Copa da UEFA 2006-07
Tipo | UEFA Europa League |
---|---|
Deporte | fútbol |
Organizador | UEFA |
Número de participantes | 30 |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Período de tempo | tempada 2006-2007 |
Intervalo de tempo | 13 de xullo de 2006 – 16 de maio de 2007 |
Número de edición | 36 (2006) |
Competición | |
Primeiro posto | Sevilla FC |
Datos estatísticos | |
Partidos | 219 |
Gol | Walter Pandiani↔ RCD Espanyol (11) |
A Copa da UEFA 2006-07 foi unha competición futbolística de clubs disputada entre xullo de 2006 e maio de 2007, coa participación total de 155 equipos distintos, representantes de 52 federacións nacionais afiliadas á UEFA
Para clasificarse definitivamente á fase final da competición disputáronse dúas roldas clasificatorias, que comezaron o 13 de xullo de 2006, onde 32 equipos de entre un total de 99 uníronse aos outros 48 clasificados directamente para a fase final. A fase final da competición iniciouse en setembro de 2006, con 80 equipos competindo polo trofeo que anteriormente tiña no seu poder o Sevilla FC, trala súa vitoria no 2006. Esta fase final consta dunha primeira rolda xogada os días 14 e 28 de setembro, e despois unha fase de grupos de cinco equipos cada un, onde se xogaron unicamente catro partidos, cada equipo recibiu na súa casa a outros dous contrincantes, e fixo dúas visitas. Estes catro partidos foron entre os días 19 de outubro e 14 de decembro.
O día 14 de febreiro e 22 de febreiro en eliminatorias directas con dúas voltas comezaron os dezaseisavos de final, e con este sistema de competición chegouse á semifinal, os días 26 de abril e 3 de maio. A final, a partido único, tivo lugar en maio de 2007 no Estadio Hampden Park, en Glasgow, Escocia, que acolleu a súa primeira final de Copa UEFA, aínda que anteriormente acollera ata un total de tres finais da Champions League.
Roldas preliminares
[editar | editar a fonte]Setenta equipos deron comezo á Copa UEFA 2006-07, o partido de ida foi o 13 de xullo, e o de volta o 27 de xullo. O sorteo subdivide en cabezas de serie ou non, e en tres grupos xeográficos a estes equipos, que pertencen ás federacións con menor coeficiente UEFA, en concreto do posto 18 de Polonia ao 52 San Marino. Tres equipos clasifícaronse polo coeficiente de xogo limpo que establece a UEFA, neste torneo foron o KSV Roeselare de Bélxica, SK Brann Bergen da Noruega e Gefle IF da Suecia.
Dous equipos participantes estiveron clasificados hai ben pouco tempo á fase final da Champions League, estes son o suízo FC Basel na edición de 2002-03 e o eslovaco FC Artmedia na edición de 2005-06. O IFK Göteborg da Suecia xa gañara a Copa UEFA nas finais a dobre partido disputadas nas edicións de 1981-82 e 1986-87. O Újpest FC da Hungría foi finalista da edición da Copa de Feiras (predecesora da actual Copa UEFA) de 1968-69 onde perdeu a dobre partido co Newcastle United da Inglaterra por 3 x 0 e 2 x 3. O Videoton FC Fehérvár de Hungría tamén disputou unha final a dobre partido na edición de 1984-85 perdendo ante o Real Madrid por 0 a 3 no seu estadio e vencendo no Estadio Santiago Bernabeu por 0 a 1.
Primeira rolda preliminar
[editar | editar a fonte]Os partidos de ida tiveron lugar o 13 de xullo de 2006, e os de volta o 27 de xullo de 2006.
O equipo Derry City FC é de Derry na Irlanda do Norte, mais xoga por Irlanda, e protagoniza a sorpresa da primeira rolda eliminando ao IFK Göteborg.
Segunda rolda preliminar
[editar | editar a fonte]Os trinta e cinco clasificados da primeira rolda preliminar, máis os once equipos clasificados dende a Copa Intertoto da Uefa, máis dezaoito equipos procedentes das asociacións nacionais da UEFA situadas en postos inferiores ao oitavo lugar que ocupa Grecia, conforman a segunda rolda preliminar na que xogaron sesenta e catro equipos os seus partidos a dobre volta entre os días 8 de agosto e o 24 de agosto. O sorteo realizouse con criterios xeográficos e clubs cabeza de serie e non cabezas de serie.
Entre estes equipos destaca a presenza do Olympique de Marsella clasificado dende a Copa Intertoto, e gañador da edición da Copa de Europa do ano 1992-93. O Newcastle United FC venceu na final da Copa de Feiras na edición de 1968-69. O Club Brugge KV é o único equipo belga que acadou a final da Copa de Europa na súa edición de 1977-78 caendo derrotado por 1 a 0 en Wembley ante o Liverpol FC. O Partizan Belgrado foi finalista na edición da Copa de Europa do ano 1965-66 caendo derrotado polo Real Madrid por 1 a 2. E por último o FC Twente foi finalista da edición de Copa UEFA 1974-75 aínda que non a gañou.
Entre estes equipos tamén hai que se clasificou ao menos unha vez á fase final de grupos da Champions League nas derradeiras edición, como por exemplo o Club Brugge KV na edición de Champions League 2005-06, o Olympique de Marseille e o Partizan Belgrado na edición de Champions League 2003-04 e o Newcastle United FC e o AJ Auxerre na edición de Champions League 2002-03.
1 Pola Crise de Oriente Medio o partido que se ía xogar no campo do Hapoel Tel-Aviv FC foi xogado na cidade de Tilburg nos Países Baixos. 2 Pola Crise de Oriente Medio o partido que se ía xogar no campo do Bnei Yehoudah Tel-Aviv FC foi xogado na cidade eslovaca de Senec. 3 Pola Crise de Oriente Medio o partido que se ía xogar no campo do Beitar Xerusalén foi xogado na cidade búlgara de Sofía.
Fase final
[editar | editar a fonte]Primeira Rolda
[editar | editar a fonte]A primeira rolda da fase final da Copa UEFA 2006-07 disputouse os días 14 e 28 de setembro, e tomaron parte 80 equipos clasificados, 32 das fase preliminar, 16 perdedores da fase previa da Champions League 2006-07 e 32 clasificados directamente das federacións nacionais principais da UEFA.
Precisamente entre estes clasificados directamente ou eliminados en fase preliminar da edición da Champions League están clubs con moito prestixio en competicións europeas, así o Ajax Amsterdam venceu na máxima competición europea de fútbol en catro ocasións 1971, 1972, 1973 e 1995, o Feyenoord Rotterdam venceu no 1970, o Estrela Vermella Belgrado no 1991; ou na Recopa de Europa de fútbol o Tottenham Hotspur venceu en 1963, o West Ham United en 1965, o Paris Saint-Germain en 1996, o Parma AC en 1993, o Ajax Amsterdam en 1987, o Glasgow Rangers en 1972; na Copa de Feiras o Dinamo Zagreb no 1967 ou na Copa UEFA foi campión xa dúas veces o Tottenham Hotspur en 1972 e 1984, tamén dúas veces o AC Parma en 1995 e 1999, o Bayer 04 Leverkusen vence no 1988, o Eintracht Frankfurt no 1980, o FC Schalke 04 vence no 1997, o Ajax Amsterdam no 1992, en dúas ocasións o Feyenoord Rotterdam no 1974, e no 2002, o Sevilla FC recente campión da edición de 2006.
Foron finalistas na máxima competición europea de fútbol o Bayer 04 Leverkusen no 2002, o Eintracht Frankfurt no 1960, o Panathinaikos no 1971, o Ajax Amsterdam no 1969 e 1996; na Recopa de Europa de fútbol o FK Austria Viena en 1978, o Standard de Liège en 1982, o West Ham United en 1976, o Paris Saint-Germain en 1997, o Ajax Amsterdam no 1988, o Glasgow Rangers no 1961 e 1967; na Copa de Feiras o Dinamo Zagreb no 1963 ou na Copa UEFA o Red Bull Salzburgo en 1994, o Tottenham Hotspur en 1974, o AZ Alkmaar no 1981, o Estrela Vermella Belgrado no 1979, o Espanyol Barcelona no 1988.
Participaron na fase de grupos nalgunhas das cinco últimas edicións da Champions League, o Sparta Praga, o RC Lens, o Paris Saint-Germain, o Bayer 04 Leverkusen, FC Schalke 04, Panathinaikos, Ajax Amsterdam, o Feyenoord Rotterdam, o Maccabi Haïfa, o Lokomotiv Moscova, o Glasgow Rangers, o Fenerbahçe e o Besiktas.
Nesta edición o Celta de Vigo protagonizou a súa oitava participación en competicións europeas de fútbol, despois da anterior na Champions League 2004-05, as cinco seguidas da Copa UEFA dende 1998-99 a 2002-03 e a primeira participación dun equipo de fútbol galego en competicións europeas de fútbol, na Copa UEFA 1971-72. O Celta de Vigo xogou ata o momento na Copa UEFA 40 partidos, dos que gañou 19, empatou 8, perdeu 13, meteu 70 goles e recibiu 38.
1Debido ao conflito armado en Israel a Uefa decidiu que o partido que se ía xogar no campo de Maccabi Haifal, tería lugar en Nimega, nos Países Baixos.
Fase de Grupos
[editar | editar a fonte]Grupo A
[editar | editar a fonte]Equipo | Pts | PX | G | E | P | GF | GC | GD |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. Glasgow Rangers | 10 | 4 | 3 | 1 | 0 | 8 | 4 | +4 |
2. Maccabi Haïfa | 7 | 4 | 2 | 1 | 1 | 5 | 4 | +1 |
3. AS Livorno Calcio | 5 | 4 | 1 | 2 | 1 | 5 | 5 | +0 |
4. AJ Auxerre | 4 | 4 | 1 | 1 | 2 | 7 | 7 | +0 |
5. Partizan Belgrado | 1 | 4 | 0 | 1 | 3 | 2 | 7 | -5 |
Data | Local | Visitante | Resultado | Estadio |
19 de outubro de 2006 | AS Livorno Calcio | Glasgow Rangers | 2 - 3 | Armando Picchi, Livorno |
19 de outubro de 2006 | Maccabi Haïfa | AJ Auxerre | 3 - 1 | Bloomfield Stadium, Tel-Aviv |
2 de novembro de 2006 | Glasgow Rangers | Maccabi Haïfa | 2 - 0 | Ibrox Stadium, Glasgow |
2 de novembro de 2006 | Partizan Belgrado | AS Livorno Calcio | 1 - 1 | FK Partizan, Belgrado |
23 de novembro de 2006 | AJ Auxerre | Glasgow Rangers | 2 - 2 | Abbé-Deschamps, Auxerre |
23 de novembro de 2006 | Maccabi Haïfa | Partizan Belgrado | 1 - 0 | Bloomfield Stadium, Tel-Aviv |
29 de novembro de 2006 | Partizan Belgrado | AJ Auxerre | 1 - 4 | FK Partizan, Belgrado |
29 de novembro de 2006 | AS Livorno Calcio | Maccabi Haïfa | 1 - 1 | Armando Picchi, Livorno |
14 de decembro de 2006 | AJ Auxerre | AS Livorno Calcio | 0 - 1 | Abbé-Deschamps, Auxerre |
14 de decembro de 2006 | Glasgow Rangers | Partizan Belgrado | 1 - 0 | Ibrox Stadium, Glasgow |
Grupo B
[editar | editar a fonte]Equipo | Pts | PX | G | E | P | GF | GC | GD |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. Tottenham Hotspur | 12 | 4 | 4 | 0 | 0 | 9 | 2 | +7 |
2. Dinamo Bucarest | 7 | 4 | 2 | 1 | 1 | 6 | 6 | +0 |
3. Bayer 04 Leverkusen | 4 | 4 | 1 | 1 | 2 | 4 | 5 | -2 |
4. Beşiktaş | 3 | 4 | 1 | 0 | 3 | 4 | 7 | -3 |
5. Club Brugge KV | 2 | 4 | 0 | 2 | 2 | 4 | 7 | -3 |
