Stjepan Bobek
Stjepan Bobek, nado o 3 de decembro de 1923 en Zagreb, por aquel entón Reino de Iugoslavia, e finado o 22 de agosto de 2010 en Belgrado foi un xogador e adestrador de fútbol da RFS de Iugoslavia que xogaba na demarcación de dianteiro. En 1995 foi nomeado mellor xogador da historia do FK Partizan.
A nivel internacional é o máximo goleador da historia da Selección de fútbol de Iugoslavia con 38 goles, coa que foi dúas veces medalla de prata nos Xogos Olímpicos, en 1948 e 1952.
Traxectoria
editarComa xogador
editarComezou a xogar en equipos da súa cidade natal para debutar profesionalmente no Građanski Zagreb antes de fichar polo FK Partizan, equipo no que pasou os mellores ano da súa carreira e pasou á historia do club. No equipo serbio foi o máximo goleador da liga iugoslava en dúas ocasións, en 1945 e 1954 e estableceu o récord de goles nun só encontro da liga, anotando nove ante o 14. Oktobar Niš. Co equipo de Belgrado proclamouse campión dúas veces da Liga de Iugoslavia e catro da Copa.
Coa Selección de fútbol de Iugoslavia disputou dous Mundiais de fútbol, Brasil 1950 e Suíza 1954. Tamén participou nos Xogos Olímpicos de Londres 1948 e Helsinqui 1952, nos que o combinado gañou sendas medallas de prata, anotando Bobek catro e tres goles respectivamente.
Coma adestrador
editarUnha vez retirado comezou a súa carreira coma adestrador en Polonia, no Legia Warszawa, antes de volver ao ano seguinte a Iugoslavia para facerse cargo do FK Partizan, co que volvería gañar a Liga de Iugoslavia en tres ocasións. En 1963 foi substituído por Kiril Simonovski.
En 1964 fichou polo Panathinaikos FC co que tamén se proclamou campión da Liga do país, dúas veces, e da Copa, unha. En 1967 volveu ao FK Partizan e en 1970 regresou a Grecia, esta vez ao Olympiacos FC. En 1972 tivo unha breve experiencia no NK Dinamo Zagreb antes dun segundo período no Panathinaikos.
En 1978 fichou polo FK Vardar de Skopje, proclamándose campión da segunda división iugoslava e acadando o ascenso a Primeira
Palmarés
editarComa xogador
editarFK Partizan
- Liga de Iugoslavia (2): 1946/47 e 1948/49.
- Copa de Iugoslavia (4): 1947, 1952, 1954 e 1957.
Selección de Iugoslavia
- Medalla de prata nos Xogos Olímpicos (2): 1948 e 1952.
Coma adestrador
editarFK Partizan
- Liga de Iugoslavia (3): 1960/61, 1961/62 e 1962/63.
Panathinaikos FC
- Liga de Grecia (2): 1963/64 e 1964/65.
- Copa de Grecia (1): 1967.
FK Vardar
- Segunda Liga de Iugoslavia (1): 1978/79.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Estatísticas do xogador (en inglés)
- Estatísticas coa selección Arquivado 02 de abril de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)