Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Eva Anna Paula Hitler, nada co apelido Braun en Múnic o 6 de febreiro de 1912 e finada en Berlín o 30 de abril de 1945, foi a amante de Adolf Hitler e, durante menos de 40 horas, a súa dona.

Modelo:BiografíaEva Braun

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Eva Anna Paula Braun Editar o valor en Wikidata
6 de febreiro de 1912 Editar o valor en Wikidata
Múnic, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte30 de abril de 1945 Editar o valor en Wikidata (33 anos)
Führerbunker, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio, intoxicación por cianuro Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturavalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatólico non practicante Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFotografía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Alemaña nazi Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfotógrafa, photo lab technician (en) Traducir, modelo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorHeinrich Hoffmann (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAdolf Hitler (1945–1945) Editar o valor en Wikidata
ParellaAdolf Hitler (1945–1945) Editar o valor en Wikidata
PaisFriedrich Braun Editar o valor en Wikidata  e Franziska Braun Editar o valor en Wikidata
IrmánsGretl Braun
Ilse Braun Editar o valor en Wikidata
ParentesHermann Fegelein, cuñado
Paula Hitler, cuñada
Angela Hitler, cuñada
Ida Hitler, cuñada
Otto Hitler, cuñado
Gustav Hitler, cuñado
Alois Hitler, cuñado
Edmund Hitler, cuñado
Klara Pölzl, sogra
Alois Hitler, husband's father Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Medvik >>>:Braun, Eva, 1912-1945,
NDB-online (en) Traducir, (sec:Braun, Eva) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0105751 BNE: XX848601 WikiTree: Braun-895 Find a Grave: 4709 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Filla de Friedrich Braun, mestre de escola, e Franziska Kronberger, modista, educouse nun colexio de monxas e era amante do deporte, en especial do atletismo. En 1929 entrou a traballar na tenda de fotos de Heinrich Hoffman (o fotógrafo oficial do Partido Nazi) e en outubro dese mesmo ano coñeceu a Adolf Hitler. A relación entre Eva Braun e Hitler, levouse con total discreción e segredo.

Tralo suicidio de Geli Raubal (a filla da medio irmá de Hitler), en 1931 intensificouse a relación, aínda que tamén mantivo outras relacións, como a da actriz Renate Müller.

Para chamar a atención de Hitler, ocupado na preparación das eleccións do 6 de novembro de 1933, o 1 de novembro Eva Braun disparouse un tiro no pescozo. O 29 de maio de 1935, por temor a que Hitler a abandonase, realizou a súa segunda tentativa de suicidio, coa inxestión de 35 pílulas para durmir. Tras este intento marchou a vivir coa súa irmá a unha casa alugada, deixou a tenda e finalmente Hitler mercoulle unha casa nun suburbio próximo a Múnic. A relación intensificouse e comezou a acudir a Berghoff, a residencia de descanso de Hitler: alí afeccionouse a rodar filmes caseiros, entre eles algúns dos primeiros en cor rodados en Alemaña.

A comezos de abril de 1945 uniuse a Hitler no búnker da chancelaría, rexeitou marchar en avión e decidiu permanecer con Hitler ata o final. Na noite do 28 ao 29 de abril casa con Adolf Hitler. O 30 de abril suicidouse xunto a Hitler e o persoal do búnker queima os corpos.