Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Glutatión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Glutatión[1]
Identificadores
Abreviaturas GSH
Número CAS 70-18-8
PubChem 124886
ChemSpider 111188
UNII GAN16C9B8O
DrugBank DB00143
KEGG C00051
MeSH Glutathione
ChEBI CHEBI:60836
ChEMBL CHEMBL1543
Código ATC V03AB32
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C10H17N3O6S
Masa molar 307,32 g mol−1
Punto de fusión 195 °C; 383 °F; 468 K
Solubilidade en auga Libremente soluble[1]
Solubilidade en metanol, dietil éter Insoluble

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

O glutatión,[2] abreviado como GSH (forma reducida) ou GSSG (forma oxidada disulfuro), e ás veces escrito glutation é un tripéptido formado por glicina, cisteína e ácido glutámico (γ-L-glutamil-L-cisteinilglicina), que funciona nas células como antioxidante. Contén un enlace peptídico infrecuente entre o grupo α-amino da cisteína e o grupo carboxilo da cadea lateral do ácido glutámico (e non co seu grupo α-amino, que queda libre). Polo contrario, a unión da glicina coa cisteína é un enlace peptídico totalmente normal entre os grupos α-amino e α-carboxilo. É un antioxidante, que prevén danos en compoñentes importantes da célula causados polas especies reactivas do osíxeno, como radicais libres e peróxidos.[3]

A cisteína do glutatión contén un grupo tiol (-SH) moi reactivo. Os grupos tiol son axentes redutores. Nas células animais hepáticas o glutatión está presente en concentracións de aproximadamente 5 milimolar. O glutatión reduce as pontes disulfuro formadas nas proteínas citoplásmicas a cisteínas servindo como doante de electróns. No proceso o glutatión convértese na súa forma oxidada glutatión disulfuro (GSSG).

O glutatión atópase na célula case exclusivamente na súa forma reducida, xa que o encima que reduce a súa forma oxidada, a glutatión redutase, é constitutivamente activa e inducible en situación de estrés oxidativo. De feito, a proporción do glutatión reducido con respecto ao oxidado nas células úsase a miúdo como unha medida da toxicidade na célula.[4]

Biosíntese

[editar | editar a fonte]
O glutatión intervén no ciclo do gamma-glutamil, que participa no transporte de aminoácidos na célula [5].

O glutatión non é un nutriente esencial que só se poida obter dos alimentos, xa que pode sintetizarse no noso corpo a partir dos tres aminoácidos que o compoñen. O grupo sulfhidrilo ou tiol (-SH) da súa cisteína serve como doante de protóns e é o responsable da súa actividade biolóxica. A dispoñibilidade deste aminoácido é o factor limitante na síntese do glutatión nas células, porque a cisteína é relativamente rara nos alimentos. Ademais, cando se libera como un aminoácido libre, a cisteína é tóxica e catabolízase espontaneamente no tracto gastrointestinal e no plasma sanguíneo.[6]

O glutatión sintetízase en dous pasos dependentes do ATP:

A glutamato cisteína ligase (GCL) animal é un encima heterodímero composto por unha subunidade catalítica (GCLC) e outra moduladora (GCLM). A GCLC é responsable de toda a actividade encimática, mentres que a GCLM acrecenta a eficiencia catalítica do GCLC. Os ratos que carecen de GCLC (é dicir, carecen de síntese de novo de GSH) morren pouco despois do nacemento.[8] Os ratos que carecen de GCLM non mostran un fenotipo especial externamente apreciable, pero presentan un descenso acusado de GSH e un incremento da sensibilidade a tóxicos.[9][10][11]

Aínda que o glutatión pode sintetizarse en todas as células do corpo, a súa síntese no fígado é esencial. Os ratos con perda de GCLC xeneticamente inducida (é dicir, sen síntese de GSH) só no fígado morren no seu primeiro mes de vida.[12]

A glutamato cisteína ligase (GCL) das plantas é un encima heterodímero sensible aos cambios redox, moi conservado no reino das plantas.[13] Nun ambiente oxidante, fórmanse pontes disulfuro intermoleculares e o encima cambia ao seu estado dimérico activo. Ademais deste control dependente do estado redox nas plantas hai unha inhibición por retroalimentación por GSH do encima GCL.[14] A GCL está localizada exclusivamente nos plastos, e a glutatión sintetase aparece tanto en plastos coma no citosol, polo que o GSH e a gamma-glutamilcisteína son exportados desde os plastos ao citosol.[15] Ambos os encimas necesarios para a síntese do glutatión son esenciais nas plantas; a eliminación total da expresión xenética (knockout) da GCL e da glutatión sintetase son letais para o embrión e as plántulas que agroman.[16]

