Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Cóclea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Posición da cóclea dentro do oído interno

A cóclea é un conduto en espiral situado no oído interno dos mamíferos. Na súa estrutura atópase o órgano de Corti, que contén os terminais nerviosos que permiten a audición.

Estrutura

[editar | editar a fonte]

A cóclea fórmana tres cámaras lonxitudinais, a scala vestibuli e a scala tympani conteñen perilinfa e a scala media contén endolinfa. A helicotrema é o lugar onde conflúen a scala tympani e a scala vestibuli e a membrana de Reissner separa a scala vestibuli da scala media; na membrana basilar, que separa a scala media da scala tympani, é onde descansa o órgano de Corti, coas células ciliadas (que son os receptores auditivos).