Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Balcón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Balcón plateresco da Casa Torre de Pazos Figueroa (s.XVI), en Vigo.
Balcón modernista (1907) na casa Mülder en Vigo.
Solaina en Allariz,a solaina é unha evolución dun corredor, semellante a un balcón, pero cuberto é máis longo.

Un balcón (do italiano: balcone, estada, estadal; este do xermánico: balcho, trabe; probabelmente cognato da verba persiana بالكانه bālkāneh ou a súa variante máis antiga پالكانه pālkāneh;[1]) é unha abertura feita desde o chan na parede dun cuarto, polo xeral cunha pequena plataforma que sobresae cara a fóra, amparada por unha varanda[2] Adoita estar sostido por columnas ou canzorros, e fechado mediante unha balaustrada.

Como alternativa, pode non sobresair do plano do muro, senón que constitúe unha superficie aberta dun andar alto, cunha balaustrada só na fronte, e paredes nos costados. Usualmente o acceso ao balcón faise mediante unha porta. A diferenza do patín e do corredor, o balcón non ten acceso dende a rúa mediante unha escaleira. A solaina é unha evolución do corredor, sempre cuberta, adornada e moi sólida con cantaría de pedra.

Usos especiais do balcón

[editar | editar a fonte]
  • Algúns balcóns están adaptados para propósitos cerimoniais, por exemplo o da Basílica de San Pedro en Roma, dende onde o Papa dá a súa beizón Urbi et Orbi.[3]
  • Nas igrexas, eran usuais os balcóns interiores chamados púlpitos para os rezos.
  • Nos teatros, un balcón era antigamente unha caixa sobre o escenario, mais actualmente o nome dáse unicamente a unha parte do auditorio, sobre o círculo das plateas e baixo a galería.
  • Nalgunhas localidades españolas, como por exemplo, Zaragoza ou Pamplona, é habitual que o pregoeiro das festas lea o seu discurso desde o balcón da Casa do Concello.[4]
  • Cando un deportista ou equipo deportivo dunha localidade gaña un trofeo de prestixio, tamén é tradicional que o celebre coa súa afección de seareiros, desde o balcón da Casa do Concello.[5] O mesmo pasa coa proclamación dos reis, Papas e gobernantes, (conmemoracións, posesións etc) etc.
  • É común nos balcóns colocar bandeiras, tanto oficiais nos edificios públicos, como en vivendas particulares con intencións políticas ou deportivas.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Dehkhoda Persian Dictionary
  2. {{Cita web |url=http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?sinom=0&comezapor=balc%C3%B3n&simple=1 |título=Definición en Portal das Palabras da [[RAG |data-acceso=09 de setembro de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20140911001806/http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?sinom=0&comezapor=balc%C3%B3n&simple=1 |dataarquivo=11 de setembro de 2014 |urlmorta=yes }}
  3. Urbi et orbi: (lat) á cidade e ao mundo
  4. "Pregón das Festas do Pilar desde o balcón do Concello de Zaragoza.". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 09 de setembro de 2014. 
  5. "Fernando Alonso celebra os seus triunfos desde o balcón do Concello de Oviedo.". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2007. Consultado o 09 de setembro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]