Jésus de Montréal
Jésus de Montréal | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Jésus de Montréal |
Director | Denys Arcand |
Produtor | Roger Frappier Pierre Gendron Monique Létourneau |
Guión | Denys Arcand |
Intérpretes | Lothaire Bluteau Catherine Wilkening Johanne-Marie Tremblay |
Música | Yves Laferriere |
Fotografía | Guy Dufaux |
Montaxe | Isabelle Dedieu |
Distribuidora | Cineplex Odeon Films Orion Classics |
Estrea | 17 de maio de 1989 |
Duración | 118 minutos |
Orixe | Canadá Francia |
Xénero | Drama |
Orzamento | 4,2 millóns de dólares[1] |
Recadación | 1 601 612 dólares[2] |
Na rede | |
Jésus de Montréal é un filme franco-canadense de 1989 escrito e dirixido por Denys Arcand, e protagonizado por Lothaire Bluteau, Catherine Wilkening e Johanne-Marie Tremblay. O filme conta a historia dun grupo de actores en Montreal que interpretan unha obra da Paixón nunha igrexa do Quebec, combinando crenzas relixiosas con teorías non convencionais dun Xesús histórico.
O filme tivo boas críticas e recibiu numerosos premios, como o premio Genie ao mellor filme e o Premio do Xurado do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1989. Ademais foi candidato ao Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa na 62ª edición dos premios. Os críticos do Festival Internacional de Cinema de Toronto considerárono un dos dez mellores filmes canadenses de todos os tempos.
Sinopse
[editar | editar a fonte]En Montreal, un actor descoñecido chamado Daniel é contratado por un lugar de peregrinación católico para representar unha obra sobre a paixón de Cristo nos seus xardíns. O párroco, pai Leclerc, pídelle que "modernice" a obra clásica que a igrexa estivo a realizar. A pesar de traballar cun material que outros consideran que é un clixé, Daniel vese inspirado e comeza unha intensa investigación académica sobre a historicidade de Xesús, ao que interpreta el mesmo co nome talmúdico de Yeshua Ben Pantera. Cando se interpreta a obra, recibe excelentes críticas, mais o pai Leclerc considéraa pouco convencional e controvertida, o que fai que se distancie de Daniel.
Personaxes
[editar | editar a fonte]Actor | Personaxe | Análogo bíblico |
---|---|---|
Lothaire Bluteau | Daniel | Xesús[3] |
Catherine Wilkening | Mireille | María Madalena[4] |
Johanne-Marie Tremblay | Constance | Virxe María[5] |
Rémy Girard | Martin | Pedro[6] |
Robert Lepage | Rene | Apóstolo[7] |
Gilles Pelletier | Father Leclerc | Xudas Iscariote (posible)[8] |
Roy Dupuis | Marcel Brochu | — |
Yves Jacques | Richard Cardinal | Satanás[9] |
Cédric Noël | Pascal Berger | Xoán o Bautista[10] |
Denys Arcand | The Judge | Poncio Pilato[11] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rosenthal, Donna (22 de xullo de 1990). The Washington Post, ed. "The Passion Of Denys Arcand". Consultado o 4 de agosto de 2016.
- ↑ Box Office Mojo (ed.). "Jesus of Montreal". Consultado o 5 de agosto de 2016.
- ↑ Malone 2012, pp. 119-120.
- ↑ Schaberg 2004, p. 115.
- ↑ Beavis 2011.
- ↑ Pallister 1995, p. 383.
- ↑ Beckwith 2003, p. 174.
- ↑ Reinhartz 2007, p. 155.
- ↑ O'Brien, Tom (outono de 1990). "Jesus of Montreal (Jésus de Montréal) by Denys Arcand". Film Quarterly 44 (1): 47.
- ↑ Stern, Jefford & DeBona 1999, p. 331.
- ↑ Reinhartz 2013, p. 149.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Beavis, Mary Ann (2011). "Jesus of Canada? Four Canadian Constructions of the Christ Figure". En Ellen M. Leonard; Kate Merriman. From Logos to Christos: Essays on Christology in Honour of Joanne McWilliam. Wilfrid Laurier University Press. ISBN 155458728X.
- Beckwith, Sarah (2003). Signifying God: Social Relation and Symbolic Act in the York Corpus Christi Plays. University of Chicago Press. ISBN 0226041336.
- Malone, Peter (2012). Screen Jesus: Portrayals of Christ in Television and Film. Lanham, Toronto e Plymouth: Scarecrow Press. ISBN 0810883902.
- Pallister, Janis L. (1995). The Cinema of Québec: Masters in Their Own House. Associated University Presses. ISBN 0838635628.
- Reinhartz, Adele (2013). Bible and Cinema: Fifty Key Films. Londres e Nova York: Routledge. ISBN 0415677203.
- Reinhartz, Adele (2007). Jesus of Hollywood. Oxford University Press.
- Schaberg, Jane (2004). The Resurrection of Mary Magdalene: Legends, Apocrypha, and the Christian Testament. Bloomsbury Publishing USA. ISBN 1441141758.
- Stern, Richard C.; Jefford, Clayton N.; DeBona, Guerric (1999). Savior on the Silver Screen. Nova York: Paulist Press. ISBN 0809138557.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes do Canadá propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 62ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Jésus de Montréal na IMDb (en inglés).