 | 9 | 14 | 1832 | 1972 | 14º de 18 | Permanencia. | ||||
2018-19 | 34 | 11 | 23 | 2645 | 2823 | 15º de 18 | Permanencia. | ||||
2017-18 | 34 | 14 | 20 | 2650 | 2742 | 12º de 18 | Permanencia. | ||||
2016-17 | 32 | 11 | 21 | 2439 | 2626 | 13º de 17 | Permanencia. | ||||
2015-16 | 34 | 10 | 24 | 2564 | 2685 | 15º de 18 | Permanencia. | ||||
2014-15 | 34 | 15 | 19 | 2467 | 2535 | 12º de 18 | Permanencia. | ||||
2013-14 | 34 | 13 | 21 | 2548 | 2624 | 12º de 18 | Permanencia. | ||||
2012-13 | 34 | 18 | 16 | 2720 | 2640 | 8º de 18 | Cuartos de final. | ||||
2011-12 | 34 | 13 | 21 | 2405 | 2481 | 13º de 18 | Permanencia. | ||||
2009-10 | 34 | 8 | 26 | 2519 | 2814 | 17º de 18 | Descenso. | ||||
1982-83 | 26 | 2 | 24 | 1895 | 2466 | 14º de 14 | Descenso. |
- Xog. Xogados ; Gañ. Gañados ; Per Perdidos ; P+ Puntos anotados ; P- Puntos encaixados.
Pavillón
[editar | editar a fonte]O Obradoiro CAB xoga os seus encontros como local no Pavillón Multiúsos Fontes do Sar, situado no leste da cidade, nunha zona coñecida como Brañas de Sar, ó pé do Monte Gaiás. O recinto foi inaugurado en 1998, e ten capacidade para acoller a 6.050 seareiros. O equipo comparte este pavillón co Santiago Futsal, o equipo de fútbol sala que compite na máxima categoría da LNFS. Este pavillón é propiedade do Concello de Santiago de Compostela.
O primeiro fogar do Obradoiro CAB foi o Ximnasio da USC (actual Auditorio do Campus Vida). En 1975 mudouse ó Pavillón Brañas do Sar, construído polo propio club.[17] Nese recinto chegaron os primeiros grandes éxitos da entidade, incluíndo a tempada 1982-83 na que o equipo competiu na máxima categoría da Liga Española de Baloncesto. Coa chegada dos problemas legáis o equipo comezou a xogar no Pavillón Municipal de Santa Isabel, propiedade do concello, que pasou a ser o principal pavillón da cidade. O Obradoiro CAB volveu a Sar en 2009, para xogar no Pavillón Multiúsos Fontes do Sar, construído sobre o antigo Pavillón Brañas do Sar.
- (2009- ......) Pavillón Multiúsos Fontes do Sar
- (1990-2009) Pavillón Municipal de Santa Isabel
- (1975-1990) Pavillón Brañas do Sar
- (1970-1975) Ximnasio da USC
Dende o regreso do Obradoiro CAB á elite do baloncesto nacional, a afluencia media de seareiros que acudiron ós encontros do equipo na ACB 2009-10 foi de 5509 persoas, con máximos de 6050 espectadores (fronte ó FC Barcelona). No seguinte ano, co equipo na LEB Ouro 2010-11, a media baixou a 4297 persoas. De volta na Liga ACB, na tempada 2011-12 a media de seareiros no pavillón medrou ata os 5241.[18]
- ACB 2016-17 —— 5.066 seareiros por encontro.
- ACB 2015-16 —— 5.263 seareiros por encontro.
- ACB 2014-15 —— 5.065 seareiros por encontro.
- ACB 2013-14 —— 5.049 seareiros por encontro.
- ACB 2012-13 —— 5.438 seareiros por encontro.
- ACB 2011-12 —— 5.241 seareiros por encontro.
- LEB 2010-11 —— 4.297 seareiros por encontro.
