Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Santiago Ramos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSantiago Ramos

(2011) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de agosto de 1949 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Boadilla, España (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1973 Editar o valor en Wikidata - 2015 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxePaca Almenara Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0708790 BNE: XX1152523 Editar o valor en Wikidata

Santiago Ramos Sánchez, nado en Boadilla (Salamanca) o 1 de agosto de 1949, é un actor español.

Traxectoria profesional

[editar | editar a fonte]

Abandona a carreira de Dereito para dedicarse á interpretación. Xa residente en Madrid dedícase ao teatro e aínda que desde 1972 traballa en cine, o seu lanzamento cinematográfico procede de co-protagonizar La vaquilla, en 1985.

Este actor de recoñecidas calidades interpretativas e físicas -debido principalmente ao seu timbre de voz- traballou con algunhas das figuras máis importantes do cine español como Luis García Berlanga, José Luis Garci, Fernando Trueba ou Jaime Chávarri.

No cine comezou a traballar na década de 1970, en películas como Al diablo con amor, Cabo de vara ou Tierra de rastrojos.

En 1980 traballou en máis de quince producións, tanto para cine como para televisión, destacando Sé infiel y no mires con quién (1985), El año de las luces (1986), Luna de lobos (1987), El río que nos lleva (1989) ou Las cosas del querer, dese mesmo ano.

En 1996 realiza o seu primeiro papel como protagonista en Como un relámpago, de Miguel Hermoso, na que Santiago Ramos deu vida a Rafael, un pai que abandonou a súa muller (Assumpta Serna) e o seu fillo (Eloy Azorín) e que anos despois recibe a inesperada visita deste. Por este papel recibiu o seu primeiro, e único, Premio Goya á mellor interpretación masculina protagonista.

A partir do premio, Ramos dedicouse máis ao teatro e a televisión, aínda que destacan algúns títulos en cine como Fugitivas (2000), El caballero Don Quijote (2002), El Lobo (2004) ou Los nombres de Alicia (2005).

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Televisión

[editar | editar a fonte]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Está casado con Paca Almenara, nai da tamén actriz María Adánez,[1] pasou con ela case os últimos vinte anos. Ten un fillo, Felipe Ramos, coa actriz Gloria Muñoz.

Premios e candidaturas

[editar | editar a fonte]
Premios Goya
Ano Categoría Película Resultado
1996 Mellor interpretación masculina protagonista Como un relámpago Gañador
Premios da Unión de Actores
Ano Categoría Película Resultado
2004 Mellor actor de repartimento de cine El Lobo Candidato
Premios Turia
Ano Categoría Película Resultado
1997 Mellor actor El techo del mundo Gañador
Festival Internacional de Cine de Comedia de Peñíscola
Ano Categoría Película Resultado
1996 Mellor actor Como un relámpago Gañador
Festival de Cine Hispano de Miami
Ano Categoría Película Resultado
1999 Golden Egret ("Garza de Oro"): Mellor actor Gracias por la propina Gañador
Premios Valle Inclán de Teatro
Ano Categoría Película Resultado
2009 Mellor labor teatral Noviembre Candidato
Premios Mayte de Teatro de Cantabria
Ano Categoría Película Resultado
2009 Mellor interpretación teatral Noviembre Candidato
Outros recoñecementos
  • 1993-94: Premio da Cartelera Madrileña nos I Premios da Crítica de Madrid.