Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Óso isquion

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Óso isquion
Animación, en vermello os ósos isquion

O óso isquion ou isquion[1] é a parte inferior e posterior do óso ilíaco ou coxal. Dito doutro xeito, cada un dos ósos situados na pelvis que forman parte de cada coxal, ao fusionarse co ilion e o pube. É divisíbel en dúas porcións: o corpo e a rama do isquion. É un óso plano.

A protuberancia ou tuberosidade isquiática é o promontorio posteroinferior do isquion.

Segundo o Rouvière, no isquion insérese a cara medial da fascia inferior do diafragma uroxenital ou pélvico.

  1. "Termo isquion no DGTM; p. 415" (PDF). Dicionario galego de termos médicos. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10-11-2021. Consultado o 13-1-2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]