Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Curling

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Campionato de curling con catro partidas simultáneas.

O curling é un deporte de precisión similar ós birlos ingleses ou á petanca, que se practica nunha pista de xeo, loitando entre si dous equipos de catro participantes cada un. O obxectivo é lanzar 8 pedras de granito cun peso de 20 kg sobre a deslizante superficie a través dun corredor de 45,5 metros de lonxitude e 4,32 metros de anchura. E unha vez realizados todos os lanzamentos, puntúase en función da proximidade destas pedras á diana marcada ao final do corredor. Practícase sobre todo no Canadá e no norte de Europa.

Orixe e historia

[editar | editar a fonte]
Un partido de curling no castelo de Eglinton en, Ayrshire (Escocia) en 1860.

Existen evidencias da existencia do curling en Escocia a comezos do século XVI, como unha pedra de curling na que se gravou a data 1511[1], mais a primeira referencia escrita a un xogo usando pedras no xeo procede dos rexistros da abadía de Paisley (Renfrewshire) en Escocia e data de febreiro de 1541 e dúas pinturas de Pieter Brueghel o Vello ámbalas dúas de 1565 amosan a campesiños flamengos xogando con pedras no xeo. De todas formas, o curling foi moi popular en Escocia entre os séculos XVI e XIX, cando o clima era suficientemente frío coma para que se formase un bo xeo no inverno, e en consecuencia, a sede do organismo internacional que controla o curling, a Federación Mundial de Curling, atópase en Perth, Escocia.

Unha antiga casa de Curling preto de Stewarton en Ayrshire.

O Royal Montreal Curling Club, o primeiro club deportivo de curling establecido en Norteamérica, fundouse no 1807. O primeiro club en Estados Unidos creouse no 1832, e o xogo entrou en Suíza e Suecia antes da entrada do século XX. Hoxe en día o deporte é popular sobre todo no Canadá, xogándose tamén en toda Europa e no Xapón, Australia, Nova Zelandia e incluso, China e Corea.

O curling é deporte olímpico de inverno dende 1998.

  1. "Wooden Curling Stone". Wisconsin Historical Society. 23 de febreiro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2010. Consultado o 14 de outubro de 2010.