Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Cancro de ovario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cancro de ovario
Clasificación e recursos externos
Tumor mucinoso de ovario visto baixo o microscopio.
DiseasesDB9418
MedlinePlus000889
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

O cancro de ovario é un tumor maligno que nace en calquera das partes do ovario. O ovario é un órgano moi complexo que pode ser asento de numerosos tumores de moi distinto rango morfolóxico, algúns dos cales están dotados de función hormonal, o que xustifica a gran variedade de clasificacións. A localización máis frecuente é no epitelio que recobre o ovario.[1] Tamén se desenvolve a partir das células xerminais ou do tecido conectivo arredor do ovario.[2] O risco de padecer cancro de ovario relaciónase directamente con anomalías nos xenes BRCA1 e BRCA2.[3] Polo xeral, o cancro de ovario non produce síntomas.[4] É por isto que a maioría dos casos detéctanse cando a doenza xa está avanzada e continuada, pero se se detecta en etapa temperá pode mellorar o prognóstico.[5]

Epidemioloxía

[editar | editar a fonte]

Ten unha alta incidencia nos países industrializados de Europa Occidental, Israel, o Canadá e os Estados Unidos. É o sexto tumor maligno máis frecuente nas mulleres tralo de cancro de mama, intestino groso, pulmón, útero e linfomas.

  1. [1] accessed from VU University medical center, Amsterdamhttp://dare.ubvu.vu.nl/handle/1871/9013
  2. [2] http://www.cancerhelp.org.uk/type/ovarian-cancer/about/types-of-ovarian-cancer
  3. Robert C. Young. "Ch. 83, Gynecologic Malignancies". En Jameson JN, Kasper DL, Harrison TR, Braunwald E, Fauci AS, Hauser SL, Longo DL. Harrison's principles of internal medicine (16th ed.). McGraw-Hill Medical Publishing Division. ISBN 0-07-140235-7. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2014. Consultado o 10 de xullo de 2018. 
  4. Goff BA, Mandel L, Muntz HG, Melancon CH. "Ovarian carcinoma diagnosis" (10). PMID 11066047. doi:10.1002/1097-0142(20001115)89:10<2068::AID-CNCR6>3.0.CO;2-Z. 
  5. [3] http://umm.edu/health/medical/reports/articles/ovarian-cancer#ixzz31eipZAwD