Data | Local | Visitante | Resultado | Estadio |
19 de outubro de 2006 | Beşiktaş | Tottenham Hotspur | 0 - 2 | Inönü, [[I
stambul]] |
19 de outubro de 2006 | Club Brugge KV | Bayer 04 Leverkusen | 1 - 1 | Jan Breydel, Bruxas |
2 de novembro de 2006 | Tottenham Hotspur | Club Brugge KV | 3 - 1 | White Hart Lane, Londres |
2 de novembro de 2006 | Dinamo Bucarest | Beşiktaş | 2 - 1 | Dinamo, Bucarest |
23 de novembro de 2006 | Bayer 04 Leverkusen | Tottenham Hotspur | 0 - 1 | BayArena, Leverkusen |
23 de novembro de 2006 | Club Brugge KV | Dinamo Bucarest | 1 - 1 | Jan Breydel, Bruxas |
29 de novembro de 2006 | Dinamo Bucarest | Bayer 04 Leverkusen | 2 - 1 | Dinamo, Bucarest |
29 de novembro de 2006 | Beşiktaş | Club Brugge KV | 2 - 1 | Inönü, Istambul |
14 de decembro de 2006 | Bayer 04 Leverkusen | Beşiktaş | 2 - 1 | BayArena, Leverkusen |
14 de decembro de 2006 | Tottenham Hotspur | Dinamo Bucarest | 3 - 1 | White Hart Lane, Londres |
Grupo C
[editar | editar a fonte]Equipo | Pts | PX | G | E | P | GF | GC | GD |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. AZ Alkmaar | 10 | 4 | 3 | 1 | 0 | 12 | 5 | +7 |
2. Sevilla FC | 7 | 4 | 2 | 1 | 1 | 7 | 2 | +5 |
3. Sporting de Braga | 6 | 4 | 2 | 0 | 2 | 6 | 5 | +1 |
4. FC Slovan Liberec | 5 | 4 | 1 | 2 | 1 | 6 | 7 | -1 |
5. Grasshopper-Club Zurich | 0 | 4 | 0 | 0 | 4 | 3 | 15 | -12 |
Data | Local | Visitante | Resultado | Estadio |
19 de outubro de 2006 | AZ Alkmaar | Sporting de Braga | 3 - 0 | DSB Stadium, Alkmaar |
19 de outubro de 2006 | FC Slovan Liberec | Sevilla FC | 0 - 0 | U Nisy, Liberec |
2 de novembro de 2006 | Sporting de Braga | FC Slovan Liberec | 4 - 0 | Municipal, Braga |
2 de novembro de 2006 | Grasshopper-Club Zurich | AZ Alkmaar | 2 - 5 | Hardturm, Zürich |
23 de novembro de 2006 | Sevilla FC | Sporting de Braga | 2 - 0 | Ramón Sánchez-Pizjuán, Sevilla |
23 de novembro de 2006 | FC Slovan Liberec | Grasshopper-Club Zurich | 4 - 1 | U Nisy, Liberec |
29 de novembro de 2006 | Grasshopper-Club Zurich | Sevilla FC | 0 - 4 | Hardturm, Zürich |
29 de novembro de 2006 | AZ Alkmaar | FC Slovan Liberec | 2 - 2 | DSB Stadium, Alkmaar |
14 de decembro de 2006 | Sevilla FC | AZ Alkmaar | 1 - 2 | Ramón Sánchez-Pizjuán, Sevilla |
14 de decembro de 2006 | Sporting de Braga | Grasshopper-Club Zurich | 2 - 0 | Municipal, Braga |
Grupo D
[editar | editar a fonte]Equipo | Pts | PX | G | E | P | GF | GC | GD |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. AC Parma | 9 | 4 | 3 | 0 | 1 | 6 | 6 | +0 |
2. CA Osasuna | 7 | 4 | 2 | 1 | 1 | 7 | 4 | +3 |
3. RC Lens | 4 | 4 | 1 | 1 | 2 | 5 | 5 | +0 |
4. OB Odense | 4 | 4 | 1 | 1 | 2 | 5 | 6 | -1 |
5. SC Heerenveen | 4 | 4 | 1 | 1 | 2 | 2 | 4 | -2 |
Data | Local | Visitante | Resultado | Estadio |
19 de outubro de 2006 | CA Osasuna | SC Heerenveen | 0 - 0 | Estadio Reyno de Navarra, Pamplona |
19 de outubro de 2006 | OB Odense | AC Parma | 1 - 2 | Fionia Park, Odense |
2 de novembro de 2006 | SC Heerenveen | OB Odense | 0 - 2 | Abe Lestra, Heerenveen |
2 de novembro de 2006 | RC Lens | CA Osasuna | 3 - 1 | Stade Félix-Bollaert, Lens |
23 de novembro de 2006 | AC Parma | SC Heerenveen | 2 - 1 | Estadio Ennio Tardini, Parma |
23 de novembro de 2006 | OB Odense | RC Lens | 1 - 1 | Fionia Park, Odense |
29 de novembro de 2006 | RC Lens | AC Parma | 1 - 2 | Stade Félix-Bollaert, Lens |
29 de novembro de 2006 | CA Osasuna | OB Odense | 3 - 1 | Estadio Reyno de Navarra, Pamplona |
14 de decembro de 2006 | AC Parma | CA Osasuna | 0 - 3 | Estadio Ennio Tardini, Parma |
14 de decembro de 2006 | SC Heerenveen | RC Lens | / - / | Abe Lestra, Heerenveen |
Grupo E
[editar | editar a fonte]Equipo | Pts | PX | G | E | P | GF | GC | GD |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. Blackburn Rovers | 10 | 4 | 3 | 1 | 0 | 6 | 1 | +5 |
2. AS Nancy-Lorraine | 7 | 4 | 2 | 1 | 1 | 7 | 4 | +3 |
3. Feyenoord Rotterdam | 5 | 4 | 1 | 2 | 1 | 4 | 5 | -1 |
4. Wisla Cracovia | 3 | 4 | 1 | 0 | 3 | 6 | 8 | -2 |
5. FC Basilea | 2 | 4 | 0 | 2 | 2 | 4 | 9 | -5 |
Data | Local | Visitante | Resultado | Estadio |
19 de outubro de 2006 | Wisla Cracovia | Blackburn Rovers | 1 - 2 | Wisly, Cracovia |
19 de outubro de 2006 | FC Basilea | Feyenoord Rotterdam | 1 - 1 | St.Jakob-Park, Basilea |
2 de novembro de 2006 | Blackburn Rovers | FC Basilea | 3 - 0 | Ewood Park, Blackburn |
2 de novembro de 2006 | AS Nancy-Lorraine | Wisla Cracovia | 2 - 1 | Stade Marcel Picot, Nancy |
23 de novembro de 2006 | Feyenoord Rotterdam | Blackburn Rovers | 0 - 0 | De Kuip, Rotterdam |
23 de novembro de 2006 | FC Basilea | AS Nancy-Lorraine | 2 - 2 | St.Jakob-Park, Basilea |
30 de novembro de 2006 | AS Nancy-Lorraine | Feyenoord Rotterdam | 3 - 0 | Stade Marcel Picot, Nancy |
30 de novembro de 2006 | Wisla Cracovia | FC Basilea | 3 - 1 | Wisly, Cracovia |
13 de decembro de 2006 | Feyenoord Rotterdam | Wisla Cracovia | 3 - 1 | De Kuip, Rotterdam |
13 de decembro de 2006 | Blackburn Rovers | AS Nancy-Lorraine | 1 - 0 | Ewood Park, Blackburn |
Grupo F
[editar | editar a fonte]Equipo | Pts | PX | G | E | P | GF | GC | GD |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. RCD Espanyol | 12 | 4 | 4 | 0 | 0 | 11 | 2 | +9 |
2. Ajax Amsterdam | 7 | 4 | 2 | 1 | 1 | 6 | 2 | +4 |
3. SV Zulte-Waregem | 6 | 3 | 2 | 0 | 2 | 9 | 11 | -2 |
4. Sparta Praga | 4 | 4 | 1 | 1 | 2 | 2 | 5 | -3 |
5. FK Austria Viena | 0 | 4 | 0 | 0 | 4 | 1 | 9 | -8 |
Data | Local | Visitante | Resultado | Estadio |
19 de outubro de 2006 | FK Austria Viena | SV Zulte-Waregem | 1 - 4 | Ernst Happel, Viena |