A ruta da biosíntese do glutatión atópase nalgunhas bacterias, como cianobacterias e proteobacterias, pero perdeuse en moitas outras bacterias. A maioría dos eucariotas sintetizan glutatión, incluíndo os humanos, pero non todos (non hai síntese en leguminosas, Entamoeba, e Giardia). As únicas arqueas que producen glutatión son as halobacterias.[17][18]

Funcións

[editar | editar a fonte]

O glutatión pode atoparse en estado reducido (GSH) ou oxidado (GSSG). En estado reducido, o grupo tiol da cisteína pode doar un equivalente de redución (H++ e-) a outras moléculas inestables, como as especies reactivas do osíxeno. Ao doar un electrón, o propio glutation se fai reactivo, pero reacciona case inmediatamente con outro glutation reactivo formando glutatión disulfuro (GSSG). Esta reacción é posible debido á concentración relativamente alta de glutation nas células (ata 5 mM no fígado). O GSH pode rexenerarse a partir do GSSG por acción da glutatión redutase.

Nas células e tecidos sans, máis do 90% do total do glutatión está na forma reducida GSH e menos do 10% está en forma de disulfuro (GSSG). Un incremento da proporción de GSSG con respecto ao GSH considérase indicativa dun estrés oxidativo.

O glutatión ten múltiples funcións:

Funcións nos animais

[editar | editar a fonte]

O GSH funciona como substrato tanto en reaccións de conxugación (con substancias normalmente alleas ao organismo, como drogas ou velenos) coma reaccións redox, catalizadas polos encimas glutatión S-transferases no citosol, microsomas, e mitocondrias. Pero pode participar tamén en conxugacións non encimáticas con diversas substancias.

O glutatión é un antídoto esencial para superar a sobredose de N-acetil-p-benzoquinona imina (NAPQI), un actvo metabolito reactivo co citocromo P450 formado polo paracetamol, que é tóxico cando diminúe o GSH na célula por causa de sobredose de pracetamol. O glutatión conxúgase coa NAPQI e axuda a detoxificalo. Grazas a esta capacidade protexe os grupos tiol das proteínas celulares, que doutro modo serían modificados covalentemente; cando se consome todo o GSH, a NAPQI empeza a reaccionar coas proteínas celulares, orixinando a morte celular. O tratamento habitual para unha sobredose deste analxésico é a administración (xeralmente en forma nebulizada) de N-acetil-L-cisteína (hai varios preparados comerciais [1]), que é procesada polas células a L-cisteína e utilizada na síntese de novo de GSH.

O glutatión (GSH) participa na síntese de leucotrienos e é un cofactor do encima glutatión peroxidase. Tamén é importante como molécula hidrofílica que se engade no fígado a toxinas lipófilas e residuos durante as biotransformacións antes de que esas substancias pasen a formar parte da bile. O glutatión necesítase tamén para a detoxificación do metilglioxal, unha toxina producida como un subproduto do metabolismo.

Esta reacción de detoxificación lévaa a cabo o sistema da glioxalase. A glioxalase I (EC 4.4.1.5)Arquivado 16 de maio de 2011 en Wayback Machine. cataliza a conversión do metilglioxal e do glutatión reducido a S-D-lactoíl-glutatión. A Glioxalase II (EC 3.1.2.6)Arquivado 16 de maio de 2011 en Wayback Machine. cataliza a hidrólise do S-D-lactoíl-glutatión a glutatión ed ácido D-láctico.

