Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Amurrio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 13 de xuño de 2018 ás 20:32 por BotDHojalata (conversa | contribucións)
Museo Etnográfico e Amurrio
Localización de Amurrio en Áraba

Amurrio é unha localidade, cabeza do concello homónimo, pertencente á Cuadrilla de Aiara, comarca sita no noroeste da provincia de Áraba, na Comunidade Autónoma Vasca.

O concello ten unha superficie de 96,36 km², e vivían nel 10.014 hanitantes no 2011.

Límites municipais

O concello de Amurrio linda polo norte cos de Aiara e Orozko (Biskaia); polo sur co de Orduña (Biscaia), polo leste con Zuia, e polo oeste tamén con Aiara.

Poboación

Segundo o INE o 1-1-2011 vivían 10.014 veciños no concello de Amurrio. A poboación tivo o súa maior alza entre os censos de 1950 e 1991. Dende ese ano, medra moi lentamente, decrecendo algúns anos.

Ano do censo Poboación Diferenza respecto ao anterior censo
1857 1213 -
1877 1143 -5,77%
1897 1211 +5,94%
1910 1187 -1,98%
1930 1755 +47,85%
1950 2296 +30,83%
1970 5584 +143,21%
1991 9849 +76,38%
2011 10014 +1,67%

Subdivisións

O termo está dividido en varias entidades colectivas (con datos populacionais de 2010). Entre paréntese poboación no 2000:

Economía

A base económica é industrial, entrada sobre dúas industrias de tubos metálicos, que empregan entre ambas arredor de 1.500 traballadores.

Véxase tamén