Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Santa María de Xeve, Pontevedra

parroquia civil do concello de Pontevedra

Santa María de Xeve é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. Segundo o padrón municipal de 2017 tiña 829 habitantes (386 homes e 443 mulleres), 143 menos ca en 1999. Ten 5 entidades de poboación. Até 1944 pertenceu ao concello de Xeve.[Cómpre referencia]

Santa María de Xeve
ConcelloPontevedra[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°28′17″N 8°36′07″O / 42.47138889, -8.60194444
Poboación829 hab. (2017)
Entidades de poboación5[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

editar

A parroquia limita con Santo André de Xeve, Verducido, Mourente e Lérez, e polo seu territorio pasa o río Lérez.

Patrimonio

editar
 
Penedo de Argoenca.

En Gatomorto está o Penedo de Argoenca, petróglifo declarado Ben de Interese Cultural.

A Casa Gondar, unha construción do século XVIII que aínda conserva unha dependencia anexa outrora empregada como cárcere, e tamén a igrexa parroquial cun campanario de estilo barroco e de frontal neoclásico.

Celébranse o Corpus Christi e santo Antón de Padua (o domingo seguinte ao 13 de xuño), a Nosa Señora do Carme (o domingo seguinte ao 16 de xuño) e a Inmaculada Concepción o día 8 de decembro.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Santa María de Xeve

editar
Lugares da parroquia de Santa María de Xeve no concello de Pontevedra

O Couso | Os Fontáns | Frieiro | Gatomorto | A Igrexa

Parroquias de Pontevedra

editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Pontevedra

Alba (Santa María) | Bora (Santa Mariña) | Campañó (San Pedro) | A Canicouva (Santo Estevo) | Cerponzóns (San Vicente) | Lérez (San Salvador) | Lourizán (Santo André) | Marcón (San Miguel) | Mourente (Santa María) | Ponte Sampaio (Santa María) | Pontevedra | Salcedo (San Martiño) | San Xosé (San Xosé) | Santa María de Xeve (Santa María) | Tomeza (San Pedro) | Verducido (San Martiño) | A Virxe do Camiño de Pontevedra | Xeve (Santo André)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar