Gran Cimbabue
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
(en) Great Zimbabwe | ||||
Tipo | xacemento arqueolóxico | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Reino do Zimbabwe (pt) | |||
Localización | ||||
División administrativa | Masvingo, Cimbabue (pt) | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | Patrimonio da Humanidade: 722 ha | |||
Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio cultural → África | |||
Data | 1986 (10ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i), (iii) e (vi) | |||
Identificador | 364 | |||
Gran Cimbabue ou Grande Cimbabue foi unha cidade epicentro dunha civilización da idade de Ferro (1100-1500 e.c.) coñecida como Reino de Cimbabue, situada sobre a meseta que domina o curso alto do río Sabi, na actual Cimbabue. Estaba composta por unha cidade situada sobre un outeiro, denominada polos arqueólogos como A Acrópole ou Gran Recinto, e arrodeada por unha muralla de 250 metros de lonxitude, 10 metros de altura e uns 5 metros de espesor. Estímase que chegaron a habitar a cidade até unhas 20.000 persoas. A extensión total estímase en 722 hectáreas.
O conxunto arquitectónico é uns dos mellor conservados da África subsahariana. Desde 1986 é Patrimonio da humanidade pola UNESCO[1].
O gran Cimbabue é considerado o santuario nacional da actual Cimbabue, onde se atopou o paxaro de Cimbabue, símbolo nacional do país e que forma parte do escudo da bandeira.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Centro do Patrimonio Mundial.". whc.unesco.org. Consultado o 11/01/2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Cimbabue |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Faulkner, Neil (2018). Unha historia radical do mundo. ISBN 978-84-948208-9-2.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ruínas do Gran Zimbabwe. Artehistoria.com Arquivado 16 de abril de 2021 en Wayback Machine.