Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Un batiscafo é un pequeno vehículo de inmersión profunda (ou DSV do seu nome en inglés, Deep Submergence Vehicle) somerxíbel, especialmente deseñado para chegar a grandes profundidades baixo o océano, soportando a enorme presión da auga. Son pequenos submarinos tripulados con propulsión autónoma que permiten alcanzar grandes profundidades no mar, con fins militares ou científicos.

Batiscafo Trieste.

Estes vehículos subacuáticos normalmente están equipados con cámaras e diversos equipos tecnolóxicos que lles permiten rexistrar, medir e incluso rescatar obxectos do fondo mariño, como restos de barcos e submarinos naufragados.

Componse dunha cabina similar á dunha batisfera suspendida baixo un depósito cheo dalgún líquido que sexa máis lixeiro que a auga, como a gasolina. A propulsión proporciónana uns motores alimentados por unha batería eléctrica.[1]

O batiscafo foi inventado por Auguste Piccard, e a primeira inmersión, sen tripulantes e con piloto automático, levouse a cabo en augas do arquipélago de Cabo Verde, en 1948, e estivo a cargo do batiscafo FNRS-2, que logrou descender a 1.080 m de profundidade. Piccard tamén cuñou o nome batiscafo, tirándoo das palabras do grego antigo βαθύς bathýs ('profundidade') e σκάφος skáphos ('nave').

Realizaron numerosas probas e melloras e, en setembro de 1953, Piccard e a súa tripulación lograron descender a 3.150 m co novo batiscafo, batiscafo Trieste, construído en Italia que, en 1959, logrou descender até os 5.486 metros de profundidade e, un ano despois, ós 10 916 m en augas de Guam, permanecendo media hora no fondo do océano.[2]

Máis tarde construíuse o batiscafo francés "Arquimedes", capaz de explorar profundidades de até 11 000 m e que, en 1962, alcanzou os 9.500 m na fosa das illas Kuriles.

  1. Brand, V (1977). "Submersibles - Manned and Unmanned.". South Pacific Underwater Medicine Society Journal 7 (3). ISSN 0813-1988. OCLC 16986801. Arquivado dende o orixinal o 01-08-2008. Consultado o 22-03-2012. 
  2. "To the Depths in Trieste" Arquivado 27 de marzo de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Aboulker, Axel (2012): Le Sous-marin Archimède. 1932-1952. Rennes: Marines Éditions. ISBN978-2357430587
  • Picard, Claude (2006): Les Sous-marins de 1 500 tonnes. Rennes: Marines Editions. ISBN 2-915379-55-6

Ligazóns externas

editar

Este artigo tan só é un bosquexo 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.