Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Friburgo, Suíza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaFriburgo, Suíza
Fribourg (fr)
Freiburg (de) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 46°48′N 7°09′L / 46.8, 7.15
Estado federadoSuíza
CantónsCantón de Friburgo
District of the canton of Fribourg (en) TraducirSarine District (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación38.365 (2018) Editar o valor en Wikidata (4.134,16 hab./km²)
Lingua oficiallingua francesa
lingua alemá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie9,28 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porGottéron (en) Traducir e Saane/Sarine (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude587 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación1157 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Evento clave
9 de novembro de 1677Siege of Freiburg (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoThierry Steiert (en) Traducir (2016–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal1700, 1701, 1707 e 1708 Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico026 Editar o valor en Wikidata
Código de municipio suízo2196 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Lugar do Patrimonio suízo
IdentificadorISOS 1675

Páxina webville-fribourg.ch Editar o valor en Wikidata
BNE: XX6043314

Friburgo[1] é unha cidade de Suíza situada no cantón homónimo, do cal é a capital. Segundo datos do 2016 conta con 338.829 habitantes.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Está asentada sobre ambas ribeiras do río Saane, en plena Meseta Suíza, e constitúe un importante centro administrativo, económico e educativo do Röstrigraben, a fronteira entre a Suíza xermanófona e a francófona. A cidade vella esténdese sobre un outeiro de 100 m de ancho e que acada 40 m de altura sobre o val circundante.

Friburgo foi fundada en 1157 por Bertold IV, constituíndose inicialmente como unha cidade estado. Posteriormente, en 1277, sería vendida á casa dos Habsburgo coincidindo co inicio do seu desenvolvemento económico, capitaneado polo comercio e a industria téxtil e do coiro.

A unión de Friburgo á Antiga Confederación Suíza produciuse en 1481, coa cal logrou exercer unha longa influencia no catolicismo suízo.

Sufriu a invasión dos exércitos franceses comandados por Napoleón. En 1889 foi inaugurada a súa universidade.

Moeda conmemorativa do Certame Federal de Tiro de Friburgo de 1881

O casco antigo de Friburgo goza dun excelente estado de conservación e posúe un indubidable interese artístico, ao datar na súa maioría de antes do século XVI. Salienta, no medio do seu conxunto, a Catedral de San Nicolás, cuxa presenza domina por completo o outeiro sobre o que se asenta a zona antiga. Construída en 1283, é de estilo gótico e está vencellada ao culto católico.

No tocante aos museos, destacan o de Historia Natural, situado nun edificio da universidade, e o de Arte e Historia, onde se poden observar pinturas, esculturas e coleccións numismáticas.

Notas e referencias

[editar | editar a fonte]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para friburgués.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]