Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Eduard Adolf Strasburger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEduard Adolf Strasburger

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de febreiro de 1844 Editar o valor en Wikidata
Varsovia, Polonia Editar o valor en Wikidata
Morte19 de maio de 1912 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Bonn, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPoppelsdorfer Friedhof (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónRheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn
Universidade de Jena Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánica e bioloxía celular Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Bonn Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbotánico, plant cell biologist (en) Traducir, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorRheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn
Universidade de Jena
Universidade de Varsovia Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosKarl Petri Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoWinthrop John Van Leuven Osterhout (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Abreviación dun autor en botánicaStrasb. Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosJulius Strasburger Editar o valor en Wikidata
ParentesMarie-Edith Strasburger, nora Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX968047 Find a Grave: 188543722 Editar o valor en Wikidata

Eduard Adolf Strasburger, nado en Varsovia o 1 de febreiro de 1844 e finado en Bonn o 18 de maio de 1912, foi un botánico, pteridólogo, micólogo e algólogo alemán de orixe polaco, dos máis famosos do século XIX.

Era fillo de Edward Bogumil Strasburger (1803-1874). En 1870 casa con Aleksandra Julja Wertheim (1847-1902), tendo dous fillos: Anna (1870) e Juliusz (1871-1934).

Despois dos seus estudos en Bioloxía en París, Jena, e Bonn, finalmente obtén o seu doutoramento en Jena en 1866.

En 1868, comeza a ensinar na Universidade de Varsovia.

En 1869, ten un posto de profesor de botánica na Universidade de Jena, ata 1880; cando pasa á Universidade de Bonn, ata a súa morte.

Realiza exploracións con Ernst Haeckel (1834-1919).[1]

Conságrase ó estudo da embrioloxía vexetal, facendo observacións novidosas sobre a embrioloxía das ximnospermas. A súa obra sobre a citoloxía vexetal é igualmente pioneira.

Xunto a Walther Flemming, e Edouard van Beneden dilucida a distribución cromosómica durante a división celular. O seu estudo sobre o movemento do zume das plantas polo xilema e polo floema probou que o proceso era físico e non fisiolóxico.

Strasburger é designado membro estranxeiro da Royal Society o 26 de novembro de 1891, recibindo a Medalla Linneana en 1905, e a Medalla Darwin-Wallace en 1908.

  • Über Zellbildung und Zellteilung, 1875
  • Die Angiospermen und die Gymnospermen, 1879
  • Chromosomenzahlen, Plasmastrukturen, Verebungsträger und Reduktionstellung, 1909

Foi membro fundador do grupo que redactou a famosa obra Lehrbuch der Botanik de 1894, que dende aquela vén sendo traducido, reimprimido e reeditado, para ser utilizado como libro de texto por estudantes de botánica en todo o mundo.

  1. cf. Kaoru Harada (2001). Pilgrimage through the History of German Natural Science, University City Bonn, Viva Origino, 29 : 143-154. ISSN 0910-4003
  2. Adansonia 11: 372. 1876 (IK)