Torpediniformes
- Véxase tamén: Torpedínidos.
Torpediniformes Torpediniformes Torpedos, estrugas, ortigas, raias eléctricas Rango fósil: Eoceno - actualidade [1][2] | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Torpedo marmorata | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Familias | |||||||||||||||
|
A dos torpediniformes (Torpediniformes) é unha orde de elasmobranquios batoideos coñecidos vulgarmente como torpedos,[4] estrugas,[5] ortigas,[6] ou raias eléctricas,[7]
Son raias moi coñecidas por seren capaces de producir descargas eléctricas de 8 até 220 voltios, dependendo da especie, que usan para atodar ás súas presas e para defensa.[8]
Existen 69 especies recoñecidas distribuídas en catro familias.[9] Quizais os membros máis coñecidos son os do xénero Torpedo, polo que os torpedos empregados na guerra naval foron así denominados por estes animais. A especie máis común en Galicia é Torpedo marmorata.[10]
Características
editarAs principais características dos torpediniformes son:[8][11]
- Os torpedos teñen un disco circular pectoral con dúas aletas dorsais en ángulo circular (non rematadas en punta ou en gancho) moderadamente grandes (reducidas nalgúns Narkidae), e unha cola musculosa e robusta cunha aleta caudal ben desenvolvida.
- O corpo é groso e brando, coa pel suave e desprovista de dentículos dérmicos e de espiñas.
- Un par de órganos eléctricos con forma de ril encóntranse na base das aletas pectorais.
- O fociño é ancho e grande nos Narcinidae, pero reducido en todas as outras familias.
- A boca, as narinas e cinco pares de galadas localízanse debaixo do disco.
Historia natural
editarAliméntanse de plancto e de pequenos invertebrados, polo que os seus dentes son menos afiados que nas especies carnívoras (como os tiburóns).
Taxonomía
editarDescrición
editarA orde foi descrita en 1926 polo ictiólogo e oceanógrafo español Fernando de Buen y Lozano.[3]
Etimoloxía
editarO nome da orde, Torppediniformes, está contruído sobra a raíz do nome do seu xénero tipo, Torpedo, coa adición da desinencia do latín científico -iformes 'en forma de', propia dos nomes das ordes de peixes (e de aves).
En canto o nome do xénero, Torpedo, vén do latín torpere 'agarrotarse, quedar paralizado', referíndose ao efecto en alguén que manipula ou pisa unha destas raias viva.
Clasificación
editarSegundo a FishBase, o WoRMS, o NCBI e o ITIS, a orde comprende as catro familias seguintes:[12]
Orde Torpediniformes
- Familia Hypnidae Gill, 1862
- Familia Narcinidae Gill, 1862
- Familia Narkidae Fowler, 1934
- Familia Torpedinidae Bonaparte, 1838
Galería
editarNotas
editar- ↑ FishBase. Torpediniformes (en inglés) Consultada o 7/11/2012.
- ↑ Order Torpediniformes (electric ray) Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Fossilworks. Consultada o 12/12/2016.
- ↑ 3,0 3,1 Torpediniformes F. de Buen, 1926 Arquivado 20 de decembro de 2016 en Wayback Machine. na GBIF. Consultada o 17/12/2016.
- ↑ torpedo, 1ª acep., no dicionario da RAG.
- ↑ estruga Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine., 2ª acep., no dicionario da RAG.
- ↑ ortiga, 2ª acep., no dicionario da RAG.
- ↑ Raia eléctrica, no Gran dicionario Xerais da lingua, volume II. Vigo, Xerais, 2009. ISBN 978-84-9914-072-8.
- ↑ 8,0 8,1 Martin, R. Aidan. Electric Rays. ReefQuest Centre for Shark Research.
- ↑ FishBase Torpediniformes (en inglés). Consultada o 7/11/2012.
- ↑ Rodríguez Villanueva, Xosé Luís e Xavier Vázquez Álvarez (1992): Peixes do mar de Galicia (I). Lampreas, raias e tiburóns. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-654-8, p. 112.
- ↑ Hamlett, William C. (1999). Sharks, Skates, and Rays: The Biology of Elasmobranch Fishes. Baltimore and London (JHU Press). ISBN 0-8018604-8-2.
- ↑ Todas as rederencias consultadas o 17 de decembro de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Torpediniformes |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Torpediniformes |
Bibliografía
editar- Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- Rodríguez Villanueva, Xosé Luís e Xavier Vázquez Álvarez (1992): Peixes do mar de Galicia (I). Lampreas, raias e tiburóns. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-654-8.
- VV. AA. (2005): "Peces cartilaginosos". Animal. La definitiva e impactante guía visual de la vida salvaje en nuestro planeta. Madrid: Pearson Educación, S. A. ISBN 84-205-3616-4.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Order Torpediniformes (electric ray) Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Fossilworks. Consultada o 12/12/2016.
- Torpediniformes no WoRMS. Consultada o 12/12/2016.
- Torpediniformes na FishBase. Consultada o 12/12/2016.
- Torpediniformes no ITIS. Consultada o 12/12/2016.
- Torpediniformes no NCBI. Consultada o 12/12/2016.
- Torpediniformes na EOL. Consultada o 12/12/2016.
- BioLib Torpediniformes (en inglés). Consultada o 8/11/2012.