Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Enxiva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sección transversal dun dente:
A coroa; B raíz
1 esmalte, 2 dentina, 3 polpa, 4 enxiva, 5 tecido conectivo, 6 óso, 7 vaso sanguíneo, 8 nervio.

A enxiva (do latín gingīva) ou xenxiva[1] é unha mucosa formada por tecido conectivo denso cunha cuberta de epitelio escamoso queratinizado que cobre os procesos alveolares e rodea os dentes.[2]

A enxiva é contigua ao ligamento periodontal e, no seu exterior, aos tecidos mucosos da cavidade oral.

Ten polo xeral unha cor rosa pálida e, ao encontrarse adherida aos colos dos dentes (epitelio de unión) e inserida con fibras coláxenas (inserción conectiva), forma unha selaxe que protexe o óso e demais tecidos de soporte.

Segundo a zona onde se encontra, fálase de enxiva marxinal, enxiva inserida e enxiva alveolar.

A enxiva é un dos compoñentes do periodonto.

Estrutura e funcións

[editar | editar a fonte]
Diagrama do periodonto.
A, coroa do dente, cuberta por esmalte. B, raíz do dente, cuberta por cemento. C, óso alveolar. D, tecido conectivo subepitelial. E, epitelio oral. F, marxe xinxival libre. G, suco xinxival. H, pricipais fibras xinxivais. I, fibras da crista alveolar do ligamento periodontal (LPO). J, fibras horizontais do LPO. K, fibras oblicuas do LPO.
Xenxivas sas.

As enxivas son un tecido do interior da boca que cobre as mandíbulas, protexendo e axudando a suxeitar os dentes. Son visíbeis ao levantar os labios, e a súa coloración, se están sas, é entre rosácea e vermella pálida, cos dentes firmemente suxeitos.

A enxiva divídese en dúas rexións, a enxiva libre (marxinal) e a enxiva inserida. Estas dúas rexións combínanse para formaren a punta da enxiva, que se estende en sentido coronal entre os dentes, o que se coñece como papila interdentaria. Esta evita o impacto da comida na zona interproximal baixo a área de contacto dos dentes e o establecemento dunha irritación que podería finalmente orixinar algunha patoloxía periodontal.

Patoloxía das enxivas

[editar | editar a fonte]

Unha hixiene inadecuada ou insuficiente pode producir enfermedides peridontais, incluída a xingivite. Pode chegar a inflamarse debido a unha mala hixiene dentaria, podendo afectar o tecido xinxival e, nun caso máis severo, ao óso que sostén os dentes.

A inflamación da enxiva consta de tres etapas:

  1. Xingivite: nesta primeira etapa a inflamación prodúcese pola acumulación de placa. Porén, o dano é reversíbel, xa que o óso e o tecido conectivo aínda non foron afectados.
  2. Periodontite: é unha xinxivite avanzada, onde o óso e o tecido conectivo foron danados de forma irreversíbel.
  3. Periodontite avanzada: nesta etapa final, as fibras aparecen destruídas, ao igual que o óso que sostén os dentes, polo que se require un tratamento moito máis profundo realizado por un odontólogo (dentista).

Detección da enfermidade

[editar | editar a fonte]

Poden presentarse problemas na enxiva cando se observan algúns destes síntomas:

  • Arroibamento, inflamación ou sensibilidade.
  • Sangrado no cepillado.
  • Retracción das enxivas.
  • Halitose (mal alento).
  1. Enxiva. Dicionario de sinónimos do galego. Ilg.usc.gal.
  2. enxiva Arquivado 18 de novembro de 2013 en Wayback Machine. no dicionario da RAG.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]