Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Galería de arte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Galería de arte
Vista interior dunha galería
TipoEmpresa cultural
PropósitoExposición e venda de obras de arte
Campo de traballoArte
Na rede
BNE: XX527515
editar datos en Wikidata ]

A galería de arte[1] é un espazo arquitectónico que exhibe e comercializa obras de arte. Os espazos defínense para proporcionar seguridade e unha correcta apreciación dos obxectos expostos, tendo en conta a posición, a iluminación e a posibilidade de distancia e movemento do espectador. Estes espazos están destinados á pintura, escultura, instalacións e todas as formas de expresión das artes plásticas.

Relación cos museos

[editar | editar a fonte]
National Gallery of Art, en Washington D.C.

As galerías de arte poden formar parte dos museos de arte como un dos seus equipamentos ou departamentos, e ademais, con independencia das institucións, poden constituírse como establecementos privados de venda de obras e, neste caso, moitas veces poden non ter colección permanente propia. Porén, seguindo unha vella tradición, moitos museos de arte tamén se chaman galerías, como a Gemäldegalerie en Alemaña e a National Gallery en Londres, Inglaterra, ou Edimburgo, Escocia.[2]

Notas

  1. "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2023-08-23. 
  2. "National Galleries of Scotland". www.nationalgalleries.org (en inglés). Consultado o 2023-08-23. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.