Lionel Messi
Lionel Andrés Messi Cuccittini, nado en Rosario (Santa Fe) o 24 de xuño de 1987, é un futbolista arxentino de orixe italiana[1]. Xoga de dianteiro ou mediapunta no Inter de Miami da MLS de Estados Unidos. É internacional coa selección absoluta da Arxentina, equipo do que é capitán, xogador con máis partidos e máximo goleador histórico.
(2022) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Lionel Andrés Messi Cuccitini 24 de xuño de 1987 (37 anos) Rosario, Arxentina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Embaixador de boa vontade de UNICEF | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2010 – | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Outros nomes | Leo Messi Leo La Pulga El Messías Lío LM10 D10S Leíto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Residencia | Miami (2023–) París (2021–2023) Barcelona (2000–2021) Rosario (1987–2000) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Grupo étnico | Inmigración italiana na Arxentina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Relixión | Catolicismo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 169 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 72 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Campo de traballo | Fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 16 de outubro de 2004 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Empregador | Inter Miami CF (2023–) Paris Saint-Germain (2021–2023) FC Barcelona (2005–2021) UNICEF | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Arxentina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Ligue 1 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro e centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 10 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Adestrado por | Christophe Galtier (2022–) Mauricio Pochettino (2021–2022) Ronald Koeman (2020–2021) Quique Setién (2020–2020) Ernesto Valverde (2017–2020) Luis Enrique Martínez García (2014–2017) Jordi Roura (2013–2013) Gerardo Martino (2013–2014) Tito Vilanova (2012–2013) Pep Guardiola (2008–2012) Frank Rijkaard (2004–2008) Pere Gratacós (en) (2004–2005) Andrés Rebottaro (1999–2000) Mirko Jozić (pt) (1998–1998) Jorge Castelli (en) (1998–1999) Ricardo Dabrowski (1998–1998) Roberto Puppo (en) (1997–1997) Mario Zanabria (1996–1997) José Yudica (1995–1996) Jorge Castelli (en) (1994–1995) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Patrocinador | Adidas Ooredoo (en) Mastercard (pt) Konami Dispositivo OrCam (pt) Budweiser (pt) Lay's (pt) Gatorade (pt) Pepsi Hard Rock Cafe (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2022 | Mundial de Fútbol Qatar 2022 ../... 25+ | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Outro | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Cónxuxe | Antonela Roccuzzo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fillos | Thiago Messi, Mateo Messi Roccuzzo, Ciro Messi Roccuzzo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pai | Jorge Messi | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Parentes | Maximiliano Biancucchi, curmán entregue Emanuel Biancucchi, curmán entregue | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Condenado por | fraude fiscal (pt) (2016) → (21 pena de prisión) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Cronoloxía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Papeis de Panamá | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuízo a Lionel e Jorge Messi | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Descrito pola fonte | Lentapedia Obálky knih, | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Páxina web | https://messi.com | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Amplamente considerado como un dos mellor futbolistas da historia, foi galardoado en sete ocasións co Balón de Ouro e recibiu en seis ocasións a Bota de Ouro.[2]
Traxectoria
editarPor favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Con nacionalidade arxentina e un mínimo de dous anos de residencia en España, Lionel Messi cumpría os requisitos esixidos pola lei para obter a dobre nacionalidade hispano-arxentina, que adquiriu en 2005. En 2007 quedou segundo na votación do FIFA World Player e terceiro na elección do Balón de Ouro. En 2008 foi campión de fútbol nos Xogos Olímpicos de 2008 coa súa selección, quedando esta vez en 2º posto na elección do Balón de Ouro e do FIFA World Player. En 2009 foi designado como Balón de Ouro, éxito que repetiu no 2010, 2011, 2012 e 2015.
Tempada 2006-07
editarAo inicio da tempada 2006/2007 Messi fixo goles moi importantes, como o do 27 de setembro fronte ao Werder Bremen, no segundo partido da fase de grupos da Champions league: a un minuto do final do tempo regulamentario, Messi materializou o empate. Mais, desgraciadamente, o 12 de novembro fronte ao Real Zaragoza sufriu unha lesión no quinto metatarsiano que o deixou fóra do equipo de Frank Rijkaard e dos terreos de xogo durante varios meses.
