Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Goethita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Goethita
Fórmula químicaα-FeO(OH)
Clase4.FD.10 (Strunz)
Sistema cristalinoOrtorrómbico
CorDe amarelento a rubio, marrón escuro e case negro
BrilloDe adamantino a terroso mate
Dureza5 - 5,5 (escala de Mohs)
FracturaPouco uniforme ao astillarse
ExfoliaciónPerfecta 010
RaiaDe marrón, amarelo parduzco a amarelo alaranxado
Densidade4,0 - 4,4 g/cm³

A goethita[1][2][3] é un mineral do grupo IV (óxidos e hidróxidos), segundo a clasificación de Strunz. O seu nome débese ao escritor alemán Johann Wolfgang von Goethe (1749-1832). O seu sistema é ortorrómbico bipiramidal (acicular, prismático) e a súa macla ten forma de cóbado (011). A súa morfoloxía é variada abundando as masas reniformes, fibrorradiais, compactas, follosas e estalactíticas.

É un oxihidróxido de ferro (III), de fórmula α-FeO(OH), cun contido do 63% en ferro, e onde pode encontrarse até un 5% de manganeso. A feroxihita e a lepidocrita son polimorfos deste mineral, pois teñen igual composición e fórmula e diferente sistema de cristalización. As minas máis importantes atópanse nos Estados Unidos de América, Westfalia (Alemaña), Alsacia-Lorena (Francia) e o Reino Unido.

España tamén posúe importantes minas en Huelva (Minas de Riotinto), Asturias, Castellón (Mina Museo Esperanza) e Biscaia. Ten unha densidade de 4 a 4,4 g/cm³ e unha dureza de 5 a 5,5 na escala de Mohs. A súa exfoliación é perfecta (desigual) e a súa cor é negra, ocre, ás veces con irisacións. En canto ao seu brillo; este é adamantino, mate, sedoso. A raia característica deste mineral é parda amarelenta. A goethita é opaca e moi fráxil.

Outros hidróxidos

[editar | editar a fonte]

Outros hidróxidos destacábeis son a limonita e a bauxita.

  1. Hurlbut, Cornelius S.; Klein, Cornelis, 1985, Manual of Mineralogy, 20th ed., Wiley, ISBN 0-471-80580-7
  2. http://webmineral.com/data/Goethite.shtml Webmineral data
  3. http://www.galleries.com/minerals/oxides/goethite/goethite.htm Mineral galleries

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]