Bretwalda
Bretwalda (brytenwalda, bretenanwealda) é un termo anglosaxón, utilizado en tempos da Britania posromana e designaba un rei que detentaba unha supremacía temporal sobre os restantes.
Orixe do título
[editar | editar a fonte]Os pobos anglosaxóns que invadiron Britania no século V non tiñan unidade política centralizada ningunha, senón que estaban divididos en tribos, moitas veces enfrontadas entre si. A necesidade de formar unha fronte común contra a resistencia dos britanos obrigou a conformar alianzas temporais entre eles, e é nese contexto que se deu o título de bretwalda -como indicador de supremacía- aos xefes ou reis escollidos polos restantes para exercer o mando supremo temporal.
Ese foi o título de Aethelberht, rei de Kent (594), dos reis de Northumbria Edwin (623), Oswald (634) e Oswiu (643), e do rei Penda de Mercia (626), entre outros xefes anglosaxóns.
A palabra bretwalda significa en realidade “líder britano”, polo que probabelmente o concepto mesmo, a institución e a dignidade que leva, fosen copiados dese pobo polos conquistadores.
É no período da Heptarquía Anglosaxoa (475-827), onde crece o uso do título[1]. O dominio do bretwalda non supuña formalmente a supremacía dun reino sobre os restantes, senón a dun rei sobre os seus veciños, sobre os seus pares, quen lle pagaban tributo e debían responder á súa convocatoria ás armas. O lazo, xa que logo, era persoal e rompía á morte do bretwalda. A elección dun xefe determinado para o posto no entanto adoitaba implicar o recoñecemento (e lexitimación) dun poder maior polo que indirectamente implicaba reflectir a hexemonía dun reino sobre outros nese contexto histórico determinado.
Lista de Bretwaldas
[editar | editar a fonte]Segundo Beda (Historia ecclesiastica gentis Anglorum) e a Crónica Anglosaxoa
[editar | editar a fonte]- Ælle de Sussex (488–c.514).
- Ceawlin de Wessex (560–91, morto en 593).
- Æthelberht de Reino de Kent (591–616).
- Rædwald de Reino de Anglia Oriental (616–27).
- Edwin de Northumbria (627–32).
- Oswald de Bernicia (633–41).
- Oswiu de Northumbria (641–58, morto en 670).
Señores de Mercia
[editar | editar a fonte]- Wulfhere de Mercia (658-675).
- Æthelred de Mercia (675-704, morto en 716).
- Coenred de Mercia (704-709).
- Ceolred de Mercia (709-716).
- Ceolwald de Mercia (716).
- Aethelbald de Mercia (716-757, proclamado Rei de Britania 746).
- Beornrad de Mercia (757).
- Offa de Mercia (757-796, proclamado Rei dos Anglos 774).
- Ecgfrith de Mercia (796).
- Cœnwulf de Mercia (796-821, proclamado Emperador).
- Ceolwulf de Mercia (821-823).
- Beornwulf de Mercia (823-826).
- Ludeca de Mercia (826-827).
- Wiglaf de Mercia (827-829, morto en 840).
Listados só pola Crónica anglosaxoa
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ É o nome dado ao conxunto de sete reinos establecidos polos pobos
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Beda O Venerable, Historia ecclesiastica gentis Anglorum, Ed. J. E. King, Londres, 1962
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Heptarquía, en
- Cronoloxía dos reis de Kent, Wessex, Essex e Sussex en homar.org
- The earliest Anglo-Saxon chartersen trin.cam.ac.ukArquivado 20 de xuño de 2006 en Wayback Machine. (en inglés)