Xa recuperado da súa lesión, volveu ás canchas o 11 de febreiro, e o 10 de marzo de 2007 converteuse no heroe da xornada ao completar un hat-trick no empate 3-3 ante o Real Madrid, disputado no Camp Nou. Co Barcelona sempre debaixo no marcador, Messi logrou a igualdade no minuto 90. Dende había doce anos ningún xogador marcaba tres goles no Clásico español (o último fora Iván Zamorano nun 5-0 para o Madrid) e trece dende que non o facía un xogador do Barcelona (Romário nun 5-0 para o Barça).
A tempada seguiu adiante e o Barcelona non conseguiu ningún título, porén sería a mellor tempada de Messi até ese momento xa que ficou marcada polo seu famoso gol na Copa do Rei ante o Getafe CF, comparado co Gol do Século de Diego Armando Maradona. Poucos días despois de que finalizase a competición ligueira, Messi foi elixido Mellor Xogador Iberoamericano da Liga Española.
Tempada 2007-08
editarA tempada 2007/2008 seguiu adiante e o FC Barcelona non gañou título ningún, aínda que estivo moi preto de logralo, chegando a semifinais na Copa do Rei e na Liga de Campións. Porén, a tempada quedou marcada pola boa actuación do arxentino, que marcou mais de 10 goles na liga regular, 6 en champions e fixo unha boa actuación na Copa do Rei.
Selección nacional
editarLionel Messi debutou na selección sub-20 da Arxentina en xuño de 2004, nun amigábel contra Paraguai. En xuño de 2005 gañou a Copa Mundial Sub-20, sendo o Bota de Ouro da competición con 6 goles e o Balón de Ouro como mellor xogador do Mundial.
Tras o seu impresionante Mundial sub-20, Messi foi convocado polo seleccionador arxentino José Pekerman para debutar coa selección absoluta. Fronte a Hungría, o 17 de agosto de 2005, saíu ao campo no minuto 63 e tan só 47 segundos despois foi expulsado polo árbitro Markus Merk tras agarrarse co defensor húngaro Vilmos Vanczák, nun fallo moi polémico.
Posteriormente debutou na Copa Mundial de Alemaña en 2006 no segundo partido de Arxentina, ante Serbia e Montenegro. Arxentina chegou ata os cuartos de final e o xogador disputou tres partidos e marcou 1 gol. Tamén participou nos Xogos Olímpicos de 2008, en Pequín, nos que Arxentina gañou a medalla de ouro.
En 2010, participou en Suráfrica na súa segunda Copa do Mundo, na que Arxentina foi eliminada novamente nos cuartos de final. Leo Messi xogou cinco partidos e non marcou ningún gol.
Palmarés
editarEste artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Trofeos nacionais
editarTrofeos internacionais
editar(*) Incluíndo a Selección
Outros
editarDistincións individuais
editarDistinción | Ano |
---|---|
Balón de ouro no Mundial Xuvenil | 2005 |
Bota de ouro no Mundial Xuvenil | 2005 |
Premio Golden Boy | 2005 |
Mellor xogador do Trofeo Joan Gamper | 2005 |
Premio Clarín á Revelación do ano[3] | 2005 |
Premio Olimpia de Ouro ao mellor deportista arxentino | 2011 |
Premio Olimpia de Prata ao mellor xogador arxentino[4][5] | 2005, 2007 |
Premio FIFPro ao mellor xogador novo do mundo | 2006, 2007 |
Premio FIFPro á promesa do ano | 2006 |
Premio World Soccer ao mellor xogador novo do mundo | 2006, 2007, 2008 |
Premio Don Balón - Mellor estranxeiro | 2007, 2009, 2010 |
Trofeo EFE | 2007, 2009, 2010 [6] |
Trofeo Bravo | 2007 |
Balón de Bronce | 2007 |
Mellor xogador novo da Copa América 2007 | 2007 |
Segundo premio en Xogador Mundial da FIFA | 2007, 2008 |
Incluído no once ideal do FIFPro[7] | 2007, 2008, 2009, 2010 |
Realizador do mellor gol do ano pola UEFA[8] | 2007 |
Premio consagración do fútbol exterior (Premio Clarín)[9] | 2007 |
Deportista do Ano '07 de SI Latino[10] | 2007 |
Premio Protagonistas do deporte | 2008 |
