Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Dili

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 21 de novembro de 2023 ás 20:10 por Zaosbot (conversa | contribucións) (retirar modelo coordenadas wikidata das páxinas que levaran modelo xeografía política (via JWB))

Modelo:Cidade Dili (en portugués: Díli) é a capital de Timor Leste. Sitúase na costa norte da illa de Timor, a máis oriental das illas do arquipélago malaio. Dili é o principal porto e centro comercial de Timor Leste e tamén posúe un aeroporto usado por voos comerciais e militares. Conta con 277.279 habitantes, segundo o censo de 2015.[1]

Historia

Dili foi fundada o 1769 polos portugueses, como nova capital do Timor Portugués, en substitución de Lifau, no actual enclave de Oecussi-Ambeno, demasiado vulnerábel aos ataques dos neerlandeses. Durante a segunda guerra mundial a cidade foi ocupada polos xaponeses e, coa fin da guerra, retornou o dominio portugués. Cando Timor Leste proclamou a súa independencia o 28 de novembro de 1975, tornouse capital do novo país. Porén, nove días despois, o 7 de decembro, forzas militares da Indonesia invadiron Dili. O 7 de xullo de 1976, a Indonesia transformou Timor Leste na súa 27ª provincia, chamada Timor Timur. No entanto, unha loita de guerrillas contra o invasor proseguiu, sendo violentamente combatida polo goberno indonesio. Ducias de millares de civís foron mortos.

Cando o país recuperou a súa independencia (vide historia de Timor Leste), Dili volveu novamente a ser capital do país.

Notas

  1. "Dili em números. Estatística municipio de Dili" (PDF). www.statistics.gov.tl (en portugués). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de novembro de 2018. Consultado o 21 de xullo de 2018. 

Véxase tamén

Ligazóns externas