Mundial de Fútbol de 1950
O Mundial de Fútbol de 1950 foi a cuarta edición do campionato do mundo de seleccións internacionais de fútbol, a Copa do Mundo da FIFA. Celebrouse no Brasil, após un parón de doce anos por mor da segunda guerra mundial, entre o 24 de xuño e o 16 de xullo de 1950. En homenaxe aos vinte e cinco anos de presidencia de Jules Rimet da FIFA, o trofeo do campionato foi bautizado co nome de "Copa Jules Rimet". Nesta edición estaba programada a participación de dezaseis seleccións, mais debido a varios abandonos tan só participaron trece: seis europeas e sete americanas. Entre os participantes destacou o retorno do Uruguai, ausente nas dúas edicións precedentes, e o debut de Inglaterra despois de que as federacións británicas reingresasen na FIFA.
Tipo | Copa do Mundo de Fútbol |
---|---|
Organizador | FIFA |
Composto por | |
Número de participantes | 13 |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Localización | Estádio Adelmar da Costa Carvalho (pt) (Recife) Estádio dos Eucaliptos (pt) (Porto Alegre) Estádio Durival Britto e Silva (pt) (Curitiba) Estádio do Pacaembu (Consolação (pt) ) Estádio do Maracanã (Maracanã) Estádio Raimundo Sampaio (pt) (Belo Horizonte) |
País | Brasil |
Intervalo de tempo | 24 de xuño de 1950 – 16 de xullo de 1950 |
Número de edición | 4 (1950) |
Competición | |
Primeiro posto | Uruguai (2º) |
Datos estatísticos | |
Partidos | 22 |
Goles | 88 |
Máis goles marcados | Ademir de Menezes↔ Brasil (8) |
Número de espectadores | 1.043.500 |
Esta edición contou cun formato de catro grupos, onde os equipos xogaban todos contra todos nun sistema de liga. A novidade foi a fase final, sendo esta a única edición do torneo onde non se disputou unha final. Así, os campións de cada un dos catro grupos, o Brasil, España, Suecia e o Uruguai, tiveron que disputar outra fase de liga de todos contra todos. É especialmente lembrado nesta edición o encontro decisivo polo campionato disputado entre o Uruguai e o Brasil, máis coñecido como o "Maracanaço".[1] Aos brasileiros chegaballes o empate, mentres que aos seus rivais só lles valía gañar. Ante case 200.000 espectadores, os tantos de Schiaffino e Ghiggia deron ao Uruguai o seu segundo título de campión.
Antecedentes e elección
editarTras a celebración da Copa do Mundo de 1938 en Francia, comezouse a elección da sede da seguinte edición de 1942. Para a celebración do torneo presentaran candidatura Alemaña, a Arxentina e o Brasil. A decisión de quen ía ser o anfitrión estaba prevista para o congreso da FIFA de xuño de 1938. Porén, o seu presidente, Jules Rimet, adiou a xuntanza para o ano 1940. Con todo, o estoupido da segunda guerra mundial un ano antes fixo que todo ficase suspenso sen saber cando se ía poder retornar.[2] Cando a guerra finalizou en 1945, a FIFA retomou os preparativos para celebrar unha nova Copa Mundial o antes posíbel, programando un congreso ao ano seguinte en Luxemburgo. Alí discutiuse que Suíza acollese a cuarta edición, prevista en principio para 1949. Porén, a proposto non era viábel a curto prazo no país helvético, xa que non contaba estadios suficientes para un evento internacional.
En xuño de 1946 o Brasil presentou a única candidatura para dar solución ao problema de falta de sedes. O proxecto para esta candidatura era moi semellante ao que xa presentara en 1942.[2] O presidente do Brasil naquela altura, Getúlio Vargas, obtivo tamén o apoio do líder arxentino Juan Domingo Perón en troques de que o seguinte evento organizado en América fose no seu país. Ademais, propuxeron que a Copa se celebrase en 1950 para garantir o maior número posíbel de participantes. Un dos problemas da candidatura era que o Brasil non contaba cun recinto o suficientemente grande para albergar un evento tan masivo, polo que para solucionalo decidiuse construír un novo estadio, o Estádio do Maracanã, o cal que ía ser o máis grande do mundo con capacidade para 200.000 espectadores.[2] Finalmente, o 25 de xullo de 1946, os dirixentes da FIFA elixiron por unanimidade as únicas candidaturas presentadas: o Brasil para a edición de 1950 e Suíza para 1954. Tamén se aprobou que o trofeo do campionato adoptase o nome de Copa Jules Rimet en homenaxe aos seus 25 anos de presidencia e o reingreso na FIFA das catro federacións británicas.