19 de outubro de 2006 | Sparta Praga | RCD Espanyol | 0 - 2 | Sparta Stadium, Praga |
2 de novembro de 2006 | SV Zulte-Waregem | Sparta Praga | 3 - 1 | Estadio Jules Otten, Gante |
2 de novembro de 2006 | Ajax Amsterdam | FK Austria Viena | 3 - 0 | Amsterdam Arena, Ámsterdam |
23 de novembro de 2006 | RCD Espanyol | SV Zulte-Waregem | 6 - 2 | Estadi Olímpic Lluís Companys, Barcelona |
23 de novembro de 2006 | Sparta Praga | Ajax Amsterdam | 0 - 0 | Sparta Stadium, Praga |
30 de novembro de 2006 | Ajax Amsterdam | RCD Espanyol | 0 - 2 | Amsterdam Arena, Ámsterdam |
30 de novembro de 2006 | FK Austria Viena | Sparta Praga | 0 - 1 | Ernst Happel, Viena |
13 de decembro de 2006 | RCD Espanyol | FK Austria Viena | 1 - 0 | Estadi Olímpic Lluís Companys, Barcelona |
13 de decembro de 2006 | SV Zulte-Waregem | Ajax Amsterdam | 0 - 3 | Estadio Jules Otten, Gante |
Grupo G
[editar | editar a fonte]Equipo | Pts | PX | G | E | P | GF | GC | GD |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. Panathinaïkos | 7 | 4 | 2 | 1 | 1 | 3 | 4 | -1 |
2. Paris Saint-Germain | 5 | 4 | 1 | 2 | 1 | 6 | 4 | +2 |
3. Hapoël Tel-Aviv | 5 | 4 | 1 | 2 | 1 | 7 | 7 | +0 |
4. Rapid Bucarest | 4 | 4 | 0 | 4 | 0 | 3 | 3 | +0 |
5. FK Mlada Boleslav | 3 | 4 | 0 | 3 | 1 | 2 | 3 | -1 |
Data | Local | Visitante | Resultado | Estadio |
19 de outubro de 2006 | Panathinaïkos | Hapoël Tel-Aviv | 2 - 0 | Estadio Olímpico Louis Spyros, Atenas |
19 de outubro de 2006 | Rapid Bucarest | Paris Saint-Germain | 0 - 0 | Giulesti, Bucarest |
2 de novembro de 2006 | Hapoël Tel-Aviv | Rapid Bucarest | 2 - 2 | Bloomfield, Tel-Aviv |
2 de novembro de 2006 | FK Mlada Boleslav | Panathinaïkos | 0 - 1 | Mestský, Mlada Boleslav |
23 de novembro de 2006 | Paris Saint-Germain | Hapoël Tel-Aviv | 2 - 4 | Parc des Princes, París |
23 de novembro de 2006 | Rapid Bucarest | FK Mlada Boleslav | 1 - 1 | Giulesti, Bucarest |
30 de novembro de 2006 | FK Mlada Boleslav | Paris Saint-Germain | 0 - 0 | Mestský, Mlada Boleslav |
30 de novembro de 2006 | Panathinaïkos | Rapid Bucarest | 0 - 0 | Estadio Olímpico Louis Spyros, Atenas |
13 de decembro de 2006 | Paris Saint-Germain | Panathinaïkos | 4 - 0 | Parc des Princes, París |
13 de decembro de 2006 | Hapoël Tel-Aviv | FK Mlada Boleslav | 1 - 1 | Bloomfield, Tel-Aviv |
Grupo H
[editar | editar a fonte]Equipo | Pts | PX | G | E | P | GF | GC | GD |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. Newcastle United | 10 | 4 | 3 | 1 | 0 | 4 | 1 | +3 |
2. Celta de Vigo | 5 | 4 | 1 | 2 | 1 | 4 | 4 | +0 |
3. Fenerbahçe | 4 | 4 | 1 | 1 | 2 | 5 | 4 | +1 |
4. US Palermo | 4 | 4 | 1 | 1 | 2 | 3 | 6 | -3 |
5. Eintracht Frankfurt | 3 | 4 | 0 | 3 | 1 | 4 | 5 | -1 |
