Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Casa de Plantagenet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Armas dos Plantagenet entre 1199 e 1340.

A casa de Plantagenet é unha dinastía real saída da liñaxe dos condes do Anjou, polo que se coñece tamén como Dinastía anxevina. Os seus membros foron primeiro condes do Maine e despois, por matrimonio, duques de Normandía, reis de Inglaterra e duques de Aquitania. Ricardo III de Inglaterra (1452-1485) foi o último rei Plantagenet, pero a liñaxe continuou até os nosos días na casa de Somerset.

Orixe do nome Plantagenet

[editar | editar a fonte]
Armas dos Plantagenet entre 1340 e 1367.
Expansión do Imperio anxevino de 1144 a 1166.

Plantagenêt foi o alcume persoal de Godofredo V, conde do Anjou e do Maine (1128-1151). Fai referencia á póla de xesta (plante genêt en francés) que Godofredo V levaba no seu chapeu. Este alcume pasou a ser adoptado por todos os seus descendentes varóns.

Historia dos Plantagenet

[editar | editar a fonte]

As orixes

[editar | editar a fonte]

Os Plantagenets teñen as súas raíces na nobreza franca, máis concretamente na unión de dúas liñaxes: a dos Ingelgerianos, señores do Anjou desde finais do século IX, e a da casa de Châteaudun. Os Plantagenêts son, por tanto, orixinarios do Condado de Anjou medieval, situado no val do Loira e que se correspondería en liñas xerais cos actuais departamentos franceses de Maine-et-Loire, Mayenne, Sarthe e Indre-et-Loire.

O ascenso dos Plantagenets

[editar | editar a fonte]

A casa dos Plantagenêt desenvolveu desde os seus inicios unha política de alianzas matrimoniais que lle permitiu chegar ao trono de Inglaterra e constituír un verdadeiro imperio na segunda metade do século XII. Con só 15 anos, en 1128, Godofredo V, herdeiro do conde do Anjou, casou na catedral de Le Mans con Matilde, once anos máis vella ca el e filla de Henrique I, rei de Inglaterra e duque de Normandía. Con esta unión procurábase a paz entre o Anjou e a Normandía, cuxos señores mantiveran diferentes conflitos ao longo do século XI. Este matrimonio non supuxo o acceso inmediato dos Plantagenèt ao trono inglés xa que, ao morrer seu pai, Matilde tivo que loitar pola coroa contra Étienne de Blois. Será finalmente Henrique, o fillo de Godofredo e Matilde, quen fai valer polas armas o seu dereito ao trono en 1153, sendo coroado no ano seguinte como Henrique II e asentando as bases do que será o coñecido como Imperio anxevivo.

O Imperio anxevino

[editar | editar a fonte]

O 18 de maio de 1152, Henrique II casa en Poitiers con Leonor de Aquitania e pasa a ser tamén duque de Aquitania. Ao ser coroado rei, Henrique II pasa a controlar o reino de Inglaterra, o señorío de Irlanda, o ducado de Normandía, o ducado de Aquitania, que comprendía todo o suroeste da Francia actual, e o condado do Anjou. Ademais, Henrique controlaba indirectamente o ducado da Bretaña, o País de Gales, o reino de Escocia e o condado de Tolosa. Tratábase, pois, dun imperio que cubría boa parte da Europa atlántica. Alén destas posesións, os Plantagenêts ascenderon ao trono de Sicilia no século XII e adquiriron dominios no Mediterráneo oriental, participando en diversas accións militares no ámbito das Cruzadas.

Reis de Inglaterra da casa de Plantagenet (e as súas secundarias)

[editar | editar a fonte]
Árbore xenealóxica dos reis de Inglaterra da dinastía Plantagenet (en azul), incluíndo as ramas colaterais dos Lancaster (en amarelo) e os York (en vermello).

Casa de Plantagenet (rama principal)

[editar | editar a fonte]

Casa de Lancaster (rama secundaria)

[editar | editar a fonte]

Casa de York (rama secundaria)

[editar | editar a fonte]