Tauro Sport Auto
Tauro Sport Auto é un fabricante español de automóbiles superdeportivos de luxo con sede en Valladolid,[1] fundado en 2010,[2] cando un grupo de empresarios españois uníronse cun fabricante británico de vehículos de competición para crear a compañía.[3]
Tauro Sport Auto | |
---|---|
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 2010 |
Localización | Valladolid, España |
Persoas clave | Pedro Julián Santos Perandones |
Industria | Automóbil |
Produtos | Automóbil deportivo |
Na rede | |
http://www.tauro.eu | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O seu modelo máis popular é o Tauro V8, fabricado de forma artesanal,[4] con motor base de General Motors e catro variantes Spider, Cupé, Saeta e Portago. Sendo os seus mercados principais a Unión Europea, Rusia, Emiratos Árabes Unidos, Chinesa e América.[5]
Historia
editarEn 2010, varios empresarios españois, entre eles Pedro Julián Santos Perandones, e un fabricante británico de vehículos de competición uníronse creando a compañía con sede en Valladolid. Recuperando así a tradición española de automóbiles deportivos de luxo que a principios do século XX abandeiraba a empresa Hispano-Suiza.
Como o resto de automóbiles superdeportivos, os Tauro, teñen prestacións altamente superiores ás dos demais automóbiles, achegándose a niveis de competición, por esta mesma razón prodúcense en pequenas series e baixo pedido, con gran parte do seu proceso de fabricación feito a man.
Modelos
editarModelo | Anos de lanzamento e de fabricación | Nº de cilindros | Potencia (CV) | Cilindrada (cc) | Velocidade máxima (km/h) | Lugar de fabricación |
V8 Spider | 2012-act | 8 | 440/480/530 | 6162 | 295 | España |
V8 Coupé | 2013-act | 8 | 440/480/530 | 6162 | España | |
V8 Saeta | 2013-act | 8 | 440/480/530 | 6162 | España | |
V8 Portago | 2014-act | 8 | 440/480/530 | 6162 | España |
- O Tauro V8 Spider nos retrotrae á tradicional fórmula de motor dianteiro e tracción traseira que define aos roadster puros.
- O Tauro V8 Cupé achégase aos Muscle car, unha versión de teito ríxido.
- O Tauro V8 Saeta toma o seu nome do que foi o primeiro avión a reacción fabricado en España a mediados do século XX, o Hispano Aviación HA-200 Saeta e incorpora elementos provenientes da competición.
- O Tauro V8 Portago remóntase ás Barchettas, modelos dos anos 40 e 50 do século XX.
Notas
editar- ↑ "Tauro V8 Spider, "made in Valladolid"". ABC (en castelán). 2012. Consultado o 17 de xuño de 2015.
- ↑ Carlos A. Sánchez (2012). "Tauro V8 Spider: salvaje y brutal". El Mundo (en castelán). Consultado o 17 de xuño de 2015.
- ↑ Javier Onrubia (2012). "Tauro V8 Spider: deportividad y lujo made in Spain". Motor.es (en castelán). Consultado o 17 de xuño de 2015.
- ↑ "Tauro V8 Spider: Nace o "Lamborghini" español". eleconomista.es. 2012.
- ↑ "Tauro Sport Auto fabrica coches exclusivos en Valladolid". castillayleoneconomica.es. 2012.
- ↑ "Tauro Sport Auto Modelos". tauro.eu. 2012. Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2013. Consultado o 27 de xullo de 2013.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tauro Sport Auto |