Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Andrés Rey Varela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAndrés Rey Varela
Biografía
Nacemento11 de agosto de 1839 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de decembro de 1915 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata

Andrés Rey Varela, nado en Santiago de Compostela o 11 de agosto de 1839[1] e finado na mesma cidade o 9 de decembro de 1915[2], foi un xornalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ingresou no Seminario en 1849, pero en 1856 abandonou a carreira eclesiástica. En 1859 ingresou na Universidade de Santiago de Compostela como alumno de Teoloxía, licenciándose en 1864. Ao ano seguinte doutorouse en Teoloxía na Universidade Central de Madrid. Foi profesor de Teoloxía Pastoral na Facultade de Teoloxía da USC (1866-1867). Deuse a coñecer como un afervoado carlista. Fundou e dirixiu os xornais El Porvenir (1875), La Reforma (1876), El Libredón, La Cruz de Santiago (1881), La Bandera de Santiago (1887) e El Fin del Siglo (1891).

  1. "D. Andrés Rey Varela. Un recuerdo" en Gaceta de Galicia, 26-10-1916, p. 1.
  2. Necrolóxica en El Correo de Galicia, 10-12-1915, p. 2.