Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Bornholm

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBornholm
Vista aérea
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 55°07′30″N 14°55′00″L / 55.125, 14.916666666667
Estado federadoDinamarca
RexiónRexión de Hovedstaden
ConcelloBornholm regional municipality (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CapitalRønne Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación39.632 (2018) Editar o valor en Wikidata (67,36 hab./km²)
Xeografía
Superficie588,36 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Báltico Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoRytterknægten (mul) Traducir (162 m) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal3700 Editar o valor en Wikidata
Código NUTSDK014 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webbrk.dk Editar o valor en Wikidata

Bornholm (bɒːnˈhʌlˀm; nórdico antigo: Burgundaholmr) é unha illa dinamarquesa situada no Mar Báltico, ao leste de Dinamarca entre a costa sur de Suecia e Polonia. A illa de Bornholm, xunto a pequena illa de Ertholmene situada 18 quilómetros ao noroeste, conforman un concello rexional pertencente á Rexión Hovedstaden, unha das cinco rexións nas que se atopa dividido o país.

No ano 2017 a illa tiña unha poboación de 39.664 habitantes e unha superficie de 588,53 quilómetros cadrados.

Estratexicamente localizada no Báltico, Bornholm foi controlada por Dinamarca durante a maior parte da súa historia, aínda que tamén formou parte de Suecia e de Lübeck. As ruínas do castelo de Hammershus no extremo noroeste da illa dan testemuño da súa importancia en épocas pasadas.

Economía

[editar | editar a fonte]

As principais industrias da illa están formadas pola da pesca, a cerámica, a fabricación de reloxos e máis os produtos lácteos. Así mesmo, existen unha importante produción de bicicletas, caramelos e cristais, estes dous últimos na parte leste da illa. Por outra banda, cómpre salientar que o turismo é un foco económico básico durante os meses do verán. Un dos maiores atractivos turísticos da illa son as súas catro igrexas redondas.

Galerías de fotos

[editar | editar a fonte]

Localidades

[editar | editar a fonte]

Allinge-Sandvig · Arnager · Balka · Gudhjem · Hasle · Klemensker · Listed · Lobbæk · Muleby · Nexø · Nyker · Nylars · Olsker · Pedersker · Rutsker ·  · Rønne · Snogebæk · Stenseby · Svaneke · Tejn · Vang · Vestermarie · Aakirkeby · Aarsdale · Østerlars · Østermarie · Årsballe

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]