O glutatión utilizouse recentemente como inhibidor da melanina na industria cosmética. En países como o Xapón e Filipinas, este produto véndese como xabón blanqueante. O glutatión inhibe competitivamente a síntese de melanina na reacción entre a tirosinase e a L-DOPA ao interromper a capacidade da L-DOPA de unirse á tirosinase durante a síntese de melanina. A inhibición da síntese de melanina pode reverterse incrementando a concentración de L-DOPA, pero non incrementando a de tirosinase. Aínda que a melanina sintetizada é agregada en aproximadamente unha hora, a agregación é inhibida pola adición de glutatión. Estes resultados indican que o glutation inhibe a síntese e aglutinación da melanina ao interferir na función da L-DOPA.[21]

Funcións nas plantas

[editar | editar a fonte]

Nas plantas, o glutatión é crucial para controlar o estrés biótico e abiótico. É un compoñente esencial do ciclo do glutatión-ascorbato, un sistema que reduce o velenoso peróxido de hidróxeno.[22] É o precursor das fitoquelatinas, que son oligómeros de glutatión que quelan metais pesados como o cadmio.[23] O glutatión requírese para unha defensa eficiente contra patóxenos das plantas como a bacteria Pseudomonas syringae ou o oomiceto Phytophthora brassicae.[24] O encima APS redutase, que intervén na asimilación do xofre, usa o glutatión como doante de electróns. Outros encimas que utilizan o glutatión como substrato son as glutarredoxinas; estas pequenas oxidorredutases están implicadas no desenvolvemento das flores, e a sinalización por ácido salicílico (fitohormona) para a defensa da planta.[25]

Suplementación

[editar | editar a fonte]

Non é doado conseguir elevar os niveis de GSH nas células cunha suplementación de glutatión. As investigacións realizadas suxiren que o glutatión inxerido non se absorbe ben no tracto gastrointestinal. Nun estudo sobre a administración oral intensa a grandes doses (3 gramos) de glutatión oral, Witschi e colaboradores concluíron que "non é posible incrementar o glutatión circulante ata un grao clinicamente beneficioso por medio da administración oral dunha soa dose de 3 g de glutatión."[26][27]

O metabolito activo da vitamina D sintetizado nos riles calcitriol incrementa os niveis de glutatión no cerebro e parece ser un catalizador da produción de glutatión.[28]

Ademais, as concentracións plasmáticas e hepáticas de GSH poden elevarse pola administración de certos suplementos que serven como precursores do GSH. A N-acetilcisteína (NAC) é o precursor máis biodispoñible do glutatión.[29] Outros suplementos, como S-adenosilmetionina (SAMe)[30][31][32] e a proteína do soro lácteo[33][34][35][36][37][38] tamén incrementan o contido de glutatión na célula.

A N-acetilcisteína está dispoñible como fármaco ou coma un suplemento xenérico. Outra substancia que tamén restaura ou niveis intracelulares de glutatión é o ácido alfa lipoico.[39][40] A melatonina pode estimular un encima relacionado, a glutatión peroxidase,[41] e o silymarin, un extracto de sementes do cardo Silybum marianum, tamén mostrou unha capacidade de repoñer os niveis de glutatión.[42][43]

O glutatión é un compoñente intracelular estritamente regulado, e a súa produción está limitada por unha inhibición por retroalimentación da súa síntese no encima gamma-glutamilcisteína sintetase, o que minimiza enormemente a posibilidade de sobredoses. O aumento do glutatión utilizando presursores da síntese do glutatión ou glutatión intravenoso é unha estratexia empregada para facer fronte ás deficiencias de gluttión, alto estrés oxidativo, deficiencias inmunitarias, e sobrecargas de substancias xenobióticas (alleas ao corpo) nas que o glutatión xoga un papel na súa detoxificación (especialmente por vía hepática). Os estados de deficiencia de glutatión inclúen entre outros o VIH/SIDA, hepatites infecciosas e químicas, síndrome de fatiga crónica e encefalomielite miálxica (ME/CFS),[44][45][46] cáncer de próstata e outros, cataratas, enfermidade de Alzheimer, enfermidade de Parkinson, enfermidade pulmonar obstrutiva crónica, asma, envelenamento radioactivo, estados de malnutrición, estrés físico intenso, e o envellecemento, e foi asociado con respostas inmunitarias por debaixo do nivel normal. Moitas patoloxías clínicas están asociadas co estrés oxidativo e detállanse en moitas referencias médicas.[6][47][48]

Os niveis baixos de glutatión están tamén moi implicados na perda e balance negativo do nitróxeno,[49] que se observa no cáncer, SIDA, sepse, trauma, queimaduras graves e mesmo no excesivo treinamento atlético. A suplementación con glutatión pode opoñerse a estes procesos, e na SIDA, por exemplo, mellora as taxas de supervivencia.[50] Porén, os estudos de moitas desas situacións e cadros non puideron diferenciar entre os niveis baixos de glutatión resultado de niveis de estrés oxidativo incrementados de forma aguda (como nos pacientes con sepse) ou crónica (como na SIDA), e o aumento da patoloxía como resultado de deficiencias preexistentes.