Data | Local | Visitante | Resultado | Estadio |
19 de outubro de 2006 | Eintracht Frankfurt | US Palermo | 1 - 2 | Commerzbank Arena, Frankfurt |
19 de outubro de 2006 | Newcastle United | Fenerbahçe | 1 - 0 | St. James' Park, Newcastle |
2 de novembro de 2006 | US Palermo | Newcastle United | 0 - 1 | Estadio Renzo Barbera, Palermo |
2 de novembro de 2006 | Celta de Vigo | Eintracht Frankfurt | 1 - 1 | Estadio de Balaídos, Vigo |
23 de novembro de 2006 | Fenerbahçe | US Palermo | 3 - 0 | Sükrü Saraçoglu, Istambul |
23 de novembro de 2006 | Newcastle United | Celta de Vigo | 2 - 1 | St. James' Park, Newcastle |
30 de novembro de 2006 | Celta de Vigo | Fenerbahçe | 1 - 0 | Estadio de Balaídos, Vigo |
30 de novembro de 2006 | Eintracht Frankfurt | Newcastle United | 0 - 0 | Commerzbank Arena, Frankfurt |
13 de decembro de 2006 | Fenerbahçe | Eintracht Frankfurt | 2 - 2 | Sükrü Saraçoglu, Istambul |
13 de decembro de 2006 | US Palermo | Celta de Vigo | 1 - 1 | Estadio Renzo Barbera, Palermo |
Dezaseisavos de final
[editar | editar a fonte]Os equipos clasificados en primeiro, segundo e terceiro lugar de cada grupo da fase anterior, xogan xunto aos clasificados na terceira praza dos grupos da Liga de Campións 2006-07 os dezaseisavos de final. O sorteo, parcialmente dirixido, emparella aos primeiros contra os terceiros da fase de grupo, os primeiros xogan o partido de volta no seu estadio. Os segundos da fase anterior, xogan cos equipos que proveñen da Liga de Campións.
Equipo 1 | Marcador total | Equipo 2 | Ida 14 e 15 de febreiro |
Volta 22 de febreiro |
|
---|---|---|---|---|---|
ZV Zulte-Waregem | 1 - 4 | Newcastle United | 1 - 3 | 0 - 1 | |
Sporting de Braga | 2 - 0 | AC Parma | 1 - 0 | 1 - 0 | |
RC Lens | 3 - 1 | Panathinaikos | 3 - 1 | 0 - 0 | |
Bayer 04 Leverkusen | 3 - 2 | Blackburn Rovers | 3 - 2 | 0 - 0 | |
Hapoël Tel-Aviv | 2 - 5 | Glasgow Rangers | 2 - 1 | 0 - 4 | |
AS Livorno Calcio | 1 - 4 | RCD Espanyol | 1 - 2 | 0 - 2 | |
* Feyenoord Rotterdam | / - / | Tottenham Hotspur | / - / | / - / | |
Fenerbahçe | 5 - 5 | AZ Alkmaar | 3 - 3 | 2 - 2 | |
Werder Bremen | 4 - 3 | Ajax Amsterdam | 3 - 0 | 1 - 3 | |
Spartak de Moscova | 2 - 3 | Celta de Vigo | 1 - 1 | 1 - 2 | |
CSKA Moscova | 0 - 1 | Maccabi Haïfa | 0 - 0 | 0 - 1 | |
AEK Atenas | 0 - 4 | Paris Saint-Germain | 0 - 2 | 0 - 2 | |
SL Benfica | 3 - 1 | Dinamo Bucarest | 1 - 0 | 2 - 1 | |
Steaua Bucarest | 0 - 3 | Sevilla FC | 0 - 2 | 0 - 1 | |
FC Shakhtar Donetsk | 2 - 1 | AS Nancy-Lorraine | 1 - 1 | 1 - 0 | |
Girondins de Bordeos | 0 - 1 | CA Osasuna | 0 - 0 | 0 - 1 |
- Por decisión da competición foi eliminado o Feyenoord Rotterdam por disturbios dos seus afeccionados na rolda anterior, o Tottenham Hotspur pasa directamente á fase de oitavos de final.