Clasificación
editarEn total, inscribíronse trinta e catro seleccións á fase de clasificación para dezaseis prazas. Os campións da última edición, Italia, e o anfitrión, Brasil, clasificáronse automaticamente, polo que quedaron en xogo catorce prazas libres. Previamente a FIFA decretara que Alemaña e o Xapón non podían xogar polo seu papel na segunda guerra mundial como potencias do Eixo. En troques, non sucedeu o mesmo con Italia: a FIFA tiña interese no equipo xa que eran os defensores do título e o dirixente da súa Federación, Ottorino Barassi, custodiara o trofeo da Copa durante o conflito. Por outro lado, Austria non estaba sometida a ningunha sanción e a Unión Soviética non quixo tomar parte. Cómpre destacar que a selección da rexión do Sarre, foi aceptada pola FIFA tan só dúas semanas antes da competición, polo que non puido participar na fase de clasificación.
Por outra banda, as catro asociacións do Reino Unido (Inglaterra, Escocia, Gales e Irlanda do Norte) xogaron por primeira vez a fase clasificatoria despois do seu reingreso na FIFA. Neste caso, permitiuse que a edición 1949−50 do seu campionato propio, o British Home Championship, servise como grupo clasificatorio con dúas prazas directas. Inglaterra e Escocia chegaron á última xornada coas dúas primeiras prazas aseguradas, aínda que a federación escocesa tiña antes do torneo que só viaxaría ao Brasil se eran campións.[3] Ao non darse esa situación, Inglaterra foi finalmente o único representante británico.
No resto de Europa, varios países abandonaron a rolda previa por motivos económicos, pouco favorables ao gasto que supuña o desprazamento en plena posguerra. España, Italia, Suecia, Suíza e Iugoslavia conseguiron o pase sen problemas, mais Turquía, campioa do grupo 2, ausentouse ao alegar "dificultades insalvábeis". Para cubrir as baixas de Escocia e Turquía, o comité organizador cursou senllas invitacións a Portugal e Francia. Os portugueses rexeitárona porque crían que debían gañala no terreo de xogo, mentres que os galos aceptaron en primeira instancia e despois renunciaron por razóns económicas.[4]
En América do Sur, sorprende a baixa de Arxentina aducindo discrepancias entre a Asociación do Fútbol Arxentino e a Confederación Brasileira de Deportes. As beneficiadas pola súa saída foron Bolivia e Chile, rivais de grupo. Do mesmo xeito, o Uruguai e Paraguai regresaban após dúas edicións ausentes polas saídas do Perú e Ecuador. Por outro lado, Colombia non participou xa que fora expulsada da FIFA en 1949 baixo a acusación de manter unha liga pirata. As dúas prazas de Norteamérica foron para os Estados Unidos e México. En canto a Asia, a India beneficiouse da retirada de Birmania, Filipinas e Indonesia. Porén, non puido viaxar ao Brasil por razóns económicas. Así, das dezaseis clasificadas, só participaron trece seleccións: seis europeas e sete americanas.
Lista de participantes
editarAs seguintes son as dezaseis seleccións orixinais que se clasificaron para a disputa do torneo.
- Renuncias
Sedes
editarSeis estadios foron as sedes desta Copa Mundial, cada un situado nunha cidade distinta, todas capitais de estado. O estadio de máis grande desta edición foi o Estádio do Maracanã, en Río de Xaneiro. O estadio cuadruplicaba ao seguinte estadio con máis capacidade, o Estádio do Pacaembu de São Paulo, a cidade máis poboada do país.
Río de Xaneiro | São Paulo | Belo Horizonte |
---|---|---|
Estádio do Maracanã | Estádio do Pacaembu | Estádio Independencia |
Capacidade: 200.000 | Capacidade: 60.000 | Capacidade: 25.000 |
Porto Alegre | Recife | Curitiba |
Estádio dos Eucaliptos | Estádio Ilha do Retiro | Estádio Durival de Britto e Silva |
Capacidade: 7.000 | Capacidade: 60.000 | Capacidade: 12.000 |
Formato
editarA petición do Brasil, a FIFA aceptou mudar todo o formato de competición en 1947. No canto de xogar unha fase eliminatoria como nas dúas últimas edicións, os 16 participantes previstos dividiríanse en catro grupos de catro equipos cada un. En cada grupo, as catro seleccións enfrontaríanse unha vez entre si polo sistema de todos contra todos. Finalmente, pasaría de rolda o campión de cada grupo. A novidade chegou na fase final. Por primeira e única vez na Copa do Mundo, celebraríase unha liguiña entre os catro campións de cada grupo, de novo todos contra todos en tres xornadas. Esta última parte da proposta dividiu ao comité organizador, mais os brasileiros convencéronlles de que aumentaría tanto a emoción como a recadación. A edición de 1950 foi, polo tanto, a única da historia na que non se celebrou unha final, aínda que o Uruguai contra o Brasil da última xornada terminou sendo o partido decisivo.