A esquizofrenia e os trastornos bipolares están tamén asociados con niveis baixos de glutatión. Os datos obtidos suxiren que o estrés oxidativo pode ser un factor que subxace na fisiopatoloxía do trastorno bipolar, depresións graves, e esquizofrenia. O glutatión é o principal eliminador dos radicais libres no cerebro.[51]

Os resultados preliminares de certos estudos indican que o glutatión cambia o nivel de especies reactivas do osíxeno en células illadas cultivadas en laboratorio,[52][53] o que pode reducir o desenvolvemento dos cánceres.[54] [55] Pero ningún destes estudos se realizou en humanos.

Porén, non está claro que sexa beneficioso cando o cáncer está xa desenvolvido, xa que podería protexer as células cancerosas das drogas da quimioterapia en diversos tipos de cáncer, como mostran diversos estudos.[56]

Patoloxía

[editar | editar a fonte]

O exceso de glutamato nas sinapses, que pode ser liberado en condicións como os traumatismos cranioencefálicos, pode impedir a absorción de cisteína, un dos compoñentes do glutatión. Sen a protección contra os danos oxidativos que fornece o glutatión, as células poden quedar danadas ou morreren.[57]

Métodos para determinar o glutatión

[editar | editar a fonte]

O glutatión reducido presente nunha mostra pode visualizarse utilizando o reactivo de Ellman ou derivados do bimano como monobromobimano. O método do monobromobimano é o máis sensible. Neste procedemento, as células son lisadas e extráense os tioles con HCl tampón. Os tioles son despois reducidos con ditiotreitol (DTT) e marcados con monobromobimano. O monobromobimano faise fluorescente ao unirse ao GSH. Os tioles sepáranse despois por cromatografía líquida de alta resolución e a fluorescencia cuantifícase cun detector de fluorescencia. O bimano pode tamén utilizarse para cuantificar o glutatión in vivo. A cuantificación faise por microscopía de varrido láser confocal despois da aplicación de colorantes ás células vivas.[58] Outra aproximación, que permite medir o potencial redox do glutatión a unha resulción moi alta espacial e temporal nas células vivas está baseado en imaxes redox obtidas usando a proteína fluorescente verde sensible ao estado redox (roGFP)[59] ou a proteína fluorescente amarela sensible ao estado redox (rxYFP) [60]

