Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Turrón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 6 de agosto de 2020 ás 23:18 por InternetArchiveBot (conversa | contribucións) (Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Exemplar de turróns de Alacant.

O turrón é un doce de forma rectangular que se fai con améndoas amasadas con mel ou azucre e é típico do litoral mediterráneo español. Introducido en Galiza nos últimos anos, é xa unha sobremesa de obriga polo Nadal.[1] Moitas veces calquera doce semellante feito con froitos secos, xema de ovo, coco, chocolate ou froitas conservadas en azucre recibe o mesmo nome.

Descrición

[editar | editar a fonte]
Exemplar de turrón de Xixona (denominado turrón brando).

A masa obtense coa cocedura do mel (ou azucres) ao que se lle engaden as améndoas peladas e torradas. A dita masa pódeselle engadir, ou non, clara de ovo para que emulsione. A pasta é posteriormente amasada e tradicionalmente se lle dá forma final de táboa rectangular ou torta. Os núcleos principais de produción en España áchanse nas provincias de Alacant, Valencia e Lleida, e en menor medida na provincia de Toledo e os municipios estremeños de Castuera e Garrovillas de Alconétar. A elaboración do turrón concéntrase nas producións de repostaría tradicional de Xixona (Alacant), Casinos (Valencia) e Agramunt (Lleida), preséntase nunha variedade coas améndoas á vista (e que popularmente se lle denomina turrón duro), ou o turrón de Xixona que presenta as améndoas moídas e é de aparencia mol (e que popularmente se lle denomina turrón brando).

A améndoa e o mel xa foron utilizados no Al-Ándalus para a fabricación de numerosos doces.[2] Na actualidade gran parte da repostaría española (especialmente no leste e no sur) aínda mantén gran parte deste legado con doces coma o turrón ou o mazapán (non en Galiza). No norte de África tamén se conserva unha repostaría tradicional baseada no mel e os froitos secos. A maioría dos científicos sitúan a orixe do turrón na península arábiga, esta teoría apóiase no tratado "De medicinis et cibis semplicibus" do século XI, escrito por un médico árabe, no cal se fala do "turun". Os árabes trouxeron esta sobremesa ás costas do Mediterráneo, en particular a España e a Italia. A versión española do turrón nace na provincia de Alacant arredor do século XV pois en época de Carlos V xa era un doce soado.

Co pasar do tempo esta sobremesa utilizouse máis nas celebracións do Nadal, chegando a Galiza dende Castela no século XX, popularizándose a finais deste.

  1. "Definición no Portal das Palabras". Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2013. Consultado o 16 de decembro de 2013. 
  2. Francisco Figueras Pacheco, (2005), «La sabrosa historia del turrón y primacía de los de Jijona y Alicante», Renacimiento

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]