Grupos
editarO sorteo dos grupos celebrouse o 22 de maio de 1950 en Río de Xaneiro. Despois do sorteo as federacións de fútbol de Francia e da India decidiron non participar no mundial. Non houbo tempo para invitar a outras seleccións, polo que o mundial xogouse con tan só 13 equipos, ficando o grupo 4 con dúas seleccións.[5]
Grupo 1 | Grupo 2 | Grupo 3 | Grupo 4 |
---|---|---|---|
Brasil | Inglaterra | Suecia | Uruguai |
México | España | Italia | |
Iugoslavia | Chile | Paraguai | Bolivia |
Suíza | Estados Unidos | |
Resultados
editar- As horas corresponden ao horario de Brasilia (UTC−3).
Primeira rolda
editarGrupo 1
editarEquipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Brasil | 5 | 3 | 2 | 1 | 0 | 8 | 2 | +6 |
Iugoslavia | 4 | 3 | 2 | 0 | 1 | 7 | 3 | +4 |
Suíza | 3 | 3 | 1 | 1 | 1 | 4 | 6 | −2 |
México | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 2 | 10 | −8 |
Brasil | 4 - 0 | México | 24 de xuño de 1950, 15:00 – Estádio do Maracanã, Río de Xaneiro Asistencia: 81.649 Árbitro: George Reader (Inglaterra) |
Ademir 30' 79' Jair 65' Baltazar 71' |
Informe |
||
Iugoslavia | 3 - 0 | Suíza | 26 de xuño de 1950, 18:00 – Estádio Independência, Belo Horizonte Asistencia: 7.336 Árbitro: Giovanni Galeati (Italia) |
Mitić 59' Tomašević 70' Ognjanov 84' |
Informe |
||
Brasil | 2 - 2 | Suíza | 28 de xuño de 1950, 15:00 – Estádio do Pacaembu, São Paulo Asistencia: 42.032 Árbitro: Ramón Azón Romá (España) |
Alfredo II 3' Baltazar 32' |
Informe |
Fatton 17' 88' | |
Iugoslavia | 4 - 1 | México | 28 de xuño de 1950, 18:15 – Estádio dos Eucaliptos, Porto Alegre Asistencia: 11.078 Árbitro: Reginald Leafe (Inglaterra) |
Bobek 20' Čajkovski 23' 51' Tomašević 81' |
Informe |
Ortiz 89' (pen.) | |
Brasil | 2 - 0 | Iugoslavia | 1 de xullo de 1950, 15:00 – Estádio do Maracanã, Río de Xaneiro Asistencia: 142.429 Árbitro: Benjamin Griffiths (Gales) |
Ademir 4' Zizinho 69' |
Informe |
||
Suíza | 2 - 1 | México | 1 de xullo de 1950, 15:40 – Estádio dos Eucaliptos, Porto Alegre Asistencia: 3.580 Árbitro: Ivan Eklind (Suecia) |
Bader 10' Antenen 44' |
Informe |
Casarín 89' | |
Grupo 2
editarEquipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
España | 6 | 3 | 3 | 0 | 0 | 6 | 1 | +5 |
Inglaterra | 2 | 3 | 1 | 0 | 2 | 2 | 2 | 0 |
Chile | 2 | 3 | 1 | 0 | 2 | 5 | 6 | −1 |
Estados Unidos | 2 | 3 | 1 | 0 | 2 | 4 | 8 | −4 |
Inglaterra | 2 - 0 | Chile | 25 de xuño de 1950, 15:00 – Estádio do Maracanã, Río de Xaneiro Asistencia: 29.703 Árbitro: Karel van der Meer (Países Baixos) |
Mortensen 39' Manion 51' |
Informe |
||
España | 3 - 1 | Estados Unidos | 25 de xuño de 1950, 15:00 – Estádio Durival de Britto, Curitiba Asistencia: 9.511 Árbitro: Mário Vianna (Brasil) |
Igoa 81' Basora 83' Zarra 89' |
Informe |
Pariani 17' | |
España | 2 - 0 | Chile | 29 de xuño de 1950, 15:00 – Estádio do Maracanã, Río de Xaneiro Asistencia: 19.790 Árbitro: Alberto Malcher (Brasil) |
Basora 17' Zarra 30' |
Informe |
||
Estados Unidos | 1 - 0 | Inglaterra | 29 de xuño de 1950, 15:00 – Estádio Independência, Belo Horizonte Asistencia: 10.151 Árbitro: Generoso Dattilo (Italia) |
Gaetjens 38' | Informe |