Oitavos de final
[editar | editar a fonte]O quince de decembro de 2006 tamén quedou realizado o sorteo para os oitavos de final, así os equipos que pasen a rolda anterior enfrontaranse nos emparellamentos seguintes:
Equipo 1 | Marcador total | Equipo 2 | Ida 8 de marzo |
Volta 14 e 15 de marzo |
|
---|---|---|---|---|---|
Newcastle United | 4 - 4 | AZ Alkmaar | 4 - 2 | 0 - 2 | |
Maccabi Haifa | 0 - 4 | RCD Espanyol | 0 - 0 | 0 - 4 | |
Glasgow Rangers | 1 - 2 | CA Osasuna | 1 - 1 | 0 - 1 | |
Sporting de Braga | 4 - 6 | Tottenham Hotspur | 2 - 3 | 2 - 3 | |
Sevilla FC | 5 - 4 | Shakhtar Donetsk | 2 - 2 | 3 - 2 | |
RC Lens | 2 - 4 | Bayer 04 Leverkusen | 2 - 1 | 0 - 3 | |
Paris Saint-Germain | 3 - 4 | SL Benfica | 2 - 1 | 1 - 3 | |
Celta de Vigo | 0 - 3 | Werder Bremen | 0 - 1 | 0 - 2 |
O Celta de Vigo xogou nesta edición da Copa UEFA un total de dez partidos, nos que venceu en catro ocasións, empatou en tres e perdeu outros tres, marcando 11 goles e recibindo tan só 9. O equipo galego chega así aos seus 50 partidos xogados nesta competición, dos que gañou 23, empatou 11, perdeu tan só 16, marcando 81 goles e recibindo tan só 47.
Cuartos de final
[editar | editar a fonte]O venres dezaseis de marzo de 2007 realizouse en Glasgow o sorteo para os cuartos de final, e tamén semifinais, con estes emparellamentos:
Equipo 1 | Marcador total | Equipo 2 | Ida 5 de abril |
Volta 12 de abril |
|
---|---|---|---|---|---|
RCD Espanyol | 3 - 2 | SL Benfica | 3 - 2 | 0 - 0 | |
Bayer 04 Leverkusen | 0 - 4 | CA Osasuna | 0 - 3 | 0 - 1 | |
Sevilla FC | 4 - 3 | Tottenham Hotspur | 2 - 1 | 2 - 2 | |
AZ Alkmaar | 1 - 4 | Werder Bremen | 0 - 0 | 1 - 4 |
Semifinais
[editar | editar a fonte]Equipo 1 | Marcador total | Equipo 2 | Ida 26 de abril |
Volta 3 de maio |
|
---|---|---|---|---|---|
RCD Espanyol | 5 - 1 | Werder Bremen | 3 - 0 | 2 - 1 | |
CA Osasuna | 1 - 2 | Sevilla FC | 1 - 0 | 0 - 2 |
FINAL
[editar | editar a fonte]Equipo 1 | Resultado | Equipo 2 | |
---|---|---|---|
RCD Espanyol | 2(1) - 2(3) | Sevilla FC |
Tanto o RCD Espanyol como o Sevilla FC acudiron por segunda vez na historia da Copa UEFA á final, sendo a segunda consecutiva do Sevilla FC. Tralo empate a dous goles ao final da prórroga o Sevilla gañou na quenda de penaltis cun marcador de 3 a 1.