  1. 1,0 1,1 Merck Index, 11th Edition, 4369
  2. Coordinadores: Jaime Gómez Márquez, Ana Mª Viñas Díaz e Manuel González González. Redactores: David Villar Docampo e Luís Vale Ferreira. Revisores lingüísticos: Víctor Fresco e Mª Liliana Martínez Calvo. (2010). Dicionario de bioloxía galego-castelán-inglés. (PDF). Xunta de Galicia. p. 89. ISBN 978-84-453-4973-1. 
  3. Pompella, A; Visvikis, A; Paolicchi, A; De Tata, V; Casini, AF (2003). "The changing faces of glutathione, a cellular protagonist". Biochemical Pharmacology 66 (8): 1499–503. PMID 14555227. doi:10.1016/S0006-2952(03)00504-5. 
  4. Pastore, Anna; Piemonte, Fiorella; Locatelli, Mattia; Russo, Anna Lo; Gaeta, Laura Maria; Tozzi, Giulia; Federici, Giorgio (2003). "Determination of blood total, reduced, and oxidized glutathione in pediatric subjects". Clinical Chemistry 47 (8): 1467–9. PMID 11468240. 
  5. M. Orlowski, A. Meister The gamma-glutamyl cycle
  6. 6,0 6,1 6,2 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2010. Consultado o 21 de outubro de 2011. 
  7. http://www.sciencedirect.com/science/article/pii/S000326970300143X
  8. Dalton, T; Dieter, MZ; Yang, Y; Shertzer, HG; Nebert, DW (2000). "Knockout of the Mouse Glutamate Cysteine Ligase Catalytic Subunit (Gclc) Gene: Embryonic Lethal When Homozygous, and Proposed Model for Moderate Glutathione Deficiency When Heterozygous". Biochemical and Biophysical Research Communications 279 (2): 324–9. PMID 11118286. doi:10.1006/bbrc.2000.3930. 
  9. Yang, Y.; Dieter, MZ; Chen, Y; Shertzer, HG; Nebert, DW; Dalton, TP (2002). "Initial characterization of the glutamate-cysteine ligase modifier subunit Gclm(-/-) knockout mouse. Novel model system for a severely compromised oxidative stress response". Journal of Biological Chemistry 277 (51): 49446–52. PMID 12384496. doi:10.1074/jbc.M209372200. 
  10. Giordano, G; Afsharinejad, Z; Guizzetti, M; Vitalone, A; Kavanagh, T; Costa, L (2007). "Organophosphorus insecticides chlorpyrifos and diazinon and oxidative stress in neuronal cells in a genetic model of glutathione deficiency". Toxicology and Applied Pharmacology 219 (2–3): 181–9. PMID 17084875. doi:10.1016/j.taap.2006.09.016. 
  11. McConnachie, L. A.; Mohar, I.; Hudson, F. N.; Ware, C. B.; Ladiges, W. C.; Fernandez, C.; Chatterton-Kirchmeier, S.; White, C. C.; Pierce, R. H. (2007). "Glutamate Cysteine Ligase Modifier Subunit Deficiency and Gender as Determinants of Acetaminophen-Induced Hepatotoxicity in Mice". Toxicological Sciences 99 (2): 628–36. PMID 17584759. doi:10.1093/toxsci/kfm165. 
  12. Chen, Ying; Yang, Yi; Miller, Marian L.; Shen, Dongxiao; Shertzer, Howard G.; Stringer, Keith F.; Wang, Bin; Schneider, Scott N.; Nebert, Daniel W. (2007). "Hepatocyte-specificGclcdeletion leads to rapid onset of steatosis with mitochondrial injury and liver failure". Hepatology 45 (5): 1118–28. PMID 17464988. doi:10.1002/hep.21635. 
  13. Hothorn, M.; Wachter, A; Gromes, R; Stuwe, T; Rausch, T; Scheffzek, K (2006). "Structural Basis for the Redox Control of Plant Glutamate Cysteine Ligase". Journal of Biological Chemistry 281 (37): 27557–65. PMID 16766527. doi:10.1074/jbc.M602770200. 
  14. Hicks, L. M.; Cahoon, R. E.; Bonner, E. R.; Rivard, R. S.; Sheffield, J.; Jez, J. M. (2007). "Thiol-Based Regulation of Redox-Active Glutamate-Cysteine Ligase from Arabidopsis thaliana". The Plant Cell Online 19 (8): 2653–61. PMC 2002632. PMID 17766407. doi:10.1105/tpc.107.052597. 
  15. Wachter, Andreas; Wolf, Sebastian; Steininger, Heike; Bogs, Jochen; Rausch, Thomas (2004). "Differential targeting of GSH1 and GSH2 is achieved by multiple transcription initiation: implications for the compartmentation of glutathione biosynthesis in the Brassicaceae". The Plant Journal 41 (1): 15–30. PMID 15610346. doi:10.1111/j.1365-313X.2004.02269.x. 