||
España | 1 - 0 | Inglaterra | 2 de xullo de 1950, 15:00 – Estádio do Maracanã, Río de Xaneiro Asistencia: 74.462 Árbitro: Giovanni Galeati (Italia) |
Zarra 48' | Informe |
||
Chile | 5 - 2 | Estados Unidos | 2 de xullo de 1950, 15:00 – Estádio Ilha do Retiro, Recife Asistencia: 8.501 Árbitro: Mário Gardelli (Brasil) |
Robledo 16' Cremaschi 32' 60' Prieto 54' Riera 82' |
Informe |
Wallace 47' Maca 48' (pen.) | |
Grupo 3
editarEquipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Suecia | 3 | 2 | 1 | 1 | 0 | 5 | 4 | +1 |
Italia | 2 | 2 | 1 | 0 | 1 | 4 | 3 | +1 |
Paraguai | 1 | 2 | 0 | 1 | 1 | 2 | 4 | −2 |
Suecia | 3 - 2 | Italia | 25 de xuño de 1950, 15:00 – Estádio do Pacaembu, São Paulo Asistencia: 36.502 Árbitro: Jean Lutz (Suíza) |
Jeppson 25' 68' Andersson 33' |
Informe |
Carapellese 7' Muccinelli 75' | |
Suecia | 2 - 2 | Paraguai | 29 de xuño de 1950, 15:00 – Estádio Durival Britto, Curitiba Asistencia: 7.903 Árbitro: George Mitchell (Escocia) |
Sundqvist 17' Palmér 26' |
Informe |
López 35' López Fretes 74' | |
Italia | 2 - 0 | Paraguai | 2 de xullo de 1950, 15:00 – Estádio do Pacaembu, São Paulo Asistencia: 25.811 Árbitro: Arthur Ellis (Inglaterra) |
Carapellese 12' Pandolfini 62' |
Informe |
||
Grupo 4
editarEquipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Uruguai | 2 | 1 | 1 | 0 | 0 | 8 | 0 | +8 |
Bolivia | 0 | 1 | 0 | 0 | 1 | 0 | 8 | −8 |
Uruguai | 8 - 0 | Bolivia | 2 de xullo de 1950, 15:00 – Estádio Independência, Belo Horizonte Asistencia: 5.284 Árbitro: George Reader (Inglaterra) |
Míguez 14' 40' 51' Vidal 18' Schiaffino 23' 54' Pérez 83' Ghiggia 87' |
Informe |
||
Rolda final
editarEquipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Uruguai | 5 | 3 | 2 | 1 | 0 | 7 | 5 | +2 |
Brasil | 4 | 3 | 2 | 0 | 1 | 14 | 4 | +10 |
Suecia | 2 | 3 | 1 | 0 | 2 | 6 | 11 | −5 |
España | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 4 | 11 | −7 |
Uruguai | 2 - 2 | España | 9 de xullo de 1950, 15:00 – Estádio do Pacaembu, São Paulo Asistencia: 44.802 Árbitro: Benjamin Griffiths (Gales) |
Ghiggia 29' Varela 73' |
Informe |
Basora 37' 39' | |
Brasil | 7 - 1 | Suecia | 9 de xullo de 1950, 15:00 – Estádio do Maracanã, Río de Xaneiro Asistencia: 138.886 Árbitro: Arthur Ellis (Inglaterra) |
Ademir 17' 36' 52' 58' Chico 38' 88' Maneca 85' |
Informe |
Andersson 67' (pen.) | |
Brasil | 6 - 1 | España | 13 de xuño de 1950, 15:00 – Estádio do Maracanã, Río de Xaneiro Asistencia: 152.772 Árbitro: Reginald Leafe (Inglaterra) |
Parra 15' (p.m.) Jair 21' Chico 31' 55' Ademir 57' Zizinho 67' |
Informe |
Igoa 71' | |
Uruguai | 3 - 2 | Suecia | 13 de xuño de 1950, 15:00 – Estádio do Pacaembu, São Paulo Asistencia: 7.987 Árbitro: Giovanni Galeati (Italia) |
Ghiggia 39' Míguez 75' 85' |
Informe |
Palmér 5' Sundqvist 40' | |
Suecia | 3 - 1 | España | 16 de xullo de 1950, 15:00 – Estádio do Pacaembu, São Paulo Asistencia: 11.227 Árbitro: Karel van der Meer (Países Baixos) |
Sundqvist 15' Mellberg 33' Palmér 80' |
Informe |
Zarra 82' | |
Uruguai | 2 - 1 | Brasil | 16 de xullo de 1950, 15:00 – Estádio do Maracanã, Río de Xaneiro Asistencia: 199.854 Árbitro: George Reader (Inglaterra) |
