Isaac Fernández
Isaac | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Isaac Fernández Vila | ||
Nacemento | 28 de maio de 1979 (45 anos) | ||
Lugar de nacemento | Vigo | ||
Altura | 1,79 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Número | 19 | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1999–2000 | → Racing Club de Ferrol (Cedido) | 1 | (0) |
2000–2004 | Celta de Vigo B | 87 | (3) |
2004–2006 | Celta de Vigo | 10 | (0) |
2006 | → Racing Club de Ferrol (Cedido) | 4 | (0) |
Selección nacional | |||
2005 | Galicia | 1 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 9 de xullo de 2017. Selección: actualizado a 9 de xullo de 2017.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Isaac Fernández Vila, nado en Vigo o 28 de maio de 1979, é un exfutbolista galego, que ocupou a posición de centrocampista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Deuse a coñecer no xuvenil do Celta de Vigo. Na tempada 1999-2000 estivo a prestamo no Racing Club de Ferrol, pero apenas contou para o adestrador, e volveu ao filial do Celta, no que se converteu nunha peza indispensable do equipo que quedou campión de 3ª División na tempada 2000-01, e ascendeu a 2ª División B, e do equipo que quedou campión da Copa Federación. En agosto de 2004 ascendeu definitivamente ao primeiro equipo do Celta, e fixo o seu debut no partido da primeira xornada de liga contra o Almería. Esa tempada xogou un total de 10 partidos, terminando a tempada como subcampión de 2ª División e ascendendo a primeira.
Comeza a tempada 05/06 co primeiro equipo do Celta, pero por non ter minutos de xogo, no mercado de inverno decide volver cedido ó Racing de Ferrol, que se atopa na categoría de prata, onde disputou tan só 4 partidos. Ao finalizar a tempada decide retirarse, debido a lesións.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Campión da Copa Federación (1): 2002
- Campión de Terceira División: 2000/01