Distrito Kalangala
Epónimo | Kalangala (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Uganda | ||||
Rexión | Região Central (pt) | ||||
Capital | Kalangala (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 36.661 (2002) (4,03 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 9.103 km² | ||||
Altitude | 1.240 m | ||||
ISO 3166-2 | UG-101 | ||||
Sitio web | kalangala.go.ug |
Kalangala é un distrito do sur da Rexión Central de Uganda. O distrito corresponde coas Illas Ssese do Lago Vitoria e non ten superficie na propia terra principal de Uganda. Como os demais distritos, é chamado así pola súa capital, Kalangala, que se atopa na Illa Bugala, a maior das Illas Ssese.
Limita cos distritos de Mpigi e Wakiso polo norte, co Distrito Mukono polo nordeste e leste, coa República de Tanzania polo sur, co Rakai polo suroeste, co Distrito Masaka polo oeste e co Distrito Kalungu polo noroeste.
Cobre unha área de 9066,8 km2, dos cales só 432,1 km2 (4.8%) son terra e o resto é auga. Componse de 84 illas esparexidas polo noroeste do Lago Vitoria, das cales se atopan habitadas 43. A maior das illas, Bugala, posúe unha área de 296 km2, o 68.5% do terreo do distrito.
O censo do 2002 estimaba a súa poboación en 34.800 habitantes.
Os tres piares da economía do distrito son a pesca, o turismo e a agricultura.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial
- About Kalangala District Arquivado 17 de xuño de 2015 en Wayback Machine.