Gunnar Nordahl
(década de 1950) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (sv) Nils Gunnar Nordahl 19 de outubro de 1921 Hörnefors, Suecia (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 15 de setembro de 1995 (73 anos) L'Alguer, Italia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 180 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 90 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1937 - 1958 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
football at the 1948 Summer Olympics – men's tournament (en) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fillos | Thomas Nordahl | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Knut Nordahl Bertil Nordahl | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Descrito pola fonte | Vem är det 1953 (en) , (sec:Nordahl, Nils Gunnar, p.773) Vem är det 1955 (en) , (sec:Nordahl, Nils Gunnar, p.684) Vem är det 1957 (en) , (sec:Nordahl, Nils Gunnar, p.711) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Gunnar Nordahl, nado en Hörnefors o 19 de outubro de 1921 e finado en Alguer (Italia) o 15 de setembro de 1995 foi un futbolista sueco, que xogaba na demarcación de dianteiro. Por moitos é considerado o mellor xogador sueco da historia[1]. Era o pai do tamén futbolista Thomas Nordahl.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou xogando en equipos menores de Suecia antes de fichar polo IFK Norrköping, co que gañou catro campionatos suecos e chegou a anotar sete goles nun so encontro.
O 22 de xaneiro de 1949 foi fichado polo AC Milan, onde tamén coincidiu durante un tempo cos seus compañeiros da selección Gunnar Gren e Nils Liedholm. Nas oito tempadas que militou no equipo italiano proclamouse cinco veces Capocannoniere (máximo anotador da Serie A). Foi capitán do equipo entre 1954 e 1956.
Unha vez que deixou o Milan fichou polo AS Roma, equipo no que se retirou en 1958, xogando a última tempada coma xogador-adestrador.
Coma xogador Nordahl mantén varios récords tanto a nivel do AC Milan, máximo anotador da historia do club, coma a nivel da Serie A, terceiro máximo goleador da historia da categoría so superado por Silvio Piola e Francesco Totti e por tanto máximo goleador non italiano, tamén mantén o récord da máis goles por tempada, con 35 tantos na tempada 1949/50
Coa selección de fútbol
[editar | editar a fonte]Debutou coa Selección de fútbol de Suecia en 1945, e tres anos despois proclamouse con ela campión olímpico nos Xogos de 1948, proclamandose tamén máximo anotador do campionato. En 1949 tivo que deixar a selección ao fichar polo AC Milan e ao impedir as normas dese momento que xogaran nela os futbolistas profesionais.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Co Degerfors IF:
- Máximo goleador de Suecia (1): 1943.
Co IFK Norrköping:
- Campión de Suecia (4): 1945, 1946, 1947 e 1948.
- Copa de Suecia (2)
- Máximo goleador de Suecia (3): 1945, 1946 e 1948.
Co AC Milan:
- Campión da Serie A (2): 1951 e 1955.
- Coppa Latina (2)
- Copa de Italia (4)
- Capocannoniere (5): 1950, 1951, 1953, 1954 e 1955.
Coa Selección de Suecia:
- Medalla de Ouro nos Xogos Olímpicos de 1948. Máximo goleador do campionato.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Gunnar Nordahl, el mejor jugador sueco de la historia", artigo de Julio Muñoz na web Colgados por el fútbol, 24 de agosto de 2013 (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Artigo na páxina web da FIFA Arquivado 01 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. (en castelán)
- Lista de xogadores suecos na Liga Italiana dende 1945 (en inglés)
- Goles de Nordahl coa Selección de Suecia (en inglés)
- Biografía (en castelán)
- Nados en Hörnefors
- Nados en 1921
- Finados en 1995
- Futbolistas olímpicos de Suecia
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Hörnefors IF
- Xogadores do Degerfors IF
- Xogadores do IFK Norrköping
- Xogadores do AC Milan
- Xogadores do AS Roma
- Xogadores da selección de fútbol de Suecia
- Adestradores de fútbol de Suecia
- Adestradores do AS Roma
- Adestradores do Karlstads BIK
- Adestradores do Degerfors IF
- Adestradores do IFK Norrköping
- Adestradores do IF Saab
- Adestradores do IK Sleipner
- Adestradores do Östers IF
- Adestradores do AIK Fotboll
- Medallistas olímpicos de ouro por Suecia
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1948
- Medallistas olímpicos en fútbol
- Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1948