Goethita
Goethita | |
---|---|
Fórmula química | α-FeO(OH) |
Clase | 4.FD.10 (Strunz) |
Sistema cristalino | Ortorrómbico |
Cor | De amarelento a rubio, marrón escuro e case negro |
Brillo | De adamantino a terroso mate |
Dureza | 5 - 5,5 (escala de Mohs) |
Fractura | Pouco uniforme ao astillarse |
Exfoliación | Perfecta 010 |
Raia | De marrón, amarelo parduzco a amarelo alaranxado |
Densidade | 4,0 - 4,4 g/cm³ |
A goethita[1][2][3] é un mineral do grupo IV (óxidos e hidróxidos), segundo a clasificación de Strunz. O seu nome débese ao escritor alemán Johann Wolfgang von Goethe (1749-1832). O seu sistema é ortorrómbico bipiramidal (acicular, prismático) e a súa macla ten forma de cóbado (011). A súa morfoloxía é variada abundando as masas reniformes, fibrorradiais, compactas, follosas e estalactíticas.
É un oxihidróxido de ferro (III), de fórmula α-FeO(OH), cun contido do 63% en ferro, e onde pode encontrarse até un 5% de manganeso. A feroxihita e a lepidocrita son polimorfos deste mineral, pois teñen igual composición e fórmula e diferente sistema de cristalización. As minas máis importantes atópanse nos Estados Unidos de América, Westfalia (Alemaña), Alsacia-Lorena (Francia) e o Reino Unido.
España tamén posúe importantes minas en Huelva (Minas de Riotinto), Asturias, Castellón (Mina Museo Esperanza) e Biscaia. Ten unha densidade de 4 a 4,4 g/cm³ e unha dureza de 5 a 5,5 na escala de Mohs. A súa exfoliación é perfecta (desigual) e a súa cor é negra, ocre, ás veces con irisacións. En canto ao seu brillo; este é adamantino, mate, sedoso. A raia característica deste mineral é parda amarelenta. A goethita é opaca e moi fráxil.
Outros hidróxidos
Outros hidróxidos destacábeis son a limonita e a bauxita.
Notas
- ↑ Hurlbut, Cornelius S.; Klein, Cornelis, 1985, Manual of Mineralogy, 20th ed., Wiley, ISBN 0-471-80580-7
- ↑ http://webmineral.com/data/Goethite.shtml Webmineral data
- ↑ http://www.galleries.com/minerals/oxides/goethite/goethite.htm Mineral galleries
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Crista-Mine, Curso de Cristalografía e Mineraloxía da UNED. España.Arquivado 18 de novembro de 2011 en Wayback Machine. (en castelán)
- Mindat (en inglés)
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Goethita |