  16. Pasternak, Maciej; Lim, Benson; Wirtz, Markus; Hell, RüDiger; Cobbett, Christopher S.; Meyer, Andreas J. (2007). "Restricting glutathione biosynthesis to the cytosol is sufficient for normal plant development". The Plant Journal 53 (6): 999–1012. PMID 18088327. doi:10.1111/j.1365-313X.2007.03389.x. 
  17. Copley, Shelley D; Dhillon, Jasvinder K (2002). "Lateral gene transfer and parallel evolution in the history of glutathione biosynthesis genes". Genome Biology 3 (5). doi:10.1186/gb-2002-3-5-research0025. 
  18. Grill D, Tausz T, De Kok LJ (2001). Significance of glutathione in plant adaptation to the environment. Springer. ISBN 1402001789. 
  19. Scholz RW. Graham KS. Gumpricht E. Reddy CC. Mechanism of interaction of vitamin E and glutathione in the protection against membrane lipid peroxidation. Ann NY Acad Sci 1989:570:514-7. Hughes RE. Reduction of dehydroascorbic acid by animal tissues.Nature 1964:203:1068-9.
  20. Clementi, Emilio; Brown, Guy Charles; Feelisch, Martin; Moncada, Salvador; Bugg, S; O'Connell, MJ; Goldsbrough, PB; Cobbett, CS (1999). "Phytochelatin synthase genes from Arabidopsis and the yeast Schizosaccharomyces pombe". The Plant cell 11 (6): 1153–64. JSTOR 3870806. PMC 144235. PMID 10368185. doi:10.1105/tpc.11.6.1153. 
  21. Matsuki, Mitsuo; Watanabe, Toshihiko; Ogasawara, Ayako; Mikami, Takeshi; Matsumoto, Tatsuji (2008). "Inhibitory Mechanism of Melanin Synthesis by Glutathione". Yakugaku Zasshi 128 (8): 1203–7. PMID 18670186. doi:10.1248/yakushi.128.1203. 
  22. Noctor, Graham; Foyer, Christine H. (1998). "ASCORBATE AND GLUTATHIONE: Keeping Active Oxygen Under Control". Annual Review of Plant Physiology and Plant Molecular Biology 49: 249–279. PMID 15012235. doi:10.1146/annurev.arplant.49.1.249. 
  23. Ha, S.-B.; Smith, AP; Howden, R; Dietrich, WM; Bugg, S; O'Connell, MJ; Goldsbrough, PB; Cobbett, CS (1999). "Phytochelatin Synthase Genes from Arabidopsis and the Yeast Schizosaccharomyces pombe". The Plant Cell Online 11 (6): 1153–64. PMC 144235. PMID 10368185. doi:10.1105/tpc.11.6.1153. 
  24. Parisy, Vincent; Poinssot, Benoit; Owsianowski, Lucas; Buchala, Antony; Glazebrook, Jane; Mauch, Felix (2006). "Identification of PAD2 as a γ-glutamylcysteine synthetase highlights the importance of glutathione in disease resistance of Arabidopsis". The Plant Journal 49 (1): 159–72. PMID 17144898. doi:10.1111/j.1365-313X.2006.02938.x. 
  25. Rouhier, Nicolas; Lemaire, StéPhane D.; Jacquot, Jean-Pierre (2008). "The Role of Glutathione in Photosynthetic Organisms: Emerging Functions for Glutaredoxins and Glutathionylation". Annual Review of Plant Biology 59: 143–66. PMID 18444899. doi:10.1146/annurev.arplant.59.032607.092811. 
  26. Witschi, A.; Reddy, S.; Stofer, B.; Lauterburg, B. H. (1992). "The systemic availability of oral glutathione". European Journal of Clinical Pharmacology 43 (6): 667–9. PMID 1362956. doi:10.1007/BF02284971. 
  27. "AIDS Line Update". Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2007. Consultado o 21 de outubro de 2011. 
  28. Garcion, E; Wionbarbot, N; Monteromenei, C; Berger, F; Wion, D (2002). "New clues about vitamin D functions in the nervous system". Trends in Endocrinology and Metabolism 13 (3): 100–5. PMID 11893522. doi:10.1016/S1043-2760(01)00547-1. 
  29. Gross, Clark L.; Innace, Joy K.; Hovatter, Renee C.; Meier, Henry L.; Smith, William J. (1993). "Biochemical manipulation of intracellular glutathione levels influences cytotoxicity to isolated human lymphocytes by sulfur mustard". Cell Biology and Toxicology 9 (3): 259–67. PMID 8299004. doi:10.1007/BF00755604. 
  30. Lieber, Charles S. (2002). "S-adenosyl-L-methionine: its role in the treatment of liver disorders". The American journal of clinical nutrition 76 (5): 1183S–7S. PMID 12418503. 