- ACB 2009-10 —— 5.509 seareiros por encontro.
Xogadores
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Xogadores do Obradoiro CAB.
- Véxase tamén: Cadros de xogadores de tempadas pasadas do Obradoiro CAB.
Cadro actual
[editar | editar a fonte]Monbus Obradoiro 2023−2024 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Dorsais retirados
[editar | editar a fonte]Dorsais retirados do Obradoiro CAB | ||||
N° | Xogador | Posición | Etapa | Data de retiro do dorsal |
---|---|---|---|---|
4 | Bernard Hopkins | Ala-pivote | 2010-2012 | 2013 [19] |
14 | Tonecho Lorenzo | Ala | 1971-1976; 1977-1978 | 16 de outubro de 2021 [20] |
15 | Oriol Junyent | Pivote | 2009; 2010-2014 | 10 de maio de 2015 [21] |
Estatísticas individuais
[editar | editar a fonte]
Máis encontros en ACB[editar | editar a fonte]
|
Máis puntos en ACB[editar | editar a fonte]
|
Máis rebotes en ACB[editar | editar a fonte]
|
Máis asistencias en ACB[editar | editar a fonte]
|
Máis roubos en ACB[editar | editar a fonte]
|
Máis tapóns en ACB[editar | editar a fonte]
|
Datos actualizados ata a tempada 2021-22.[22]
En letra negra os xogadores que xogan actualmente no equipo.
Competicións europeas
[editar | editar a fonte]Partidos en competición europea do Obradoiro CAB | |||||
Tempada | Competición | Rolda | Data | Rival | Resultado |
---|---|---|---|---|---|
2023–24 | Clasificación da Basketball Champions League - Grupo III | Cuartos de final | 26 de setembro de 2023 | KK Mornar Bar | 56–90 |
2023–24 | Clasificación da Basketball Champions League - Grupo III | Semifinais | 28 de setembro de 2023 | Legia Warszawa | 66–74 |
2023–24 | Clasificación da Basketball Champions League - Grupo III | Final | 30 de setembro de 2023 | SIG Strasbourg | 82–78 |
