Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Chimpancé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chimpancé

Chimpancé común (Pan troglodytes).

Bonobo (Pan paniscus)
Bonobo (Pan paniscus)

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Hominidae
Subfamilia: Homininae
Tribo: Panini
Xénero: Pan
(Oken, 1816)
Área de distribución do Pan troglodytes (chimpancé común) e Pan paniscus (bonobo, en vermello).
Área de distribución do Pan troglodytes (chimpancé común) e Pan paniscus (bonobo, en vermello).

Área de distribución do Pan troglodytes (chimpancé común) e Pan paniscus (bonobo, en vermello).
Especies

Pan troglodytes
Pan paniscus

Sinonimia
  • Troglodytes E. Geoffroy, 1812
  • Mimetes Leach, 1820
  • Theranthropus Brookes, 1828
  • Chimpansee Voight, 1831
  • Anthropopithecus Blainville, 1838
  • Hylanthropus Gloger, 1841
  • Pseudanthropus Reichenbach, 1862
  • Engeco Haeckel, 1866
  • Fsihego DePauw, 1905

Os chimpancés constitúense como o epónimo das dúas especies existentes do xénero Pan, do que o río Congo forma o límite natural entre ámbalas dúas especies.[1]

Os chimpancés son membros da familia dos homínidos, xuntos cos gorilas, os orangutáns e os seres humanos. Crese que os chimpancés dividíronse da evolución humana hai aproximadamente 6 millóns de anos e máis dun 99% das secuencias do ADN humano e do chimpancé son iguais. Isto fai que os bonobos e os chimpancés comúns sexan os primates vivos máis próximos ó ser humano.[2]. Así mesmo, os chimpancés son os únicos membros coñecidos da subtribu Panina. As dúas especies de Pan dividíronse hai un millón de anos.

  1. "ADW:Pan troglodytes:information". Animal Diversity Web (University of Michigan Museum of Zoology). Consultado o 19 de agosto de 2013. 
  2. In a talk presented at the Annual Meeting of the American Anthropological Association on November 20, 1999, Jonathan Marks stated: "Humans, chimpanzees, and gorillas are within two percentage points of one another genetically." "What It Really Means To Be 99% Chimpanzee" (en inglés). 10 de outubro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2013. Consultado o 19 de agosto de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]