Fast Auroral Snapshot Explorer
Fast Auroral Snapshot Explorer (FAST) | |
---|---|
Representación artística de FAST. | |
Tipo | Observación terrestre. |
Organización | NASA[1] |
Satélite de | Terra |
Data de lanzamento | 21 de agosto de 1996[2][3][4] |
Foguete portador | Pegasus XL[1][3] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[3][5] |
Obxectivo da misión | Observación e estudo das auroras polares.[3][5] |
NSSDC ID | 1996-049A |
Masa | 187 kg[1][3] |
Dimensións | 1,8 m de lonxitude.[5] |
Potencia | 60 vatios[3] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 8380,9 km[2] |
Inclinación | 83 graos[2] |
Apoapse | 3664,7 km[2] |
Periapse | 355 km[2] |
FAST, acrónimo de Fast Auroral Snapshot Explorer, tamén coñecido como Explorer 70, é un satélite artificial da NASA pertencente ó programa Explorer e lanzado o 21 de agosto de 1996 mediante un foguete Pegasus XL desde a base Vandenberg da Forza Aérea.[1][3]
Características
[editar | editar a fonte]A misión de FAST consistiu no estudo da física do plasma dos fenómenos aurorais cunha alta resolución espacial e temporal, no rango dos microsegundos. O satélite foi lanzado a unha órbita moi excéntrica e case polar que precesiona un grao por día.[1][3]
FAST estabilízase mediante xiro a unha velocidade de 12 revolucións por minuto, co eixo de xiro situado perpendicular ó plano orbital. Leva a bordo unha memoria de estado sólido de 1 Gbit de capacidade e unha velocidade de adquisición de datos de 8 Mbps.[1][3] A alimentación eléctrica proporciónana células solares de arseniuro de galio montadas no corpo do satélite.[5]
A misión finalizou o 4 de maio de 2009.[1][3]
Instrumentos
[editar | editar a fonte]FAST leva catro instrumentos a bordo:[1][3]
- ESA (Electrostatic Analyzers): dezaséis analizadores que miden a distribución de electróns e ións no rango de enerxías entre 3 eV e 30 keV.[1][3][5]
- TEAMS (Time-of-flight Energy Angle Mass Spectrograph): mide a distribución tridimensional das especies iónicas principais mediante un espectrómetro de masas.[1][3][5]
- Magnetómetros triaxiais de porta de fluxo e de bobinado: miden os campos magnéticos mediante dous magnetómetros dispostos en mastros separados 180 graos.[1][3][5]
- Campo eléctrico/sonda Lagmuir: miden a temperatura e densidade do plasma, así como o seu campo eléctrico, mediante tres mastros ortogonais.[1][3][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: FAST (SMEX 2)" (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "FAST" (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2012.
- ↑ 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 3,12 3,13 3,14 NASA (4 de novembro de 2011). "FAST" (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Note verbale dated 30 June 1997 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General". COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (97-25680T): 35. 31 de xullo de 1997. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de maio de 2015. Consultado o 24 de xaneiro de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 Mark Wade (2011). "FAST" (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fast Auroral Snapshot Explorer |