Galardóns individuais
[editar | editar a fonte]Xogador Revelación da ACB
- Salah Mejri – 2013
Mellor quinteto novo da ACB
- Santiago Yusta – 2016
MVP da xornada da ACB
[editar | editar a fonte]Xogadores que acadaron o MVP da Xornada da ACB | ||||
Xogador | Xornada | Tempada | Valoración | |
---|---|---|---|---|
Rafael Hettsheimeir | 13 | 2009–10 | 35 | |
Kostas Vasileiadis | 25 | 2009–10 | 35 | |
Stephane Lasme | 18 | 2011–12 | 37 | |
Levon Kendall | 4 | 2012–13 | 30 | |
Salah Mejri | 26 | 2012–13 | 29 | |
Mike Muscala | 18 | 2013–14 | 32 1 | |
Alberto Corbacho | 21 | 2013–14 | 31 | |
Maxi Kleber | 25 | 2014–15 | 45 | |
Adam Waczyński | 32 | 2014–15 | 30 | |
Adam Waczyński | 3 | 2015–16 | 36 | |
Nemanja Radović | 9 | 2017–18 | 29 | |
Kostas Vasileiadis | 11 | 2018–19 | 31 | |
Vladimir Brodziansky | 12 | 2018–19 | 37 | |
Vladimir Brodziansky | 17 | 2018–19 | 25 2 | |
Kostas Vasileiadis | ||||
Fletcher Magee | 6 | 2019–20 | 33 | |
Laurynas Birutis | 1 | 2020–21 | 42 | |
Laurynas Birutis | 9 | 2020–21 | 37 | |
Kassius Robertson | 15 | 2020–21 | 35 | |
Steven Enoch | 27 | 2020–21 | 34 | |
Laurynas Birutis | 4 | 2021–22 | 30 | |
Laurynas Birutis | 12 | 2021–22 | 28 | |
Laurynas Birutis | 16 | 2021–22 | 37 | |
Kassius Robertson | 28 | 2022–23 | 40 | |
Thomas Scrubb | 6 | 2023–24 | 32 3 |
1 Compartido con Andy Panko do Baloncesto Fuenlabrada.
2 Compartido con Javier Beirán do Iberostar Tenerife.
3 Compartido con Joe Thomasson do Covirán Granada.
MVP do mes da ACB
[editar | editar a fonte]Xogadores que acadaron o MVP do Mes da ACB | ||||
Xogador | Mes | Tempada | Valoración | |
---|---|---|---|---|
Kostas Vasileiadis | Decembro 2018 | 2018–19 | 22.6 | |
Laurynas Birutis | Setembro 2020 | 2020–21 | 27.7 | |
Artem Pustovyi | Maio 2024 | 2023–24 | 22.3 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Historia do Obradoiro Clube de Amigos do Baloncesto
- ↑ Historia do Obradoiro Clube de Amigos do Baloncesto
- ↑ "Historia do Obradoiro CAB na páxina oficial do club". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2013. Consultado o 15 de marzo de 2013.
- ↑ Aquella temporada en la elite Arquivado 03 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine., artigo de El Correo Gallego. (en castelán)
- ↑ "Resultados do Obradoiro CAB na tempada 1982-83 da Liga". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2016. Consultado o 15 de marzo de 2013.
- ↑ 21 años después... el Obra vuelve al play-off a la ACB (en castelán)
- ↑ "Xacobeo Blu:sens 63-80 FC Barcelona". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2016. Consultado o 11 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Xacobeo Blu:sens 86-66 Ayuda en Acción Fuenlabrada". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2016. Consultado o 02 de xuño de 2015.
- ↑ "Xacobeo Blu:sens 78-68 Real Madrid". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2016. Consultado o 11 de xaneiro de 2015.
- ↑ El Blu:Sens Monbús Obradoiro alza su primera Copa Príncipe (81-78)
- ↑ Ford Burgos 64-75 Blu:sens Monbús
- ↑ "Salah Mejri es el Jugador Revelación 2012-13". Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2017. Consultado o 02 de xuño de 2015.
- ↑ "Rio N. Monbus y Atlanta Hawks alcanzan un acuerdo para el traspaso de Muscala". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2015. Consultado o 02 de xuño de 2015.
- ↑ "El Rio Natura Monbus dobla al UCAM Murcia para hacer historia (104-52)". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2015. Consultado o 02 de xuño de 2015.
- ↑ "Palmarés da Copa Galicia de baloncesto na páxina da Federación Galega". Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2012. Consultado o 15 de marzo de 2013.
- ↑ "Traxectoria do Obradoiro CAB polas distintas ligas de baloncesto dende a súa fundación na web da ACB". Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2013. Consultado o 15 de marzo de 2013.
- ↑ El viejo e inolvidable pabellón de Sar Arquivado 04 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ "Datos obtidos sumando as cifras oficiais de cada xornada da Liga ACB e dividindo entre o número de encontros". Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2013. Consultado o 15 de marzo de 2013.
- ↑ "Robbie Hummel por Bernard Hopkins: el `4´de Baltimore deja paso al `4´de Indianápolis". obradoirocab.com. 6 de novembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2014. Consultado o 20 de agosto de 2014.
- ↑ "O Monbus Obradoiro retirará o dorsal 14 en honra a Tonecho Lorenzo no partido do sábado ante UCAM Murcia". ACB.com. 16 de outubro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2021. Consultado o 16 de outubro de 2021.
- ↑ "El Fontes do Sar despide en pie a Junyent y retira su camiseta". ACB.com. 10 de maio de 2015. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2015. Consultado o 10 de maio de 2015.
- ↑ "Estatísticas Obradoiro CAB na Liga ACB". Consultado o 28 de xaneiro de 2020.