Semissis
O semissis (voz latina, "metade dunha unidade"; en grego σεμίσσης) foi unha pequena moeda da Antiga Roma de ouro, aparecida no século IV, equivalente a medio sólido do Imperio Romano, e que continuou vixente ata o século IX co valor da metade do nomisma do Imperio Bizantino.[1][2][3][4]
Historia
editarOs motivos máis recorrentes dos semissis son o busto do emperador nos seus anversos e a imaxe dunha idealización alegórica da Vitoria nos seus reversos.[5]
A partir da reforma de 309, no reinado do emperador Constantino I (306-337), o sólido constituíu, xunto co seu divisor, o semissis (arredor de 2,25 gramos), o estándar moeda de ouro do Imperio Romano.[6][7]
Os primeiros exemplares de semissis foron emitidos ao seu nome nos obradoiros monetarios de Roma en 312. Durante os séculos IV e V cuñouse en cantidades moi modestas, e foi nos séculos VI e VII, e nas primeiras décadas do VIII cando as súas emisións acadaron maior importancia. A partir de 740 foi moi raramente cuñado no Oriente; o derradeiro exemplar coñecido provén do reinado de Basilio I o Macedonio (867-886). No entanto, na Europa Occidental mantívose en circulación en Sicilia ata a conquista árabe de Siracusa (877-878).[8]
Notas
editar- ↑ "Semissis". En Amandry, Michel. (2001).
- ↑ Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Semissis".
- ↑ "Semissis". En Algunos tipos de monedas antiguas. www.tesorillo.com
- ↑ "Semissis". En Mateu y Llopis, F. (1946).
- ↑ Fotografía e descrición dun semissis. En Harvard Art Musseums.
- ↑ "Semissis". En Forum Ancient Coins.
- ↑ Cepeda, Juan José. (2004).
- ↑ Kazhdan (1991). Páxina 1.868.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Semissis |
Outros artigos
editarBibliografía
editar- Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7
- Amandry, Michel. Dictionaire de Numismatique. Larousse, 2001. ISBN 2035050766
- Cepeda, Juan José. "Las reformas de Diocleciano y Constantino I y su reflejo en la composición de los tesoros monetarios". En VIII Curs d'Història Monetària d'Hispània. La moneda de l'Imperi romá. Museu Nacional d'Art de Catalunya. 2004
- Grierson, Philip. Byzantine coinage. Dumbarton Oaks. 1999. ISBN 978-0-88402-274-9
- Hendy, Michael F. Studies in the Byzantine Monetary Economy c.300-1450. Cambridge University Press, 1985. ISBN 0-521-24715-2
- Kazhdan, A. E (ed.). The Oxford Dictionary of Byzantium. Oxford University Press, 1991. ISBN 978-0-19-504652-6
- Mateu y Llopis, F. Glosario hispánico de Numismática. Barcelona, 1946.
- Melville Jones, John R. A Dictionary of Ancient Roman Coins. Spink. Londres, 2003.
- Sabatier, Justin. Description générale des monnaies byzantines frappées sous les Empereurs d'Orient. 2 vol. París, 1862
- Suarez, Rasiel. The Encyclopedia of Roman Imperial Coins. Dirty Old Books, 2005.
Ligazóns externas
editar- "Semissis". En Coin Archives
- A fascinación do ouro na moeda antiga. Universidade Católica Sacro Cuore (en italiano e inglés)
- Identificador de moedas da Antiga Roma
- Digital Library Numis (bibliografía sobre numismática da Antiga Roma)