  31. Vendemiale, G.; Altomare, E.; Trizio, T.; Le Grazie, C.; Di Padova, C.; Salerno, M. T.; Carrieri, V.; Albano, O. (1989). "Effects of Oral S-Adenosyl-l-Methionine on Hepatic Glutathione in Patients with Liver Disease". Scandinavian Journal of Gastroenterology 24 (4): 407–15. PMID 2781235. doi:10.3109/00365528909093067. 
  32. Loguercio, C; Nardi, G; Argenzio, F; Aurilio, C; Petrone, E; Grella, A; Del Vecchio Blanco, C; Coltorti, M (1994). "Effect of S-adenosyl-L-methionine administration on red blood cell cysteine and glutathione levels in alcoholic patients with and without liver disease". Alcohol and alcoholism (Oxford, Oxfordshire) 29 (5): 597–604. PMID 7811344. 
  33. Micke, P.; Beeh, K. M.; Schlaak, J. F.; Buhl, R. (2001). "Oral supplementation with whey proteins increases plasma glutathione levels of HIV-infected patients". European Journal of Clinical Investigation 31 (2): 171–8. PMID 11168457. doi:10.1046/j.1365-2362.2001.00781.x. 
  34. Moreno, Y. F.; Sgarbieri, VC; Da Silva, MN; Toro, AA; Vilela, MM (2006). "Features of Whey Protein Concentrate Supplementation in Children with Rapidly Progressive HIV Infection". Journal of Tropical Pediatrics 52 (1): 34–8. PMID 16014759. doi:10.1093/tropej/fmi074. 
  35. Grey, V; Mohammed, SR; Smountas, AA; Bahlool, R; Lands, LC (2003). "Improved glutathione status in young adult patients with cystic fibrosis supplemented with whey protein". Journal of Cystic Fibrosis 2 (4): 195–8. PMID 15463873. doi:10.1016/S1569-1993(03)00097-3. 
  36. Micke, P.; Beeh, K. M.; Buhl, R. (2002). "Effects of long-term supplementation with whey proteins on plasma glutathione levels of HIV-infected patients". European Journal of Nutrition 41 (1): 12–8. PMID 11990003. doi:10.1007/s003940200001. 
  37. Bounous, G; Baruchel, S; Falutz, J; Gold, P (1993). "Whey proteins as a food supplement in HIV-seropositive individuals". Clinical and investigative medicine. Medecine clinique et experimentale 16 (3): 204–9. PMID 8365048. 
  38. Bounous, G; Gold, P (1991). "The biological activity of undenatured dietary whey proteins: role of glutathione". Clinical and investigative medicine. Medecine clinique et experimentale 14 (4): 296–309. PMID 1782728. 
  39. Shay, Kate Petersen; Moreau, Régis F.; Smith, Eric J.; Smith, Anthony R.; Hagen, Tory M. (2009). "Alpha-lipoic acid as a dietary supplement: Molecular mechanisms and therapeutic potential". Biochimica et Biophysica Acta (BBA) - General Subjects 1790 (10): 1149–60. PMC 2756298. PMID 19664690. doi:10.1016/j.bbagen.2009.07.026. 
  40. Busse, E; Zimmer, G; Schopohl, B; Kornhuber, B (1992). "Influence of alpha-lipoic acid on intracellular glutathione in vitro and in vivo". Arzneimittel-Forschung 42 (6): 829–31. PMID 1418040. 
  41. Barlowwalden, L; Reiter, R; Abe, M; Pablos, M; Menendezpelaez, A; Chen, L; Poeggeler, B (1995). "Melatonin stimulates brain glutathione peroxidase activity". Neurochemistry International 26 (5): 497–502. PMID 7492947. doi:10.1016/0197-0186(94)00154-M. 
  42. Nencini, C; Giorgi, G; Micheli, L (2007). "Protective effect of silymarin on oxidative stress in rat brain". Phytomedicine 14 (2–3): 129–35. PMID 16638633. doi:10.1016/j.phymed.2006.02.005. 
  43. Valenzuela, Alfonso; Aspillaga, MóNica; Vial, Soledad; Guerra, Ricardo (2007). "Selectivity of Silymarin on the Increase of the Glutathione Content in Different Tissues of the Rat". Planta Medica 55 (5): 420–2. PMID 2813578. doi:10.1055/s-2006-962056. 
  44. Enlander, Derek (2002). "CFS Treatment using Glutathione in Immunoprop". The CFS HandBook: 58–62. 
  45. Bounous, G; Molson, J (1999). "Competition for glutathione precursors between the immune system and the skeletal muscle: Pathogenesis of chronic fatigue syndrome". Med Hypotheses. 53(4) (oct): 347–9. 
