Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Abismo de Challenger

punto máis profundo medido do fondo do mar da Terra
(Redirección desde «Sima Challenger»)

O abismo Challenger[1] (foxa de Challenger[2][3] ou sima de Challenger) é o punto máis profundo medido nos océanos.[4][5] Atópase no grupo das illas Marianas, no extremo sur da foxa das Marianas, no océano Pacífico. A terra máis achegada é a illa Fais, unha das illas exteriores de Yap, 289 km ó suroeste, e Guam, 306 km ao nordés. A foxa foi nomeada na honra do barco da Mariña Real Británica HMS Challenger, que participou no descubrimento da foxa en 1875.

Modelo:Xeografía físicaAbismo de Challenger
Imaxe
Tipodeep (en) Traducir
Fosa tectónica Editar o valor en Wikidata
EpónimoHMS Challenger Editar o valor en Wikidata
Parte deFoxa das Marianas Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativasen valor Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 11°22′24″N 142°35′30″L / 11.3733, 142.5917
Bañado porNorth Pacific Ocean (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude−10.984 m Editar o valor en Wikidata

Profundidade

editar

A presión do abismo é aproximadamente 1095 veces maior que a da superficie.

A expedición Challenger (dende decembro de 1872 até maio de 1876) foi a primeira en sondar as profundidades coñecidas hoxe como o abismo de Challenger. A primeira sondaxe foi feita o 23 de marzo de 1875, na estación 225. A profundidade rexistrada foi de 4475 brazas inglesas (8184 m), a partir de dúas sondaxes separadas.

O libro de Sir John Murray The Depths of the Ocean (As profundidades do océano), do ano 1912, rexistra a profundidade do abismo como de 9636 m. Sir John, entón un home novo, foi un dos científicos da expedición. A páxina 131 do libro de Murray refírese ó abismo. Todos os informes orixinais da expedición Challenger poden ser vistos en Internet, na Biblioteca Challenger.[6]

En 1951, uns 75 anos despois do seu descubrimento, a foxa das Marianas foi explorada por completo polo navío da Armada Real Británica HMS Challenger, chamado así polo barco da expedición orixinal. Durante esta travesía, a parte máis profunda da foxa foi medida usando sondaxe por eco, unha forma moito máis precisa e sinxela de medir a profundidade que o método usado pola expedición orixinal. O HMS Challenger mediu unha profundidade de 5960 brazas (10 900 m) nas coordenadas 11°19′N, 142°15′E.

O 23 de xaneiro de 1960, o batiscafo suízo Trieste, adquirido pola Armada dos Estados Unidos, descendeu ó fondo oceánico, tripulado polo oceanógrafo Jacques Piccard (que xunto co seu pai, Auguste Piccard, deseñou o somerxible usado no descenso) e o tenente Don Walsh.

En 1984, un navío oceanográfico xaponés estudou o fondo cun sónar e calculou a profundidade do abismo en 10 923 metros.

En 2009 produciuse un novo descenso ó abismo, co Nereus.[7]

No 2012, James Cameron descendeu até os 10 898 metros de profundidade no Deepsea Challenger e converteuse dese modo na primeira persoa en descender en solitario ó punto máis baixo da terra.[8]