Premio Nacional do Deporte[11] | 2008 |
Balón de Prata | 2008 |
Incluído no once ideal da UEFA[12] | 2008, 2009, 2010 |
Premio Olimpia de Prata ao mellor xogador no exterior[13][14] | 2008, 2009 |
Marca Leyenda | 2009 |
Goleador da Liga de Campións da UEFA | 2009, 2010, 2011 |
Trofeo Alfredo Di Stéfano | 2009, 2010, 2011 |
Trofeo Champions Número 1 | 2009 |
Dianteiro do ano da UEFA | 2009 |
Xogador do ano da UEFA | 2009 |
Mellor Dianteiro da Liga BBVA Premios LFP | 2009 |
Mellor Xogador da Liga BBVA Premios LFP | 2009 |
Onze d'Or | 2009 |
Balón de Ouro | 2009, 2010 |
Premio World Soccer ao mellor xogador do mundo | 2009 |
Balón de Ouro da Copa Mundial de Clubs da FIFA | 2009 |
Premio Toyota ao Mellor xogador da Final, Copa Mundial de Clubs da FIFA | 2009 |
Primeiro premio ao Xogador Mundial da FIFA | 2009 |
Premio FIFA/FIFpro ao mellor xogador do mundo[7] | 2009 |
Incluído no once Ideal da revista L'equipe[15] | 2009 |
Premio ao Mellor xogador de Europa do diario El País do Uruguai | 2009 |
Incluído no once Ideal da Década polo diario inglés The Sun[16] | 2009 |
Incluído no once Ideal da UEFA | 2009, 2010, 2011 |
Trofeo Pichichi | 2010, 2012 |
Bota de Ouro | 2010 |
FIFA Balón de Ouro | 2010, 2011, 2012 |
Notas
editar- ↑ Messi è cittadino italiano artigo do Corriere della sera do 3 de maio de 2019. (en italiano)
- ↑ "Balón de Ouro para Alexia Putellas e sétimo para Leo Messi". CRTVG. 30 de novembro de 2021. Consultado o 28 de setembro de 2022.
- ↑ Clarín - O raparigo de ouro Arquivado 25 de xullo de 2008 en Wayback Machine.. Consultado o 09.05.2010
- ↑ "Circulo de Periodistas Deportivos". Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2010. Consultado o 09 de decembro de 2010.
- ↑ "Clarín 18.12.2007 - Todos os gañadores". Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2008. Consultado o 09 de decembro de 2010.
- ↑ "Lionel Messi, primeiro que gaña tres veces o Trofeo Efe". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2012. Consultado o 09 de decembro de 2010.
- ↑ 7,0 7,1 FIFpro.org - novas - 21.12.2009 Arquivado 15 de novembro de 2010 en Wayback Machine. Consultado o 28.12.2009.
- ↑ Mundo Deportivo - Palmarés Leo Messi Arquivado 12 de xuño de 2010 en Wayback Machine.. Consultado o 09.05.2010
- ↑ Premios Clarín - Gañadores '08 Arquivado 24 de xuño de 2010 en Wayback Machine. - Consultado o 09.05.2010
- ↑ "Sports Ilustrated Latino". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2011. Consultado o 09 de decembro de 2010.
- ↑ Sport.es - Messi recibe o premio Nacional do Deporte. Consultado o 09.05.2010
- ↑ "Sitio oficial da UEFA - historia do once ideal". Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2009. Consultado o 09 de decembro de 2010.
- ↑ "canchallena - A nómina dos gañadores do Olimpia de Prata 2009". Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2010. Consultado o 09 de decembro de 2010.
- ↑ "Télam - Curuchet e Pérez recibiron o "Olimpia de Ouro"". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2012. Consultado o 19 de setembro de 2012.
- ↑ L'équipe type de l'année 2009 Arquivado 16 de setembro de 2010 en Wayback Machine. (en francés) consultado o 30.12.2009
- ↑ The Sun Arquivado 03 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine. (en inglés) Accedido 01.01.2010
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lionel Messi |
Ligazóns externas
editar- Sitio oficial do xogador (en castelán)
- Ficha de Messi no sitio oficial do Barcelona (en castelán)
- Ficha de datos no sitio da Asociación do Fútbol Arxentino Arquivado 16 de maio de 2010 en Wayback Machine. (en castelán)