  46. Richards, RS; Roberts, TK (2000). "Blood parameters indicative of oxidative stress are associated with symptom expression in chronic fatigue syndrome". Redox Rep. 1 (5): 35–41. 
  47. Glutathione: Information for Physicians: http://www.nutritionadvisor.com/glutathione.html Arquivado 28 de abril de 2007 en Wayback Machine.
  48. Benefits of Glutathione Enhancement in Disease or Stress: Pulmonary Disease http://www.fda.gov/ohrms/dockets/ac/00/slides/3652s1_05/tsld018.htm
  49. Dröge, Wulf; Holm, Eggert (1997). "Role of cysteine and glutathione in HIV infection and other diseases associated with muscle wasting and immunological dysfunction". The FASEB journal : official publication of the Federation of American Societies for Experimental Biology 11 (13): 1077–89. PMID 9367343. 
  50. Herzenberg, L. A.; De Rosa, SC; Dubs, JG; Roederer, M; Anderson, MT; Ela, SW; Deresinski, SC; Herzenberg, LA (1997). "Glutathione deficiency is associated with impaired survival in HIV disease". Proceedings of the National Academy of Sciences 94 (5): 1967–72. PMC 20026. PMID 9050888. doi:10.1073/pnas.94.5.1967. 
  51. Gawryluk, JW; Wang, JF; Andreazza, AC; Shao, L; Young, LT (2011). "Decreased levels of glutathione, the major brain antioxidant, in post-mortem prefrontal cortex from patients with psychiatric disorders". The international journal of neuropsychopharmacology / official scientific journal of the Collegium Internationale Neuropsychopharmacologicum (CINP) 14 (1): 123–30. PMID 20633320. doi:10.1017/S1461145710000805. 
  52. Park (2009). "The effects of N-acetyl cysteine, buthionine sulfoximine, diethyldithiocarbamate or 3-amino-1,2,4-triazole on antimycin A-treated Calu-6 lung cells in relation to cell growth, reactive oxygen species and glutathione". Oncology Reports: 385–91. doi:10.3892/or_00000449. 
  53. Chow, H.-H. S.; Hakim, I. A.; Vining, D. R.; Crowell, J. A.; Tome, M. E.; Ranger-Moore, J.; Cordova, C. A.; Mikhael, D. M.; Briehl, M. M. (2007). "Modulation of Human Glutathione S-Transferases by Polyphenon E Intervention". Cancer Epidemiology Biomarkers & Prevention 16 (8): 1662–6. doi:10.1158/1055-9965.EPI-06-0830. 
  54. WebMD: Whey Protein May Prevent Prostate Cancer
  55. "Glutathione Information on MedicineNet.com (a WebMD feature)". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2011. Consultado o 21 de outubro de 2011. 
  56. Balendiran, Ganesaratnam K.; Dabur, Rajesh; Fraser, Deborah (2004). "The role of glutathione in cancer". Cell Biochemistry and Function 22 (6): 343–52. PMID 15386533. doi:10.1002/cbf.1149. 
  57. Pereira, C; Oliveira, CR (2000). "Oxidative glutamate toxicity involves mitochondrial dysfunction and perturbation of intracellular Ca2+ homeostasis". Neuroscience Research 37 (3): 227–36. PMID 10940457. doi:10.1016/S0168-0102(00)00124-3. 
  58. Meyer, Andreas J.; May, Mike J.; Fricker, Mark (2001). "Quantitative in vivo measurement of glutathione in Arabidopsis cells". The Plant Journal 27 (1): 67–78. PMID 11489184. doi:10.1046/j.1365-313x.2001.01071.x. 
  59. Meyer, Andreas J.; Brach, Thorsten; Marty, Laurent; Kreye, Susanne; Rouhier, Nicolas; Jacquot, Jean-Pierre; Hell, RüDiger (2007). "Redox-sensitive GFP inArabidopsis thalianais a quantitative biosensor for the redox potential of the cellular glutathione redox buffer". The Plant Journal 52 (5): 973–86. PMID 17892447. doi:10.1111/j.1365-313X.2007.03280.x. 
  60. Maulucci, Giuseppe; Labate, Valentina; Mele, Marina; Panieri, Emiliano; Arcovito, Giuseppe; Galeotti, Tommaso; Østergaard, H; Winther, JR; De Spirito, Marco (2008). "High-resolution imaging of redox signaling in live cells through an oxidation-sensitive yellow fluorescent protein". Science Signaling 1 (43): pl3. PMID 18957692. doi:10.1126/scisignal.143pl3. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]