Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Distrito Iganga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDistrito Iganga

EpónimoIganga (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 0°42′N 33°28′L / 0.7, 33.47
EstadoUganda
RexiónRegião Leste (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CapitalIganga (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua usadaLíngua lusoga (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Altitude1.138 m Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2UG-203 Editar o valor en Wikidata

Iganga District é un distrito da Rexión Leste de Uganda, nomeado así pola súa poboación capital, Iganga.

Limita co Distrito Kaliro polo norte, co Distrito Namutumba polo nordeste, co Distrito Bugiri polo leste, co Distrito Mayuge polo sur, co Distrito Jinja polo suroeste e co Distrito Luuka polo oeste.

O distrito atópase na zona sur do leste de Uganda, sobre uns 25 km ao norte do Lago Vitoria. Atópase a unha altitude de 1.138 m sobre o nivel do mar e xusto ao norte do Ecuador. Atópase partido pola principal estrada da África Oriental que vai desde Kenya até Kampala, a capital ugandesa, como tamén aos países da África Central de Ruanda, Burundi e a República Democrática do Congo. Forma parte da subrexión Busoga, lar duns dous millóns e medio de persoas.

Segundo o censo do ano 2002 tiña unha poboación estimada duns 335.500 habitantes.

A lingua tradicional de Busoga é o lusoga, amplamente usado, que é unha lingua bantú, próxima ao luganda, que é amplamente usado na Uganda Central e nos medios.

Economicamente, o distrito está marcado polo seu carácter rural, practicando a maioría dos habitante agricultura de subsistencia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]