Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Bersebá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBersebá
באר שבע (he) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 31°15′08″N 34°47′12″L / 31.2522, 34.7867
EstadoIsrael
DistritoDistrito Sul (pt) Traducir
SubdistritoBeersheba Subdistrict (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación209.000 (2018) Editar o valor en Wikidata (1.778,72 hab./km²)
Xeografía
Superficie117,5 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude260 m Editar o valor en Wikidata
Creación1900 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataRuvik Danilovich (en) Traducir (2008–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal84*** Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Páxina webbeer-sheva.muni.il Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5746985

Bersebá[Cómpre referencia] ou Beerseba (en hebreo: בְּאֵר שֶׁבַע , Be'er Sheva, "Sete Pozos"; en grego: Βηρσαβεε; en latín: Bersabee; árabe: بئر السبع, Ar-Beersheva.oga Bi'r as-Sab' ; turco: Birüssebi) é a meirande cidade do deserto de Negev, no sur de Israel. É chamada a miúdo a "Capital de Negev", e é a sétima cidade máis poboada de Israel, cunha poboación de 205 588 habitantes no ano 2012, e a segunda máis grande en canto a área, cun total de 117 500 dunams (despois de Xerusalén).[1]

Bersebá creceu en importacia no século XIX, cando os turcos otománs construíron unha estación rexional de policía. A Batalla de Beersheba foi parte dunha ofensiva británica máis ampla no marco da primeira guerra mundial que quebrou a liña defensiva turca de Gaza a Beer-Seba. En 1947, Bir Seb'a (en árabe: بيئر شيبع), como era coñecida, foi concibida como parte do estado árabe no Plan de Partición das Nacións Unidas para a Palestina. Despois da declaración de independencia de Israel, o exército exipcio reuniu as súas forzas en Beersheba como unha base estratéxica e loxística. Na Batalla de Beersheba que comezou en outubro de 1948, foi conquistada polas Forzas de Defensa de Israel.[2]

Bersebá creceu considerablemente desde entón. Unha gran parte da poboación está composta por descendentes de xudeus sefardís e xudeus Mizrahi que emigraron de países árabes despois de 1948, así como as comunidades menores de Bene Israel e os xudeus Cochín da India. A segunda e terceira onda de emigración tiveron lugar a partir de 1990, traendo inmigrantes xudeus asquenací da antiga Unión Soviética, así como tamén inmigrantes Beta Israel de Etiopía. A cidade tornouse nun centro nacional de xadrez e lar de moitos campións de xadrez da antiga Unión Soviética, sendo a cidade con máis grandes mestres de xadrez de todo o mundo.[3]

É unha das cidades máis antigas do país, existente xa na época bíblica; preto atópase Tell Beerseba, un dos tres tells considerados en 2005 como Patrimonio da Humanidade pola Unesco como parte da denominación «Tells bíblicos - Magedo, Hazor e Bersebá».

Panorámica da cidade.

Bersebá era o centro da vida patriarcal. Este nome significa "pozo do xuramento", e se orixinou cun pacto entre Abraham e Abimeleque, rei de Xerar. Dous dos pozos nesa rexión son moi antigos, e acredítase que tiveran algunha ligazón cos patriarcas. Posiblemente estes foran os mesmos pozos que eles e os seus servos cavaran. Son de forma circular. O máis largo ten 3,8 metros de diámetro e aproximadamente 20 metros de profundidade.

Nunha das pedras labradas que revisten o pozo, en 1874, Condor encontrou unha data indicando que se fixeran unha repación alí no século 12 d.C. A antiga borda de pedra, profundamente gastada polas cordas usadas para tirar a auga durante séculos, foi substituída por un aparello máis novo, e un mecanismo máis moderno foi instalado para facer subir a auga. Con todo, moitas mandas de camelos, de gando e de ovellas matan a sede alí diariamente en bebedoiros de pedra labrada e cimentada.

Unha inundación en Bersebá.
Histograma onde é amosado as súas precipitacións e temperaturas medias de cada mes do ano.

Bersebá ten clima quente semi-árido (Clasificación climática de Köppen BSh) con influencia mediterránea.

Ó ser un clima mediterráneo e desértico, os veráns son quentes e secos, e os invernos son fríos e chuviosos. No verán, as temperaturas son elevadas durante o día e á noites cunha diferenza de temperaturas media alta de 32,3 °C e unha temperatura media baixa de 19,9 °C. No inverno, a temperatura é fría e o tempo está chuvioso, a neve é moi rara. Os invernos teñen unha temperatura alta media de 17,7 °C e as baixas dunha media de 8 °C. As precipitacións no verán son raras, a maioría das choivas veñen no inverno entre setembro a maio, pero a suma das precipitacións anuais son baixas, con media de 204,1 mm por ano. As tormentas de area e néboa son comúns, especialmente no inverno, como resultado da alta humidade.

Son habituais as chuvias torrenciais.

Lista de alcaldes

[editar | editar a fonte]
Primeiro alcalde da cidade, David Tuviahu.
  • David Tuviahu (1950-1961)
  • Zeev Zrizi (1961-1963)
  • Eliyahu Navi 
  • Moshe Zilberman 
  • Itzhak Rager 
  • David Bunfeld 
  • Yaacov Terner (1998 - 2008)
  • Rubik Danielovich (dende 2008)

Cidades irmandadas

[editar | editar a fonte]

Beersheba está irmandada con doce cidades.

  1. Israel Central Bureau of Statistics, ed. (2012). "Locality File". Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2013. Consultado o 30 de outubro de 2013. 
  2. Guide to Israel, Zev Vilnay, Hamakor Press, Jerusalem, 1972, pp.309–14
  3. "Beersheba Masters Kings, Knights, Pawns", Los Angeles Times, January 30, 2005
  4. "Partner Cities of Lyon and Greater Lyon". © 2008 Mairie de Lyon. Arquivado dende o orixinal o 19-07-2009. Consultado o 21-10-2008. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Thareani-Sussely, Yifat, "The 'Archaeology of the Days of Manasseh' Reconsidered in the Light of Evidence From The Beersheba Valley," Palestine Exploration Quarterly, 139,2 (2007), 69–77.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]