Klemens Wenzel von Metternich
diplomático austríaco
(Redirección desde «Klemens von Metternich»)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Klemens Wenzel Nepomuk Lothar Fürst von Metternich-Winneberg-Beilstein, nado en Coblenza en 1773 e finado en 1858, foi un político e diplomático austríaco.
Traxectoria
editarNado no seo da nobreza menor de Westfalia, estudo dereito na Universidade de Estrasburgo en 1790 entrou no corpo diplomático, casou en 1795 coa filla pequena do antigo chanceler austríaco Wenzel Anton Graf Kaunitz, nomeado embaixador en Berlín (1803), en París (1806), chanceler dende 1809, tentou unha política de aproximación a Napoleón Bonaparte para mudar despois a unha política de confrontación que acabou coa derrota de Napoleón. Presidiu o Congreso de Viena e dirixiu a vida política europea da primeira metade do século XIX, considerado un dos iniciadores da diplomacia europea.