Schiaffino 66' Ghiggia 79' |
Informe |
Friaça 47' | |
Campión do Mundo |
---|
Uruguai Segundo título |
Goleadores
editarCon oito tantos, o brasileiro Ademir foi máximo goleador do torneo. En total, anotáronse 88 goles por parte de 48 xogadores, con tan só un gol en propia meta. Por outra banda, o uruguaio Alcides Ghiggia converteuse no primeiro xogador en marcar gol en todos os partidos. O seguinte sería Jairzinho en 1970.[6]
- 8 goles
- 5 goles
- 4 goles
- 3 goles
- 2 goles
- 1 gol
- 1 autogol
|
Clasificación retrospectiva
editarEn 1986, a FIFA publicou un informe no que facía unha clasificación das seleccións en cada Copa do Mundo.[7] A clasificación de 1950 foi a seguinte:
P | Selección | G | X | V | E | D | GF | GC | DF | Pts. |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Uruguai | 4 | 4 | 3 | 1 | 0 | 15 | 5 | +10 | 7 |
2 | Brasil | 1 | 6 | 4 | 1 | 1 | 22 | 6 | +16 | 9 |
3 | Suecia | 3 | 5 | 2 | 1 | 2 | 11 | 15 | −4 | 5 |
4 | España | 2 | 6 | 3 | 1 | 2 | 10 | 12 | −2 | 7 |
Eliminados na primeira rolda | ||||||||||
5 | Iugoslavia | 1 | 3 | 2 | 0 | 1 | 7 | 3 | +4 | 4 |
6 | Suíza | 1 | 3 | 1 | 1 | 1 | 4 | 6 | −2 | 3 |
7 | Italia | 3 | 2 | 1 | 0 | 1 | 4 | 3 | +1 | 2 |
8 | Inglaterra | 2 | 3 | 1 | 0 | 2 | 2 | 2 | 0 | 2 |
9 | Chile | 2 | 3 | 1 | 0 | 2 | 5 | 6 | −1 | 2 |
10 | Estados Unidos | 2 | 3 | 1 | 0 | 2 | 4 | 8 | −4 | 2 |
11 | Paraguai | 3 | 2 | 0 | 1 | 1 | 2 | 4 | −2 | 1 |
12 | México | 1 | 3 | 0 | 0 | 3 | 2 | 10 | −8 | 0 |
13 | Bolivia | 4 | 1 | 0 | 0 | 1 | 0 | 8 | −8 | 0 |
Notas
editar- ↑ Lissardy, G. (19 de xuño de 2014). "Maracanazo: lo que ocurrió en la noche más épica del fútbol uruguayo" [Maracanaço: o que sucedeu na noite máis épica do fútbol uruguaio]. BBC (en castelán).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "How Brazil Saved The World Cup In The Aftermath Of World War II" [Como o Brasil salvou a Copa do Mundo a raíz da Segunda Guerra Mundial]. National Public Radio (en inglés). 11 de xuño de 2014.
- ↑ "Scotland and the 1950 World Cup" [Escocia e a Copa do Mundo de 1950]. BBC (en inglés). Consultado o 23 de xuño de 2020.
- ↑ Borde, Alexandre (27 de maio de 2014). "La Coupe du monde à travers l'histoire: Brésil 1950" [A Copa do Mundo ao longo da historia: Brasil 1950]. Le Point (en francés). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 23 de xuño de 2020.
- ↑ "1950 FIFA World Cup. Groups" [Copa do Mundo da FIFA 1950. Grupos]. FIFA.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2020. Consultado o 23 de xuño de 2020.
- ↑ "Brazil Legends: Jairzinho" [Lendas do Brasil: Jairzinho]. Football Whispers (en inglés). 2016. Consultado o 23 de xuño de 2020.
- ↑ "FIFA World Cup: Milestones, facts & figures. Statistical Kit 7" [Copa Mundial da FIFA: Fitos, feitos e figuras. Documento estatístico 7] (PDF) (en inglés). FIFA. 26 March 2013. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de maio de 2013. Consultado o 23 de xuño de 2020.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina web sobre o mundial en da FIFA.com Arquivado 17 de maio de 2018 en Wayback Machine.