Will & Grace
Will & Grace é unha comedia televisiva estadounidense, creada por David Kohan Max Mutchnick. Esta comedia de situación ambiéntase na cidade de Nova York trata sobre a vida cotiá de Will Truman e Grace Adler, un avogado gay e unha deseñadora.
Will & Grace | |
---|---|
Formato | Comedia de situación |
Creado por | David Kohan Max Mutchnick |
Intérpretes | Eric McCormack Debra Messing Megan Mullally Sean Hayes Shelley Morrison |
País de orixe | Estados Unidos |
Episodios | 187 (8 Tempadas) |
Produción | |
Duración | 20 min. aprox. |
Distribuidor | NBC |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | NBC |
Primeiro episodio | 22 de setembro de 1998 |
Derradeiro episodio | 2006 |
Na rede | |
https://www.nbc.com/will-and-grace | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
A serie comezouse a emitir na NBC o 21 de setembro de 1998, cunha grande acollida polo público por iso trasladouse ó horario de máxima audiencia da canle estadounidense. Aínda que a audiencia decaeu na sexta tempada, na oitava e última tempada ascendeu novamente. Esta última tempada, rodada entre o 2005 e 2006, tivo un gran capítulo final retransmitido en directo nos EUA, e tamén na América Latina polo canal de Sony.
Will & Grace foi a primeira serie en amosar un a unha parella homosexual bicándose romanticamente, da televisión pública estadounidense.
O título da obra é un xogo de palabras en inglés, que pode traducirse o galego como Vontade e Graza, e tamén é o nome dos protagonistas.
En España comezouse a emitir na canle de RTVE, La 2, e na FOX. Posteriormente emitiríase en Sony Entertainment Television.
Sinopse
editarWill e Grace foran mozos na facultade, e durante esta relación Will descobre a súa homosexualidade. Anos máis tarde, encóntranse no supermercado despois de non verse dende a facultade. Dende este encontro convértense en grandes e inseparábeis amigos. Ó principio da serie, Will coñece a Jack, un amigo cun estereotipo gay ben marcado, Grace contrata no seu estudio de deseño a Karen, unha secretaria que vive do alcol e do diñeiro.
Elenco
editarPersonaxe | Actor orixinal (Estados Unidos) |
Actor de voz (España[1] |
Actor de voz (Latinoamérica)[2] |
---|---|---|---|
Will Truman | Eric McCormack | Iván Muelas | Sergio Gutiérrez Coto |
Grace Adler | Debra Messing | Carmen Consentino | Sarah Souza |
Jack McFarland | Sean Hayes | Juan Logar Jr. | Luis Alfonso Mendoza |
Karen Walker | Megan Mullally | Raquel Martín | Love Santini |
Estudio de dobraxe | Tecnison, S.A (Madrid) | Sonomex (México) | |
Dirección de dobraxe | Raquel Martín | Sergio Gutiérrez Coto |
- Despois do inicio da serie, Jack e Karen gañan protagonismo polas súas personalidades extravagantes, formando outra parella de amigos inseparábeis. Durante as 8 temporadas o elenco recibiu famosos convidados para varios episodios, como Madonna, Elton John, Britney Spears, Cher, Molly Shannon, Alec Baldwin, Ellen DeGeneres, Jennifer Lopez.
Notas
editar- ↑ http://www.eldoblaje.com/datos/FichaPelicula.asp?id=2424
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2010. Consultado o 17 de decembro de 2010.