Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

El Libredón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Libredón
LocalidadeSantiago de Compostela
editar datos en Wikidata ]

El Libredón foi un diario católico-tradicionalista que se publicou en Santiago de Compostela entre 1881 e 1887.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Subtitulado Periódico católico, político e literario, veu substituír a El Porvenir. Fundado por Andrés Rey Varela e polo editor José María Paredes, en cuxos obradoiros tipográficos se imprimiu na primeira etapa. Axiña pasou a ser o seu propietario e director Antonio Toledo Quintela ata a súa morte en abril de 1885. Na primeira etapa tivo como redactores a Juan Barcia Caballero, Manuel Barja Cerdeira, Santiago López Mosquera e Alfredo Brañas.

Segunda época

[editar | editar a fonte]

Subtitulado Periódico católico, converteuse nun periódico clerical, no que só aparecían noticias relacionadas coa Igrexa. Editábase na imprenta do Seminario. Cesou en 1883.

Terceira época

[editar | editar a fonte]

Reapareceu en 1885, coa dirección de Alfredo Brañas ata o 1 de xaneiro de 1887. Os redactores eran Constante Amor Neveiro e Hermenegildo Calvelo e entre os colaboradores estiveron Juan Barcia Caballero, Salvador Cabeza de León, Antonio López Ferreiro e Ramón Segade Campoamor. Durante o tempo en que Brañas foi director, o xornal sumouse a posicións claramente rexionalistas. O último director foi Hermenegildo Calvelo. Cesou o 20 de marzo de 1887 por dificultades económicas. Foi substituído por El Pensamiento Galaico, xa de carácter claramente carlista.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]